Interplay Entertainment: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:


== Videoxogos ==
== Videoxogos ==
{{AP|Lista videoxogos de Interplay}}
{{ampliar}}
*Another World (Out of this World nalgúns países).
*Another World (Out of this World nalgúns países).
*Cyberia ( de 1995 aproximadamente).
*Cyberia ( de 1995 aproximadamente).

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2017 ás 22:09

Interplay Entertainment Corporation (NASDAQ: IPLY) é unha empresa estadounidense desenvolvedora e distribuidora de videoxogos, que foi fundada en 1983 como Interplay Productions por Brian Fargo. A compañía fora unha desenvolvedora de calidade ata que comezou a publicar os seus propios xogos en 1988, como Neuromancer e Battle Chess. Foi renomeada como Interplay Entertainment en 1998 e fíxose pública. Obtivo un éxito polo desenvolvemento e publicación de xogos de éxito como Fallout e Baldur's Gate, o último resultando ser o seu xogo máis vendido. Debido ás súas perdas financeiras, a distribuidora francesa Titus Interactive completou a súa adquisición do control maioritario da empresa, o cal provocou que o fundador Brian Fargo renunciase e se fose en 2002. No ano 2003, Interplay pechou Black Isle Studios e despediu a todo o persoal, ata que a empresa pechou en 2004 debido á notificación de desaloxo. Cando Titus pechou en 2005, Interplay unha vez máis converteuse en independente. En 2007, Interplay reiniciou o seu estudo de desenvolvemento de xogos interno e ten plans de desenvolver secuelas dalgunhas das súas IPs clásicas, despois de que Fallout fose vendida a Bethesda Softworks.

Estudios

Antigos

Vendidos

Descoñecido

  • 14 Degrees East situada en Beverly Hills (California), 14 Degrees foi a división de estratexia de Interplay. A compañía foi fundada o 3 de marzo 1999.[1]
  • FlatCat
  • Interplay Sports, situada tamén en Beverly Hills, foi a división de deportes de interior en Interplay. A compañía era coñecida anteriormente como VR Sports ata o cambio en 1998.[2]
  • Tantrum Entertainment
  • Tribal Dreams
  • Interplay Films, unha división de Interplay Entertainment, formouse en 1998 e ía converter sete dos títulos máis populares da compañía de videoxogos en películas, incluíndo Descent, Redneck Rampage e Fallout. O presidente da división era Tom Reed.
  • Black Isle Studios, en Orange County, California, comezou en 1996, pechou en 2003. Logo en 2012, reabriu segundo a páxina oficial de Interplay.

Videoxogos

Artigo principal: Lista videoxogos de Interplay.
  • Another World (Out of this World nalgúns países).
  • Cyberia ( de 1995 aproximadamente).
  • Castles (2 xaneiro 1991) (Estratexia, aventura).
  • Castles II: Siege & Conquest (1 xaneiro 1992) (Rol, estratexia).

Referencias

  1. MobyGames (ed.). "14° East". Consultado o 23 de abril de 2010. 
  2. Answers (ed.). "VR Sports". Consultado o 5 de xullio de 2010. 

Ligazóns externas