Francisco Domínguez Mosquera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:


[[Ficheiro:Sampaio2.jpg|miniatura|Lugar de San Paio, cuxo camiño financiou Francisco Domínguez.]]
[[Ficheiro:Sampaio2.jpg|miniatura|Lugar de San Paio, cuxo camiño financiou Francisco Domínguez.]]
[[Ficheiro:Frandommos.jpg|miniatura|esquerda|Certificado de nacemento de Francisco Domínguez Mosquera.]]
[[Ficheiro:Certificado de nacemendo de Francisco Domínguez Mosquera.jpg|miniatura|esquerda|Certificado de nacemento de Francisco Domínguez Mosquera.]]


Apoiou as actividades e publicacións do [[Seminario de Estudos Galegos]]. En xuño de [[1934]] organizou unha das principais excursións escolares do período para coñecer [[Galicia]], a cal comezou cun banquete e discursos na [[A Barrela, Lousada, Carballedo|Barrela]] en que participaron [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], [[Ramón Suárez Picallo]], e [[Alexandre Bóveda]]. En agosto dese mesmo ano organizouse en [[Carballedo]] unha homenaxe ao "ilustre filántropo" para premiar " El tan abnegado patriotismo de tan altruista hijo de este pueblo”<ref>{{Cita libro|título=O Tea|ano=1935, 4 de outubro}}</ref>.
Apoiou as actividades e publicacións do [[Seminario de Estudos Galegos]]. En xuño de [[1934]] organizou unha das principais excursións escolares do período para coñecer [[Galicia]], a cal comezou cun banquete e discursos na [[A Barrela, Lousada, Carballedo|Barrela]] en que participaron [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], [[Ramón Suárez Picallo]], e [[Alexandre Bóveda]]. En agosto dese mesmo ano organizouse en [[Carballedo]] unha homenaxe ao "ilustre filántropo" para premiar " El tan abnegado patriotismo de tan altruista hijo de este pueblo”<ref>{{Cita libro|título=O Tea|ano=1935, 4 de outubro}}</ref>.

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2017 ás 23:03

Francisco Domínguez Mosquera
Nacemento2 de abril de 1889
Lugar de nacementoSan Paio
Falecemento3 de outubro de 1937
Lugar de falecementoA Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfilántropo
editar datos en Wikidata ]

Francisco Domínguez Mosquera, nado en San Paio (Lousada, Carballedo) o 4 de abril de 1890 e finado na Habana en 1937, foi un emigrante, galeguista e filántropo do primeiro terzo do século XX.

Francisco Domínguez é o avó do lingüista estadounidense Frank A. Domínguez (University of North Carolina at Chapel Hill, Romance Languages and Literatures, Faculty Member)[1].

Francisco Domínguez Mosquera e a súa esposa Celsa Fernández en 1924.

Traxectoria

Emigrou a Cuba en 1904, onde se fixo cunha boa fortuna. En 1912 participou na fundación da sociedade "Chantada, Carballedo y sus comarcas” radicada na Habana e da cal chegou a ser presidente en 1924. Esta sociedade encargouse da construción das escolas de Merlán, A Laxe, e Vilaquinte[2]. De volta a España, o seu labor filantrópico foi recoñecido en 1928 cunha homenaxe en Madrid na que participou Gabriel Ricardo España, ex gobernador provincial de Ourense. Cos seus propios cartos construíu a escola de Santiago de Lousada, lugar onde naceu, e o camiño veciñal que vai de San Paio, ata a estrada da Barrela a Castro. Ademais, electrificou o seu lugar de nacemento[3].

Lugar de San Paio, cuxo camiño financiou Francisco Domínguez.
Certificado de nacemento de Francisco Domínguez Mosquera.

Apoiou as actividades e publicacións do Seminario de Estudos Galegos. En xuño de 1934 organizou unha das principais excursións escolares do período para coñecer Galicia, a cal comezou cun banquete e discursos na Barrela en que participaron Otero Pedrayo, Ramón Suárez Picallo, e Alexandre Bóveda. En agosto dese mesmo ano organizouse en Carballedo unha homenaxe ao "ilustre filántropo" para premiar " El tan abnegado patriotismo de tan altruista hijo de este pueblo”[4].

Tarxeta de visita de Francisco Domínguez Mosquera

Era membro do Partido Galeguista, do cal foi accionista, e participou como orador na campaña propagandista a prol do Estatuto de autonomía en Pereira, Chantada, Taboada, Carballedo e na Barrela con Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ánxel Fole, José María Díaz Díaz-Villamil, Xerardo Álvarez Gallego e outros. O 13 de outubro de 1935 asistiu á reunión das Mocidades Galeguistas en Celanova ("Figuran en la presidencia señoritas de los grupos femeninos de Orense y Allariz, el coro "Aires de Montaña" y el filántropo galleguista don Francisco Domínguez"[5]), en compañía de Alexandre Bóveda, Fernández del Riego e outros. Foi representante dos agrarios da comarca como presidente e fundador do Sindicato Agrario de Carballedo, cuxa casa de reunións construíu. En abril de 1936 foi proclamado compromisario para participar na elección do presidente da República, aínda que se retirou cando o Partido Galeguista pasou a ser parte da Fronte Popular. Estivo presente na Asemblea da Facultade de Medicina o 17 de maio de 1936, onde se declarou a convocatoria ao referendo sobre o Estatuto de Autonomía.

Deixou España o 4 de novembro de 1936 co seu fillo e faleceu no exilio na Habana en 1937 á idade de 47 anos.

Notas