Conversa usuario:Banjo: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 761: Liña 761:
:::Eu penso que o mellor é simplificar e usar só o modelo Biografía para todas as persoas, cumprimentando os datos en Wikidata para que quede axeitado. --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 13 de decembro de 2017 ás 12:38 (UTC)
:::Eu penso que o mellor é simplificar e usar só o modelo Biografía para todas as persoas, cumprimentando os datos en Wikidata para que quede axeitado. --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 13 de decembro de 2017 ás 12:38 (UTC)
::::{{@|Atobar}} e {{@|Estevoaei}}, este tema xa o falei con [[Usuario:HombreDHojalata|HombreDHojalata]] e [[Usuario:Norrin strange|Norrin strange]] en [[Conversa_modelo:Actor#Directores]], o problema é que ter un modelo con tódolos detalles de cada tipo de persoeiro sería monstruoso. Quizais un apaño intermedio sería o mellor, pero todo se pode falar..., e iso si, este cambio daría bastante cholliño. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 13 de decembro de 2017 ás 13:40 (UTC)
::::{{@|Atobar}} e {{@|Estevoaei}}, este tema xa o falei con [[Usuario:HombreDHojalata|HombreDHojalata]] e [[Usuario:Norrin strange|Norrin strange]] en [[Conversa_modelo:Actor#Directores]], o problema é que ter un modelo con tódolos detalles de cada tipo de persoeiro sería monstruoso. Quizais un apaño intermedio sería o mellor, pero todo se pode falar..., e iso si, este cambio daría bastante cholliño. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 13 de decembro de 2017 ás 13:40 (UTC)
:::::Bardante 4 ou 5 casos co modelo Escritores, as outras 40 ou 50 entradas de autores que toquei foi para inserir o modelo Biografía. Creo que seguirei nesa liña, polo motivos que expondes aquí mesmo. Eu tamén creo que no futuro deberiamos tender a unificar nun modelo. Coido que nunca sobran datos (cónxuxes, tendencias, premios, datas e lugares de nacenza e defunción...), sexan dunha bióloga ou dun dramaturgo. Grazas pola axuda. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 13 de decembro de 2017 ás 14:59 (UTC)

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2017 ás 14:59

Usuario:Banjo/talkicon

Tech News / Signpost

  T     S  
Arquivos
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10
11, 12, 13, 14, 15, 16

Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón , ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón , o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão , ou com --~~~~. Obrigado!

Borrar

Ola Banjo. Aquí vai a páxina de descrición para borrar dunha imaxe movida en Commons: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Santiago_de_Rubi%C3%A1s,_Ramir%C3%A1s,_Galiza_.jpg&redirect=no . Un saúdo. --Prevertgl 3 de abril de 2017 ás 18:05 (UTC)[responder]

Versaleta

Ola Banjo podo ver que fas uns comentarios na conversa de Macchu Pichu que van dirixidos a min sobre o uso da Versaleta, poderiasme explicar porque crees que non cumpre o modelo de estilo da Wikipedia.--Alfonso mande 10 de abril de 2017 ás 22:22 (UTC)[responder]

Ola outra vez se podes botalle unha visual a este documento da Universidade de Vigo, páxina 51 onde comenta o uso da Versaleta e haber que opinas--Alfonso mande 10 de abril de 2017 ás 22:59 (UTC)[responder]
Si, esa é, que opinas do que di sobre o uso da Versaleta na páxina 51? --Alfonso mande 10 de abril de 2017 ás 23:46 (UTC)[responder]

Imaxes sen licenza

Moitas grazas, por comunicalo xa editamos a imaxe de Acedre e puxemos en licenza que é autoría propia, que a realizamos nós.--Segredos de Pantón (conversa) 19 de abril de 2017 ás 10:48 (UTC)[responder]

Cambio de ligazón no Sitenotice

Boas tardes Banjo. Debido a que xa está dispoñible a tradución do apartado das novas da Taberna "Read-only mode for 20 to 30 minutes on 19 April and 3 May", poderías cambiar a ligazón existente, se así o consideras oportuno, de Máis información no aviso actual do Sitenotice pola respectiva tradución ao galego? Moitas grazas. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 19 de abril de 2017 ás 12:46 (UTC).[responder]

Duración das votacións

Boas noites Banjo. Máis que entendido. Grazas. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 20 de abril de 2017 ás 22:21 (UTC).[responder]

Dúbida

Ola,

Desculpa as molestias, pero teño un par de dúbidas. É o que ten ser novato ;)

Mira a ficha de cargo que cubrín coa Presidencia da Xunta de Galicia. Algúns apartados non se amosan correctamente. Por que?

Ademais, e relacionado con isto, a imaxe do presidente da Xunta que se atopa aquí (https://www.xunta.gal/a-presidencia/saudo-do-presidente) pode ser empregada na Wikipedia segundo o aviso legal da páxina (https://www.xunta.gal/aviso-legal-do-portal-da-xunta), non?

