Lisa Kudrow: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
indexcat |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
|nomecompleto = Lisa Marie Diane Kudrow |
|nomecompleto = Lisa Marie Diane Kudrow |
||
|datadenacemento = [[30 de xullo]] de [[1963]] {{idade|30|07|1963}} |
|datadenacemento = [[30 de xullo]] de [[1963]] {{idade|30|07|1963}} |
||
|lugardenacemento = [[Encino]] |
|lugardenacemento = [[Encino]] ([[Os Ánxeles]], [[Estados Unidos de América|EUA]]) |
||
|datadefalecemento = |
|datadefalecemento = |
||
|lugardefalecemento = |
|lugardefalecemento = |
||
Liña 31: | Liña 31: | ||
}} |
}} |
||
'''Lisa Marie Diane Kudrow''', nada |
'''Lisa Marie Diane Kudrow''', nada no barrio de Encino, nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] ([[California]]) [[30 de xullo]] de [[1963]], é unha [[actriz]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] gañadora dun premio [[Emmy]], e coñecida principalmente por interpretar a [[Phoebe Buffay|Phoebe]] na [[sitcom|comedia de situación]] ''[[Friends]]''. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Liña 137: | Liña 137: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
{{ORDENAR:Kudrow, Lisa}} |
|||
[[Categoría:Actores de cine dos Estados Unidos de América|Kudrow, Lisa]] |
[[Categoría:Actores de cine dos Estados Unidos de América|Kudrow, Lisa]] |
||
[[Categoría:Actores de televisión|Kudrow, Lisa]] |
[[Categoría:Actores de televisión|Kudrow, Lisa]] |
Revisión como estaba o 13 de decembro de 2017 ás 19:03
Lisa Marie Diane Kudrow, nada no barrio de Encino, nos Ánxeles (California) 30 de xullo de 1963, é unha actriz estadounidense gañadora dun premio Emmy, e coñecida principalmente por interpretar a Phoebe na comedia de situación Friends.
Traxectoria
Primeiros anos
Kudrow naceu en Encino, California. É a filla menor dun matrimonio xudeu formado por Lee (médico) e Nedra Kudrow (axente de viaxes), e ten unha irmá (Helena Sherman) e dous irmáns (David e Derrick). Asistiu á secundaria Portola en Tarzana, California e graduouse no Vassar College na especialidade de Bioloxía. Fala fluidamente o idioma francés.
Carreira
Iniciou a súa carreira como comediante sendo membro de The Groundlings. Presentouse á audición para o programa Saturday Night Live en 1990, pero o programa elixiu a Julia Sweney. Foi contratada para o papel de Roz na serie de televisión Frasier, pero foi despedida durante a filmación do episodio piloto. O seu primeiro papel importante na televisión foi o de Ursula Buffay, a excéntrica camareira da serie Mad About Your. Esta interpretación levouna ao seu papel protagonista en Friends, como a irmá xemelga de Ursula, Phoebe Buffay, un papel polo que gañou un Premio Emmy en 1998 na categoría de Mellor Actriz secundaria nunha Serie de Comedia. Do elenco da serie, ela foi a protagonista que máis candidaturas conseguiu nestes premios (6). Ela e Jennifer Aniston foron as únicas que gañaron este premio.
Participou en filmes como: Romy and Michele's Higs School Reunion, The Opposite of Sex, Colgadas do teléfono, Marci X, Unha terapia perigosa e a súa secuela Outra terapia perigosa. Tamén protagonizou o filme biográfico Wonderland, película que relata a vida da estrela porno John Holmes.
Kudrow personificou a Valerie Cherish, a personaxe principal na serie orixinal da HBO, The Comeback. A serie estreouse na HBO o 5 de xuño de 2005. Ademais foi co-creadora, escritora e produtora executiva da serie. O show non foi renovado para outra tempada.
No ano 2007 co-protagonizou o filme P.S., I Love You, xunto con Hilary Swank e Gina Gershon. Ese mesmo ano protagonizou a comedia ácida, Kabluey dirixida por Scott Prendergast, unha película independente, que recibiu moi boas críticas, sobre todo para Kudrow. Varios críticos coincidiron que con esta película, demostra unha vez máis que é a mellor intérprete dos ex Friends. En 2008 participou na película Hotel for Dogs.
