Estreleira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:
Entre o galeguismo, xa durante o periodo das Irmandades da Fala, algúns significados membros comezan a incorporar o símbolo da estrela na correspondencia; Castelao introdúcea, xunto á fouce e á serea, na súa proposta laica de escudo. Polo de agora o primeiro uso documentado da estreleira data de 1936<ref>{{Cita web|url=http://primeiralinha.org/home/?p=16282|páxina-web=primeiralinha.org|título=Primeira Linha em rede 2.0 » [MEMÓRIA COMUNISTA GALEGA] Henrique Líster|data-acceso=2017-12-17|lingua=pt-PT}}</ref>, cando a arbora o Batallón Galego do V Rexemento. Así o acredita Xosé Luís Méndez Ferrín<ref>{{Cita novas|autor=Xosé Luís Méndez Ferrín|data=23-X-2010|título="Homenaxe á bandeira do pobo", en No Fondo dos Espellos dentro do supl. do Faro de Vigo|url=|data-acceso=}}</ref>:<blockquote><small>"Na zona republicana organizáronse, que nós saibamos, tres unidades de carácter nacional-popular galego: o Batallón Galicia (Asturias), o Batallón Celta (Exército de Euskadi), e o Batallón Galego (5º Rexemento). Foron mandados, respectivamente, polos comandantes Moreno, Fernández e Esturao. O coronel, logo xeneral, Enrique Líster, de Calo-Teo, que mandaba o 5º Rexemento, estaba orgulloso da súa unidade e quixo que esta levase unha bandeira galega coa estrela vermella. Dinme que Ramón Esturao lla entregou ao Museo Carlos Maside de Sada. A esta refírese Farruco Sesto Novás no seu poema `Homenaxe á bandeira do pobo´."</small> </blockquote>Na práctica totalidade das organizacións históricas e actuais do nacionalismo galego de esquerda -e tamén nalgunhas organizacións socialistas e comunistas favorables á autodeterminación- é hexemónico o uso da estrela vermella de cinco puntas, tanto incluída na bandeira coma noutros elementos simbólicos representativos. O pulo definitivo para a normalización desa simboloxía foi o activismo clandestino da UPG nos anos 60 e 70. Hoxe constitúe un elemento reivindicativo común nas manifestacións populares e tamén en celebracións<ref>[http://www.vieiros.com/nova/57654/a-seleccion-leva-dez-medallas-no-trofeo-internacional-de-caceres ''Os deportistas galegos subiron a bandeira estreleira ao podio para celebrar a súa vitoria.'']</ref>.

A estreleira carece dunhas medidas precisas e universalmente asumidas, en especial no que atinxe ao tamaño e posicionamento a estrela vermella.
A estreleira carece dunhas medidas precisas e universalmente asumidas, en especial no que atinxe ao tamaño e posicionamento da estrela vermella.

== Represión ==
== Represión ==

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2017 ás 17:34

Estreleira

A estreleira é a bandeira que simboliza a loita pola independencia de Galicia, é a bandeira galega cunha estrela vermella de cinco puntas no centro, que significa independencia e socialismo.

Historia e características

A estrela de cinco puntas [1]aparece desde a Prehistoria e tanto na Idade Antiga coma na Idade Media será símbolo xeométrico de moi variadas connotacións. Serán as loxas masónicas as que volvan utilizala, nalgúns casos coloreada de vermello, ata que as organizacións socialistas e comunistas[2] lle confiran un novo pulo simbólico e remate convertida en emblema oficial de numerosos Estados e organizacións ao largo do planeta.

Entre o galeguismo, xa durante o periodo das Irmandades da Fala, algúns significados membros comezan a incorporar o símbolo da estrela na correspondencia; Castelao introdúcea, xunto á fouce e á serea, na súa proposta laica de escudo. Polo de agora o primeiro uso documentado da estreleira data de 1936[3], cando a arbora o Batallón Galego do V Rexemento. Así o acredita Xosé Luís Méndez Ferrín[4]:

"Na zona republicana organizáronse, que nós saibamos, tres unidades de carácter nacional-popular galego: o Batallón Galicia (Asturias), o Batallón Celta (Exército de Euskadi), e o Batallón Galego (5º Rexemento). Foron mandados, respectivamente, polos comandantes Moreno, Fernández e Esturao. O coronel, logo xeneral, Enrique Líster, de Calo-Teo, que mandaba o 5º Rexemento, estaba orgulloso da súa unidade e quixo que esta levase unha bandeira galega coa estrela vermella. Dinme que Ramón Esturao lla entregou ao Museo Carlos Maside de Sada. A esta refírese Farruco Sesto Novás no seu poema `Homenaxe á bandeira do pobo´."

Na práctica totalidade das organizacións históricas e actuais do nacionalismo galego de esquerda -e tamén nalgunhas organizacións socialistas e comunistas favorables á autodeterminación- é hexemónico o uso da estrela vermella de cinco puntas, tanto incluída na bandeira coma noutros elementos simbólicos representativos. O pulo definitivo para a normalización desa simboloxía foi o activismo clandestino da UPG nos anos 60 e 70. Hoxe constitúe un elemento reivindicativo común nas manifestacións populares e tamén en celebracións[5].

A estreleira carece dunhas medidas precisas e universalmente asumidas, en especial no que atinxe ao tamaño e posicionamento da estrela vermella.

Represión

Durante o franquismo a exhibición de calquera modalidade de bandeira galega estaba prohibida de facto, aínda que na súa versión desprovista doutros agregados simbólicos fose posible a súa mostra ocasional. Polo contrario, a estreleira considerábase de seu un estandarte rebelde e o seu uso público foi castigado polos organismos represivos.

Co Partido Popular no goberno volveu resultar moi frecuente a prohibición[6] da estreleira en acontecementos deportivos, nomeadamente partidos de fútbol e de baloncesto, chegando a policía a impedir a entrada de seareiros que a portasen. As institucións españolas pretenderon xustificar a vaga represiva ao alegar que o seu uso "incita á violencia".

Notas

  1. "Pentagram" (en inglés). 2017-12-11. 
  2. "Red star" (en inglés). 2017-11-13. 
  3. "Primeira Linha em rede 2.0  » [MEMÓRIA COMUNISTA GALEGA] Henrique Líster". primeiralinha.org (en portugués). Consultado o 2017-12-17. 
  4. Xosé Luís Méndez Ferrín (23-X-2010). ""Homenaxe á bandeira do pobo", en No Fondo dos Espellos dentro do supl. do Faro de Vigo". 
  5. Os deportistas galegos subiron a bandeira estreleira ao podio para celebrar a súa vitoria.
  6. Touza, Ignacio (2013-08-29). "El Gobierno justifica prohibir banderas nacionalistas en un partido del Depor". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-12-17. 

Véxase tamén

Outros artigos