Moitas grazas. Iloveread0102 (conversa) 21 de abril de 2017 ás 16:37 (UTC)[responder]

@Iloveread0102: Arranxada a caixa, tiña algúns campos incorrectos na definición do modelo. Polo que entendo do aviso legal si pode cargarse e utilizarse. Banjo tell me 21 de abril de 2017 ás 14:51 (UTC)[responder]

Sistema de tradución automática

Boas tardes Banjo. Preguntábame se hai algún problema co sistema de tradución automática xa que semella ter "desaparecido" nestes últimos días e tampouco sei se é só cousa miña. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 21 de abril de 2017 ás 15:48 (UTC).[responder]

@RubenWGA: Polo visto a ferramenta ten un problema técnico e non esta a funcionar nestes intres. Banjo tell me 21 de abril de 2017 ás 15:59 (UTC)[responder]
Moitas grazas pola información. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 21 de abril de 2017 ás 16:03 (UTC).[responder]
Deixo aquí embaixo o que di, en inglés, o recadro laranxa da páxina proporcionada, se non é molestia, por se alguén así o necesita. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 21 de abril de 2017 ás 16:25 (UTC).[responder]
O sistema xa está de novo activo. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 29 de abril de 2017 ás 13:13 (UTC).[responder]

Descricións de ficheiro para borrar

Ola. Aquí van os enderezos de dúas páxinas de descrición de ficheiro para borrar: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=File:Buque_Lezo,_porto_de_Viveiro,_Galiza.jpg&redirect=no https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=File:Interior_da_embarcaci%C3%B3n_pesqueira_Pedro_do_neto,_Viveiro,_Galiza.jpg&redirect=no Grazas. Un saúdo. --Prevertgl 24 de abril de 2017 ás 15:48 (UTC)[responder]

Máis: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Espasantes,_Pacios,_Pedrafita_do_Cebreiro,_Galiza._Igrexa_de_Santo_Estevo.jpg&redirect=no https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Espasantes,_Pacios,_Pedrafita_do_Cebreiro,_Galiza,_Espa%C3%B1a._Igrexa_de_Santo_Estevo.jpg&redirect=no https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Espasantes,_Pacios,_Pedrafita_do_Cebreiro,_Galicia._Igrexa_de_Santo_Estevo.jpg&redirect=no https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Espasantes,_Pacios,_Pedrafita_do_Cebreiro,_Galicia,_Espa%C3%B1a._Igrexa_de_Santo_Estevo.jpg&redirect=no Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 28 de abril de 2017 ás 16:10 (UTC)[responder]

Outra: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Cruceiro_en_Cobelo_-_panoramio_(1).jpg&redirect=no Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 14 de agosto de 2017 ás 08:43 (UTC)[responder]

E outra: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Cruceiro_en_Cobelo_-_panoramio.jpg&redirect=no Graciñas.
Máis: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Paderne_en_Orense_Galicia.jpg&redirect=no --. HombreDHojalata.conversa 14 de agosto de 2017 ás 09:22 (UTC)[responder]
@HombreDHojalata: Feito! Feito! Banjo tell me 14 de agosto de 2017 ás 09:23 (UTC)[responder]

Re: Categoría:Imaxes con título incorrecto

Paréceme innecesario crear unha nova categoría. Se ti consideras que fai falta, adiante. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de abril de 2017 ás 15:15 (UTC)[responder]

Borrar?

Ola Banjo. Hai un par de días creei a páxina "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Erasmo_de_Narni&redirect=no". Por aquilo de manter a forma inicial en italiano movina para "Erasmo da Narni", polo que a primeira quedou redirixida. Pode quedar así (quizais neste caso podería ter sentido) ou é mellor borrala. Que che parece? Un saúdo.--maghoi (conversa) 29 de abril de 2017 ás 17:29 (UTC)[responder]

Grazas. Miro a ver se dou feito.--maghoi (conversa) 29 de abril de 2017 ás 17:40 (UTC)[responder]

¿Modelo con problemas?

Boas noites. Estiven metendo imaxes nalgúns lugares de Meaño e atopei un texto (que desapareceu ó engadir a imaxe), que vén dicindo "Categoría:{{{concello2}}} sen imaxes". Podes atopalo, por exemplo, aquí ou aquí, e en tódolos lugares que non teñen imaxe -supoño. Ti saberás como se soluciona iso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 2 de maio de 2017 ás 21:18 (UTC)[responder]

@Lameiro: Feito! Feito! Banjo tell me 2 de maio de 2017 ás 22:02 (UTC)[responder]

Modelos

Boas Banjo. Vin na Lista de vixilancia que estiveches modificando algúns modelos feitos por mín. Non sei moi ben para qué pasaches tanto traballo para deixalos igual que estaban, nalgúns casos con menos información que antes. Xa que o fas, faino ben, e non os deixes desactualizados. É de sentido común. Algúns pasades o día editando sen achegar nada, tan só facendo retoques estéticos totalmente improductivos. JonnyJonny (conversa) 2 de maio de 2017 ás 22:36 (UTC)[responder]

Adolf Loos

Hola Banjo, no entiendo la reversión que has hecho en el artículo eliminando el enlace externo a las obras de Adolf Loos. A mi entender no incumple WP:EXT, pero si fuera cierto, me gustaría saber que es exactamente. Gracias de antemano. --Gafotas (conversa) 5 de maio de 2017 ás 09:53 (UTC)[responder]

Pregunta sobre categorías

Ola Banjo. Grazas por modifica-la categoría. A raíz diso, estiven curioseando na categoría "Monarcas", e dá a impresión de estar algo confusa. Por iso teño 2 preguntas para ti:

1.-Sería ben modificar a subategoría "Reis visigodos" e "Reis longobardos" por "Reis dos visigodos" e Reis dos longobardos", para que estea como as demais: reis dos hérulos, reis dos....?

