Cadernos Ramón Piñeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Formato de referencias}}
{{Formato de referencias}}
{{Desactualizado}}
{{Título en cursiva}}
{{Título en cursiva}}
Os '''''Cadernos Ramón Piñeiro''''' constitúen unha publicación de periodicidade variable editada polo [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]] como unha contribución ó estudio e á análise do pensamento do filósofo do que collen o nome. Están dirixidos por [[Luís Alonso Girgado]] e [[Ramón López Vázquez]].

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2017 ás 21:07

Os Cadernos Ramón Piñeiro constitúen unha publicación de periodicidade variable editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades como unha contribución ó estudio e á análise do pensamento do filósofo do que collen o nome. Están dirixidos por Luís Alonso Girgado e Ramón López Vázquez.

Co subtítulo de Cadernos galegos de pensamento e cultura, márcanse como obxectivo servir de canle de publicación de ensaios breves, investigacións e estudios encadrados dentro das Humanidades, con especial atención ó pensamento filosófico. En distintos números recolleu parte da correspondencia de Piñeiro con diferentes personalidades.

Naceron o 22 de novembro de 2003[1] co gallo do décimo aniversario da fundación do Centro, e xa van polo número XIV (febreiro de 2010), centrado este último nunha homenaxe a Uxío Novoneyra, a quen se lle dedicara o Día das Letras Galegas dese mesmo ano. Neste número, a revista publicou case 50 textos inéditos do poeta[2].

Tódolos números están accesibles na páxina web do Centro Ramón Piñeiro[3].

Notas