En 2010 rodou unha serie de quince episodios que para a Internet, chamada Web Therapy, onde interpreta a Fiona, unha psicóloga que pasa consulta a través da Internet. Ademais da protagonista, é tamén produtora e guionista da serie.
Vida persoal
Dende 1995, Kudrow está casada co publicista francés Michel Stern, a quen coñeceu cando este visitaba a rodaxe de Friends. Teñen un fillo, Julian Murray, nado o 7 de maio de 1998.
Premios e candidaturas
- 1996 - Mellor Actriz secundaria nunha Serie, Miniserie ou Telefilme, Friends - Candidata
- 1995 - Mellor Actriz secundaria nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 1997 - Mellor Actriz secundaria nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 1998 - Mellor Actriz secundaria nunha Serie de Comedia, Friends - Gañadora.
- 1999 - Mellor Actriz secundaria nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 2000 - Mellor Actriz secundaria nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 2001 - Mellor Actriz secundaria nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 2006 - Mellor Actriz Principal nunha Serie de Comedia, The Comeback - Candidata.
- 1996 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 1999 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 1999 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 2000 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, Friends - Gañadora.
- 2000 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 2001 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 2002 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 2003 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 2004 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 2004 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, Friends - Candidata.
- 1996 - Actriz secundaria máis divertida nunha Serie de Televisión, Friends - Candidata.
- 1999 - Actriz secundaria máis divertida nunha Serie de Televisión, Friends - Candidata.
- 1999 - Actriz invitada máis divertida nunha Serie de Televisión, Mad About You - Candidata.
- 1999 - Actriz secundaria máis divertida nunha Película, The Opposite of Sex - Candidata.
- 2000 - Actriz secundaria máis divertida nunha Serie de Televisión, Friends - Gañadora.
- 2000 - Actriz máis divertida en un Especial de Televisión (Principal ou secundaria), "1999 MTV Movie Awards" - Candidata.
- 2000 - Actriz secundaria máis divertida nunha Película Unha terapia perigosa - Candidata.
- 2001 - Actriz secundaria máis divertida nunha Serie de Televisión, Friends - Candidata.
Premios Blockbuster Entertainment
- 2000 - Actriz Favorita secundaria, Comedia. Unha terapia perigosa - Gañadora.
Premios da Asociación de Críticos de Cine de Chicago
- 1999 - Mellor Actriz secundaria, The Opposite of Sex - Candidata.
- 1999 - Mellor Actriz secundaria, The Opposite of Sex - Gañadora.
- 2006 - Mellor Protagonista Feminina nunha Serie de Comedia, The Comeback - Gañadora.
- 1999 - Mellor Actriz secundaria,The Opposite of Sex - Candidata.
- 2000 - Mellores Amigos da Televisión (compartido con Jennifer Aniston e Courteney Cox-Arquette) Friends - Candidatas.
- 1998 - Mellor Secuencia de Baile (compartido con Mira Sorvino e Alan Cumming) Romy and Michele’s High School Reunion - Candidatos.
Premios del Círculo de Críticos de Cine de Nueva York.
- 1998 - Mellor Actriz secundaria The Opposite of Sex - Gañadora.
Premios da Sociedade de Críticos de Cine Online.
- 1999 - Mellor Actriz secundaria The Opposite of Sex - Candidata.
- 1998 - Mellor Interpretación Feminina nunha Película, Comedia o Musical Romy and Michele’s High School Reunion - Candidata.
- 2001 - Mellor Interpretación Feminina nunha Serie de Comedia Friends - Gañadora.
- 2002 - Mellor Interpretación Feminina nunha Serie de Comedia Friends - Candidata.
- 2006 - Mellor Actriz nunha Serie de Comedia The Comeback - Candidata.
- 2008 - Mellor Actriz - Comedia Musical Kabluey - Candidata.
- 2000 - Actriz Cómica Favorita Friends - Candidata.
- 2000 - Elección do Editor (compartido cos seus compañeiros de Friends, Jane Sibbet e John Cristopher Allen).
- 1999 - Actriz de Moda, Cine The Opposite of Sex - Candidata.
- 2000 - Actriz de Moda, Cine Colgadas do teléfono - Gañadora.
- 2002 - Actriz de Comedia, Televisión Friends - Candidata.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Breve Biografía (en castelán)
- Lisa Kudrow na IMDb (en inglés).