2.- E outra cuestión: na categoría "Monarcas", mestúranse como subcategorías, tanto "Reis dos hérulos" como "Reis de Croacia". Sería mellor crear 2 subcategorías tituladas: "Monarcas de territorios" (onde irían "Reis de Bohemia" -que non é un estado- como "Reis de Croacia" que si o é) e "Monarcas de pobos", onde irían os reis de visigodos etc.? Que che parece? Saúdos --maghoi (conversa) 6 de maio de 2017 ás 14:52 (UTC)[responder]

Vale. Graciñas —o anterior comentario sen asinar foi feito por MAGHOI (conversacontribucións) 7 de maio ás 18:24

Palacio de Peterhof

Olá, por favor, verifique as últimas alterações feitas na página. Obrigado. Shgür Datsügen (conversa) 8 de maio de 2017 ás 22:08 (UTC)[responder]

Sobre os castros de Ribadeo.jpg

Ola, Banjo. Volvereina a cargar con outra licenza. Non me lembro con que licenza o fixen para que non sexa compatible. Un saúdo. --Agremon(contacto) 10 de maio de 2017 ás 18:25 (UTC)[responder]

  • Comprendo a precaución e legalismos, pero dase o caso de que fun o coordinador dese libro, e como tal, quen o inscribiu no DL e no ISBN (ten un prólogo que non é del, por exemplo) e na p. 3 especifiquei que ten licencia CC 3.0 recoñecemento, non comercial, compartir igual, 'con excepción das imaxes aéreas, obtidas do sigpac', O que non é o caso da portada, creada por min. Non sei se así sirve.--Agremon(contacto) 10 de maio de 2017 ás 18:46 (UTC) Unha cousa máis. Eliminaches a categoría Ribadeo do artigo José María Rodríguez Díaz. Non entendo ben por que. Non sei se habería que eliminala tamén de Hernán Naval, por exemplo. Un saúdo![responder]

Grazas por todo! Volverei ler a nota que me deixaches para ver se ma 'aprendo', e voltarei ler tamén o de CC-Zero. Saúdos! --Agremon(contacto) 10 de maio de 2017 ás 19:36 (UTC)[responder]

De remate

Ola, Banjo: Con respecto á indicación que fas sobre a falta de notas a pé de páxina na páxina dedicada a "De remate", a miña intención coas obras literarias é facer un resumo obxectivo, sen entrar en consideracións críticas, por iso normalmente non utilizo notas. Pero considero interesante engadir todas as referencias que eu coñezo (e me parecen interesantes, por exemplo non acostumo ligar a entrevistas co autor) para que o lector poida completar unha visión máis crítica. Saúdos --Vitoriaogando (conversa) 14 de maio de 2017 ás 16:20 (UTC)[responder]

Hititas

Ola Banjo. Quería comentarche 2 cousiñas para que fagas como mellor che pareza.

1.- Traducín da Viquipedia a páxina "Lista de reis dos hititas". A cuestión é que xa había unha páxina cunha denominación semellante que non vira -perdón- (Lista dos reis hititas). Falei co editor orixinal (Servando2) para ver de fusionar as dúas e dixo que non había problema que se podían fusionar ou deixar a súa direccionada posto que a traducida tiña máis información, que como me parecera.

@MAGHOI: Feito! Feito! Banjo tell me 14 de maio de 2017 ás 19:00 (UTC)[responder]

2.- Na folla "Lista de rexións hititas", quitei o marcador de ligazóns interlingüísticas (como se indicaba), engadín algunhas referencias e como tiña o marcador de páxina orfa, engadín tamén ligazóns que apuntaran a ese artigo. Polo tanto, quizais pódese quitar algún marcador.

@MAGHOI: Feito! Feito! Banjo tell me 14 de maio de 2017 ás 19:00 (UTC)[responder]

Un saúdo.--maghoi (conversa) 14 de maio de 2017 ás 17:46 (UTC)[responder]

Categorías, proposta 2017

Boas noites Banjo. Fixen algunhas correccións no texto da proposta, e agora quería comentarte outros aspectos que non son tan simples:

  • "Non se deben crear redireccións para as categorías..." ¿E por que non? ¿tan absurdo resultaría?
    • Os artigos engadidos a unha redirección de categoría non se inclúen na categoría obxectivo, non aparecen na propia páxina desta última. Malia ser técnicamente posible, utilizar redireccións de categorías vai en contra do propio propósito das categorías. Na wikipedia en inglés teñen esta cuestión algo máis elaborada por si queres consultar máis detalles.
  • "Ficheiros e imaxes: ... As categorías amosan os ficheiros nunha sección separada, cunha miniatura de cada unha delas". Vexo unha falta de concordancia: ficheiros... delas. Supoño que ese "delas" irá por "imaxe", pero o sustantivo é "ficheiro".
    • Correxido
  • "Chaves de ordenación: ... Para moitos nomes noutras linguas que comezan con artigos (inglés: a, an, the, castelán: el, la, los)" ¿por que razón inclúes eses artigos en inglés e castelán?
    • Aplica para tódalas linguas, pero puxen esas dúas coma exemplos. Queda modificado para que se entenda mellor.
  • "Por exemplo, Xoán IX, papa debe ter unha chave de ordenación do tipo "Xoán 9".". Cómpre advertir do caso de que a serie numérica pase de un díxito: Xoán 9 vale para cando hai só 9 xoanes, pero un Xoán 23 ordenaríase antes que un Xoán 9.
    • Non é asi dende este cambio, agora 23 vai despois de 9.
  • "Organización da árbore de categorías: As categorías organízanse en forma de árbores de categorías sobrepostos, formados polas ligazóns". Outra falta de concordancia: "árbores", feminino; fronte a "sobrepostos e formados", masculino.
    • Correxido
  • "Subcategorización: Se a membresía lóxica dunha categoría implica a membresía lóxica dunha segunda...". ¿Membresía? Non sei se existirá en galego, pero por agora non figura no DRAG.
    • Cambiado a "pertenza"

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de maio de 2017 ás 20:56 (UTC)[responder]

Outro tema. Na sección "Creación de páxinas de categoría" dis: "As subcategorías divídense alfabeticamente da mesma forma ca os artigos. As interwikis funcionan da mesma forma nas categorías ca nos artigos". A conxunción "ca" utilízase ante pronome persoal (máis alto ca ti), mentres que "cá" e "có" son contraccións de ca +artigo (máis cá nai, máis có pai). Fóra deses casos, "que" e "ca" non son a mesma cousa (da mesma forma que os artigos). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de maio de 2017 ás 21:06 (UTC)[responder]

Correxido

@Lameiro: Grazas polas correccións e os apuntes. As miñas respostas van a continuación de cada un dos puntos que mencionaches. Banjo tell me 16 de maio de 2017 ás 21:28 (UTC)[responder]

Galiciana - Wikidata

Banjo,

podes encargarte ti disto: User talk:HombreDHojalata#Cosas ?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 21 de maio de 2017 ás 18:46 (UTC)[responder]

Rachmaninov

Ola Banjo. Por que retiraches a Categoría:Compositores de Rusia da Categoría:Sergei Rachmaninov? Non ten sentido ningún facer iso, pos categorías sen moito senso como Categoría:Compositores de ópera e eliminas unha das máis importantes (ou mesmo a máis)... non o entendo. Por favor, non elimines categorías así sen máis, se cres que non son relevantes consulta antes, non vin o cambio ata hoxe, e iso significa que estivo unha chea de tempo sen unha categoría importante. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de maio de 2017 ás 15:50 (UTC)[responder]

Categoría rara?

Ola Banjo. Trasteando por aí, atopei a categoría "Categoría:Nados nel Franco" da que teño dúbidas que estea ben escrita a contracción da preposición co artigo español. Que opinas? E, por outra banda, das 4 páxinas aloxadas aí, dúas delas son da mesma persoa, Luis Álvarez Martínez e Luís Manuel Álvarez. Esta segunda sobraría e, quizais, podería redireccionarse cara a outra? Un saúdo.--maghoi (conversa) 27 de maio de 2017 ás 19:56 (UTC)[responder]

@MAGHOI: Movida a categoría a Categoría:Nados en El Franco, e fusionados os dous artigos deixando a redirección como indicas. Grazas polo aviso. Banjo tell me 27 de maio de 2017 ás 20:06 (UTC)[responder]
Grazas a ti. Que rapidez! Nin os de Telepizza. Saúdos.

Mesmo mes

Boas, mira, na páxina Wikipedia:Sobre Galicia e Wikipedia:Artigo destacado aparece que os vindeiros artigos serán os dous de xullo no canto de poñer o de xullo e o de agosto, sabes se é que quedou algo mal ou é por un problema das datas? Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2017 ás 07:40 (UTC)[responder]

Si, é posible que sexa algo diso, mirarei mañá a ver se xa funciona ben, grazas pola explicación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2017 ás 13:14 (UTC)[responder]

Conveniencia de crear unha páxina de homónimos.

Bo día. Creo conveniente crear unha páxina de homónimos. Non sei se eu mesmo podería facelo, pero en calquera caso descoñezo como. A cuestión é a seguinte.

  • 1. Hai unha páxina chamada CUP que redirixe a Candidatura d'Unitat Popular.
  • 2. Eu acabo de crear a páxina Cambridge University Press. Quixera agora crear CUP para a redirixir a ela.
  • 3. Xa que logo, pídoche que crees unha páxina de homónimos na que CUP poida dirixir a ambas as páxinas: Cambridge University Press e Candidatura d'Unitat Popular.

Moitas Grazas --Moedagalega (conversa) 31 de maio de 2017 ás 11:40 (UTC)Moedagalega[responder]

@Moedagalega: Feito! Feito! Banjo tell me 1 de xuño de 2017 ás 23:09 (UTC)[responder]

Referencia para leis

Boas Banjo... Vin que non temos ningún modelo para referenciar textos legais. No artigo Dmytro Blazheiovskyi empreguei o modelo:cita web, mais non me acaba de convencer porque se a ligazón web desaparece eu entendo que a referencia segue a ser válida (é unha lei e haberá algún xeito de comprobala, polo que a veracidade non se ve cuestionada). Como o ves? --Norrin (Fálame) 31 de maio de 2017 ás 14:20 (UTC)[responder]

Listas

Ola de novo, Banjo. Hai unha páxina chamada "Primeiro_ministro_de_Grecia" que en realidade é unha lista. Sería mellor renomeala como "Lista de...."? Que opinas? Saúdos.--maghoi (conversa) 31 de maio de 2017 ás 18:50 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:00 (UTC)[responder]

Ola Banjo. Na páxina de votación sobre PVN coido que hai un erro porque comezaron as votacións o 2 de xuño; pero na parte superior do título pon que as votacións serán do 2 do 7 até o 2 do 8. Saúdos--maghoi (conversa) 2 de xuño de 2017 ás 17:11 (UTC)[responder]
@MAGHOI: Correcto, correxido, grazas por estar ó tanto. Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 17:13 (UTC)[responder]

Calendario de votacións

Boas Banjo, onde se podería meter a votación de Wikipedia:Votacións/Categorización non sexista e creación de categorías por sexo no Usuario:Banjo/calendario? Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2017 ás 09:09 (UTC)[responder]

@Elisardojm: Onde prefiras, non hai un método exacto. Ata o de agora sempre as puxen nun viernes e foi funcionando bastante ben, deixando un mínimo de 2-3 semanas de separación entre elas. Seguindo este sistema e tal e como está agora o calendario, eu diría que 16 de xuño, 7 de xullo ou 25 de agosto, pero se ves mellor calquera outra data ou día da semana que non sexa viernes adiante. Banjo tell me 4 de xuño de 2017 ás 09:14 (UTC)[responder]
Pois por min xa pode ser o 16 de xuño, creo que esa data está ben. Podes engadila no calendario? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2017 ás 11:36 (UTC)[responder]
@Elisardojm: Feito! Feito! Banjo tell me 4 de xuño de 2017 ás 12:35 (UTC)[responder]
Moitas grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2017 ás 12:50 (UTC)[responder]

Ampliar

Vale, perdoade. Haber se no verán fago algo na galipedia. Unha pregunta, podese crear unha listaxe sobre os atentados terroristas dun ano calquera, servindo de exemplo o Anexo: Atentados terroristas do 2017 da wikipedia en castelán? Se se pode, eu podería facela no verán. CristianCb (conversa) 8 de xuño de 2017 ás 06:47 (UTC)[responder]

Vale. Grazas. CristianCb (conversa) 8 de xuño de 2017 ás 06:52 (UTC)[responder]

ficheiro

Ola, Banjo! Como vai?

Podes botarlle un ollo a Ficheiro:Cruceiro A Boliña.jpg? Creo que se che colou unha ligazón incorrecta, supoño que facendo un copia e pega; o caso é que non sei como ten que quedar para seguir o formato. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de xuño de 2017 ás 14:53 (UTC)[responder]

Ola Estevo. A ligazón estaba incorrecta si, pero xa estaba así de cando a subira Elvire a Commons. Queda correxida. Grazas polo aviso. Banjo tell me 12 de xuño de 2017 ás 14:58 (UTC)[responder]

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Os camiños da vida

Ola, Banjo: Vexo que fixeches varias modificacións nas citas da páxina, e outras non as modificaches. Como estou recén chegada á Wiki e traballo copiando o que outros fan, ou consultando a Axuda (pero esta non son quen de lela toda seguida, e ás veces cústame traballo entender algunhas explicacións) agradeceríache se me explicas (ou me remites a algunha entrada concreta) como se fai. De feito, o código que utilicei copiárao de algunha páxina de axuda. GrazasVitoriaogando (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 08:16 (UTC)[responder]

Os camiños da vida

Grazas, BAnjo. Si lin Wikipedia:citar as fontes, pero ás veces pérdome, ou non entendo.Vitoriaogando (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 08:38 (UTC)[responder]

Ortografía de "Teorias da aprendizaxe"

Editei en profundidade o artigo Teorias da aprendizaxe, para o acomodar aos requisitos da Wikipedia. Cumpriría agora corrixir a ortografía do título (fáltalle o acento a Teorías), xa que eu creo que non estou autorizado. Grazas. Saúdos. Moedagalega--Moedagalega (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 12:00 (UTC)[responder]

@Moedagalega: Feito! Feito! Banjo tell me 16 de xuño de 2017 ás 12:03 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

O demo na cultura popular

Feito, Banjo. Estás a todo, desde logo. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:15 (UTC)[responder]

Corrección de "Autofreado"

Bo día. Solicito o cambio da entrada Autofreado por Autofreada. O DRAG dá Freada como única forma válida para "acción de frear", polo que haberá que partir desa forma para os seus derivados. Nota: eu xa fixen o cambio no corpo do texto. Moitas grazas e un saúdo. Moedagalega--Moedagalega (conversa) 22 de xuño de 2017 ás 06:21 (UTC)[responder]

Corrección de "*Despegue" na ficha de {{Misión espacial}}

Boas! Corrixín a palabra *despegue en multitude de artigos, cambiándoa normalmente por engalaxe e, en casos concretos, por outras formas máis acaídas, pero non fun quen de editala e substituíla na parte fixa da ficha {{Misión espacial}} (que aparece, por exemplo, en todos os artigos de Apollo: Apollo 10, Apollo 11...). Alguén podería facelo? Moitas grazas e saúdos. Moedagalega--Moedagalega (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 11:44 (UTC)[responder]

@Moedagalega:Feito! Feito! Banjo tell me 23 de xuño de 2017 ás 11:49 (UTC)[responder]

Pues a revisar

Si gustas puedes revisar el artículo, no tiene ningún contenido malo, es una lástima que hayas sido timado por el usuario Akapochtli y a razón de ello creaste la tablita creyendo que era yo una mala persona, si gusta puede ponerte al tanto de sus últimas ediciones en:Talk:Teotlalpan, le comparto el enlace.--Marrovi (conversa) 24 de xuño de 2017 ás 22:28 (UTC)[responder]

Pues este señor no tiene tal espíritu wikipedista de colaboración y ayuda, los utilizó para una polémica con fines personales en la que busca mi expulsión, cayó en sus propias trampas de las que tanto demandaba a las personas que no tolera, se puso a la luz su mentira de que el idioma náhuatl estaba unificado y que él, como amplio conocedor del náhuatl o idioma mexicano, solo podría dar opinión al respecto. Tú le creíste que era un gran administrador de una lengua que en realidad no es su lengua matarna (náhuatl) y que con eso timó a muchos ingenuos hispanoparlantes, mira, no ha tenido actividad de una lengua que según él custodia con gran amor [1] y como no tiene tal conocimento docto de las lenguas nahuas emite sus comentarios en castellano para no verse evidenciado por usuarios nativos (quito designación arbitraria, nepotismo); pues con esto se demuestra que por envidia y por celos su único objetivo era expulsarme de Huiquipedia a como diera lugar; ya que yo si trabajé con hablantes de lengua materna del náhuatl y objetivo que él nunca pudo logar por arrogancia de sentirse gran doctor de lengua náhuatl. Pues Huiquipedia no tiene aprobación de los verdaderos hablantes nativos y su contenido no corresponde a las gramáticas de las lenguas nahuas o lenguas náhuatl, ellos son mis amigos y vieron que wikipedia no responde a las demandas de los pueblo indígenas aunque aceptan que es una gran herramienta, por tal motivo, en diferentes conferencias han expuesto las razones de las cuales wikipedia no sirve para los intereses de ellos, para ello he creado este portal para que conozcan las lenguas náhuatl y salir del engaño de Akapochtli Incubator:Category:Incubator:Nahuatl languages. Esto es editado desde la incubadora por si algún día los hablantes maternos de los pueblos indígenas americanos deciden retomar los proyectos de wikipedia y logran negociar con los altos cargos de Wikimedia. Parte del fracaso de las wikipedias en lenguas indígenas americanas es la edición de artículos por usuarios que no son hablantes nativos como los ejemplos siguientes; nah:Agustin itech Hipona nah:Gustavo Adolfo Becquer, nah:Huitzquimichin o nah:Chichihualli, los cuales difieren en mucho a los artículos editados por un usuario que tiene como lengua materna el náhuatl como los ejemplos siguientes; nah:Otomih, nah:Cuapelechxochitl, nah:Tepozteco o nah:Chacha. Aunque Wikipedia es de carácter universal, la reprobación de los primeros ejemplos es porque no son entendidos por hablantes maternos de lenguas náhuatl, más no porque hablen de gente ajena o cosas de intereses distintos a los de los pueblos nahuas.

Cambiando de tema; acepto tu tabla (aunque sabemos que el origen de crearla no fue para mejoramiento de artículos, fue creada a raíz de una demanda emitida por Akapochtli), yo si quiero el mejoramiento de mis ediciones y mis artículos creados, pero no veo que los revisen desde más de un año de haber estado allí esa tabla.--Marrovi (conversa) 24 de xuño de 2017 ás 23:14 (UTC)[responder]

Dúbida

Ola Banjo. Teño unha dúbida sobre o tema dos dereitos de autor. A información que aparece en follas de institucións "públicas" (no sentido de oficiais) pódese incorporar á Galipedia?. En concreto, unha imaxe da folla do Senado, por exemplo. Os datos son copiables e son referenciados, pero poderíase coller unha imaxe para subir a commons indicando a procedencia? Un saudiño.--maghoi (conversa) 28 de xuño de 2017 ás 18:20 (UTC)[responder]

@MAGHOI: En principio si, se é un documento oficial do Senado.[2] O marcador de licenza a empregar en Commons é {{PD-SpanishGov}} Banjo tell me 28 de xuño de 2017 ás 18:39 (UTC)[responder]
Graciñas

Alias {outroshomónimos} por {Outros homónimos}

Bo día, Banjero.

Podes dicirlle ao bot que mude tódolos alias "outroshomónimos" (hai centos) polo modelo fetén: {{Outros homónimos}}?

Obrigado. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xuño de 2017 ás 08:56 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Feito! Feito! Banjo tell me 2 de xullo de 2017 ás 08:48 (UTC)[responder]

borrar

podes borrar as que están en categoría:borrar? ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de xuño de 2017 ás 09:13 (UTC)[responder]

@Sobreira: Feito! Feito! O marcador correcto para as categorías nesta situación é {{lixo}}, {{borrar imaxe}} é para as propostas de borrado de ficheiros. Banjo tell me 29 de xuño de 2017 ás 09:17 (UTC)[responder]

Xa imaxinei que o modelo non era (por iso avisei especificamente), pero levaríame moito máis andar a buscar cal é. ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de xuño de 2017 ás 09:26 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]

CristianCb

Grazas polos consellos. Pero por favor non me bloquedes a conta. Non quería facer dano. So pretendía axudar. Xa aprendín a lección. Non volverá a suceder. Un saúdo. CristianCb (conversa) 2 de xullo de 2017 ás 22:00 (UTC)[responder]

Terceira malla de artigos da Galipedia

Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Clarice Lispector

Bo día, Banjo, vin que o artigo de Clarice Lispector estaba na malla porque o marcaras ti porque as citas e as notas estaban en portugués. Traducinas. Tamén está porque as referencias non se axustan ao formato. Revisas ti se xa está correcto pola vía da tradución para eliminarlle esa marca e deixar a outra? Unhanova (conversa) 4 de xullo de 2017 ás 08:47 (UTC)[responder]

@Unhanova: Feito! Feito! Banjo tell me 4 de xullo de 2017 ás 08:53 (UTC)[responder]

Un bot do Cretáceo

Ola compi.

Podes botar o bot a facer estes cambios:?

Cretácico|cs|Cretáceo
Cretacico|cs|Cretáceo
cretácica||cretácea
cretacica||cretácea
cretácico||cretáceo
cretacico||cretáceo

No masculino diferencio maiúsculas/minúsculas porque pode ser un substantivo ou un adxectivo. No feminino vai ser sempre adxectivo, que implica minúsculas.

Muito obrigado. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xullo de 2017 ás 21:34 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Feito! Feito! Banjo tell me 16 de xullo de 2017 ás 19:07 (UTC)[responder]

Marcador

Vexo que puxeches un marcador de revisión de formato no artigo Traité d'instrumentation et d'orchestration. Creo que deberías indicar na conversa onde está o problema, qué compre revisar, explicar -en definitiva- as causas do marcador. Só así alguén pode intentar solucionar o suposto problema. En xeral, creo que esa explicación sería esixible en tódolos casos de marcadores de atención. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de xullo de 2017 ás 20:34 (UTC)[responder]

Ola Lameiro. O marcador de {{wikificar}} non ten opción de indicar unha mensaxe adicional, ó contrario que por exemplo o marcador {{atención}}. A ligazón ó libro de estilo que inclúe [O marcador de {{wikificar}}] adoita ser suficiente como para dar instrucións de como proceder en cada caso. Ata onde eu puiden ver con este marcador nunca se deixou ningunha explicación a maiores en ningunha conversa de ningún dos artigos que o teñen. Xa que no caso concreto dese artigo semella haber dúbidas, queda a explicación engadida na conversa dese artigo. Banjo tell me 17 de xullo de 2017 ás 22:47 (UTC)[responder]
Non vexo "A ligazón que inclúe [O marcador de {{wikificar}}]" para ver se é suficiente ou non, pero non dubido que haxa tal ligazón. Estiven vendo no libro de estilo a sección das citas (que asumo é o problema que ves no artigo) e sigo dicindo que non hai nada do marcador de atención que permita ó editor ou a calquera noutro usuario saber cal é a razón de chantar ese marcador de wikificar. Agora comprendo que ti o tes moi claro pero o que quero dicir é que os demais non podemos adiviñar as túas intencións. Por iso a miña petición de incluír explicacións cando se poñen determinados marcadores; as explicacións nunca sobran. Non me importa que ningún outro artigo con tal marcador teña explicacións: deberían telo; xa digo que deberían incluírse sempre, se o que se pretende co marcador é que o editor -ou calquera outro usuario- solicione un problema detectado no artigo. En todo caso, grazas polas explicacións. Avisareille a Piquito para que o teña presente. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18 de xullo de 2017 ás 10:05 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)[responder]

Extensión mínima

Banjo, boas, pregúntame Atobar onde se pode ver a extensión mínima a partir da cal un artigo xa non se considera curto. Eu busquei e non o atopei, supoño que unha introdución de dous ou tres parágrafos que conten o principal do artigo chegará, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xullo de 2017 ás 23:44 (UTC)[responder]

@Elisardojm: Non hai un criterio definido, adoita deixarse ó propio criterio de cada un. Un pouco por convención e uso todo o que sexa < 200 kb (incluíndo código wiki e modelos) vense tratando como borrado rápido. A partir de aí é a ollo. Eu todo o que sexa < 400-500 kb de texto plano (sen modelos, ligazóns externas ou código wiki) trátoo como {{curto de máis}}. Isto ven sendo un só parágrafo de texto con 3-4 frases, con dous ou tres parágrafos xa adoita superarse ese número. A partir de ese tamaño pode seguirse o criterio dos 1000 artigos, cos de < 10 kb (incluíndo código wiki e demáis) tratándose coma bosquexos {{en progreso}} e o resto de > 10 kb coma artigos normais. Banjo tell me 23 de xullo de 2017 ás 19:03 (UTC)[responder]
Interesante, Usuario:Banjo. Polo que contas, e un pouco guiándome polo que me marcou, con bo criterio, como curto de máis Elisardojm, coido que non sería mala idea fixar un número concreto de bytes a partir do cal o artigo deixa de precisar o marcador. Dígoo para que no futuro haxa a onde agarrarse e non vaiamos a ollo. Ollando os artigos que me sinalaba Elisardo aquí, entendo que 2000 bytes sería unha cifra respectable para marcar aí punto de inflexión. É suficientemente baixa para que ninguén se desentenda de crear por mera preguiza e tamén abondo alta para que conteña os datos básicos. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 23 de xullo de 2017 ás 20:48 (UTC)[responder]
@Atobar: Coincido en que 2kb é unha boa cifra para poñer como límite xeral. Banjo tell me 23 de xullo de 2017 ás 21:02 (UTC)[responder]
Só unha notiña @Atobar:, eu non marquei os artigos, só estou avisando á xente que os creou por se non se teñen decatado das marcas e así alixeirar entre todos a categoría:Atención. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xullo de 2017 ás 22:15 (UTC)[responder]

As fiandeiras

Vai para dous anos que puixeches o marcador de Títulos neste artigo, que esixe que "Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego ". No artigo só aparece o título do cadro (nas súas diferentes versións e mais en castelán), os doutros dous cadros (O rapto de Europa e As Meninas) e o do libro As metamorfoses, de Ovidio. Tendo en conta que na non-política Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos establécese que "Nas esculturas, cadros, edificios etc., utilizarase como norma o título en galego, mantendo como excepcións denominacións características doutras linguas (La maja desnuda, Notre-Dame de París)", a única pega aplicable sería o título do libro de As metamorfoses: non teño nin idea de se haberá tradución ó galego ou non, pero no artigo correspondente non se marca problema ningún, logo asumo que si estará traducido. ¿Onde está, xa que logo, o problema que xustifica a colocación desa marca de atención? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23 de xullo de 2017 ás 21:47 (UTC)[responder]

@Lameiro: Como comprenderás, resúltame complicado recordar porqué hai dous anos decidín engadir un marcador concreto. Tendo en conta a data desa edición, probablemente aínda estaba algo oxidado e non me percatei desa cuestión. As obras de arte adoitan traducirse si, e ese artigo non precisa o marcador. Banjo tell me 23 de xullo de 2017 ás 21:56 (UTC)[responder]
Enténdoo perfectamente, pero tiña que preguntar. Insisto na conveniencia de explicar -na conversa mellor que no propio marcador- as razóns polas que se chama a atención nun artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 24 de xullo de 2017 ás 17:08 (UTC)[responder]

vandalismo / descoñecemento

Ola, Banjo! Como vai?

Deixeille unha mensaxe á ip que estaba a editar en Ledoira, Frades dándolle unha explicación de por que revertiches as súas edicións. Con toda certeza a persoa estaba editando con boa vontade, pero se se borran as achegas das persoas que editan por vez primeira sen explicarlles os criterios seguidos na Galipedia van quedar con mala hostia e van levar unha mala imaxe do proxecto. Tenta ser un pouco máis cordial en vez de simplemente protexer o artigo, que non sempre os vandalismos son tal (con mala fe), senón que moitas veces son edicións con boa intención pero descoñecendo o funcionamento da wiki.

Un saúdo, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xullo de 2017 ás 19:11 (UTC)[responder]

trebellos

Ola, Banjo! Como vai?

Acaban de contarme no Wikipedia:Wikialcuentru 50.000 artículos n'asturianu que existe un trebello chamado Cat-a-lot que serve para categorizacións masivas. Podes botarlle un ollo e ver se se é posible? Graciñas! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xullo de 2017 ás 17:58 (UTC)[responder]

Ese trebello, Estevoaei, eu téñoo en Commons, non sei se pode traerse para usar aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xullo de 2017 ás 23:38 (UTC)[responder]

@Estevoaei: Podes activalo globalmente editando https://meta.wikimedia.org/wiki/User:Estevoaei/global.js. Engade este código nesa páxina:

//catALot///////////////////////////////////////
mw.loader.using(['jquery.ui.resizable', 'mediawiki.util'], function(){
	mw.loader.load('//commons.wikimedia.org/w/load.php?modules=ext.gadget.Cat-a-lot');
});
////////// Cat-A-Lot user preferences //////////
window.catALotPrefs = {"watchlist":"preferences","minor":true,"editpages":true,"docleanup":false,"subcatcount":10};
////////////////////////////////////catALotEnd//

Banjo tell me 30 de xullo de 2017 ás 09:20 (UTC)[responder]

@Estevoaei:, fixen a tradución do manual e as mensaxes do trebello, como esa páxina está protexida hai que esperar a que a pase un admin de Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2017 ás 11:10 (UTC)[responder]
Viva!! Moitas grazas aos dous! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xullo de 2017 ás 19:33 (UTC)[responder]

Lonxitude de artigos curtos

Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Marcadores de mantemento incorrectos

Boas tardes. Grazas polo teu aviso, compréndoo absolutamente e sinto terche roubado tanto tempo quitando eses marcadores erróneos. Desculpa as molestias que isto puidese ter ocasionado. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 3 de agosto de 2017 ás 18:12 (UTC).[responder]

Os anos "AA00" pertencen ao século AA

Ola Banjo.

Hai unha peculiaridade cos anos que terminan en cero-cero: O ano 1800 pertence ao século XVIII; o ano 1900 ao ano XIX; o ano 2000 ao século XX...

Dígoche isto porque o código que empregaches en {{Nados por ano}} e {{Finados por ano}} mete, automáticamente, esas categorías concretas, no século seguinte.

Quizais habería que modificar os codigos, e teríamos que engadir o século a man (poñendo, por exemplo, {{Nados por ano|1900|XIX}} igual que en {{Categoría dun ano en Galicia}} (p. ex. en 2000 en Galicia.

Que opinas? --. HombreDHojalata.conversa 4 de agosto de 2017 ás 10:21 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Dinme conta de casualidade si, hai que amañalo. Co propio código debería poder facerse de forma automática. Reviso despois de comer e coméntoche. Banjo tell me 4 de agosto de 2017 ás 10:25 (UTC)[responder]
@HombreDHojalata: Feito! Feito! Creo que quedan ben agora, dalle unha revisada por se falta algo aínda ou por se metín a zoca nalgures. Banjo tell me 4 de agosto de 2017 ás 12:25 (UTC)[responder]

Asociación de amigas e amigos da Galipedia

Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Erro lingüístico nun aviso.

Bo día. Vexo que aparece erroneamente a palabra *reducción (no canto de redución) neste aviso que aparece ao inicio dalgunhas páxinas: A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, reducción, carece de contexto... Cumpriría arranxalo. Grazas. Saúdos. Moedagalega--Moedagalega (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 09:39 (UTC)[responder]

@Moedagalega: Feito! Feito! Banjo tell me 9 de agosto de 2017 ás 09:49 (UTC)[responder]

Erro en "Fittipaldi (constructor)"

Bo día. Hai unha páxina titulada Fittipaldi (constructor) que remite a Fittipaldi Automotive. Cumpriría arranxar ese grupo -ct- en constructor e deixalo en construtor. Grazas. Saúdos. Moedagalega--Moedagalega (conversa) 10 de agosto de 2017 ás 07:36 (UTC)[responder]

@Moedagalega: Feito! Feito! Banjo tell me 10 de agosto de 2017 ás 08:06 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]

Benvidas

Grazas, non o sabía. Tereino en conta de agora en diante. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 13 de agosto de 2017 ás 20:41 (UTC)[responder]

Dúbida-2

Ola Banjo. Hai mes e medio ([[3]]) fíxenche unha consulta sobre os dereitos de autor nas follas estatais. Daquela remitíchesme ao Artículo 13. Exclusiones. da lei de propiedade intelectual. Agora volvín a botarlle unha ollada e sigo con dúbidas. Explícoche: no artigo fálase de textos legais pero eu quería empregar (se se pode) a imaxe desta ligazón do Senado para unha páxina que veño de crear. Un saúdo. E, de novo, grazas.--maghoi (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 15:24 (UTC)[responder]

Bot?

Bo día, quería corrixir un erro que se repite, cambiar "non supón cambio algún" por "non supón ningún cambio". Está en 212 páxinas https://gl.wikipedia.org/w/index.php?search=%22non+sup%C3%B3n+cambio+alg%C3%BAn%22&title=Especial:Procurar&go=Artigo&searchToken=c8jadqt3of5ylyt12grcrlzvh . Non sei o traballo que dá facer un bot, non sei se compensa facelo un por un. Unhanova (conversa) 24 de agosto de 2017 ás 07:17 (UTC) Unhanova (conversa) 24 de agosto de 2017 ás 07:25 (UTC)[responder]

@Unhanova: Feito! Feito! Banjo tell me 24 de agosto de 2017 ás 08:19 (UTC)[responder]

Cachotaría

Boas, Banjo. Poderías cambiar o título Cachotería por Cachotaría? Saúdos. --Isili0n (conversa) 27 de agosto de 2017 ás 10:59 (UTC)[responder]

@Isili0n: Feito! Feito! Banjo tell me 27 de agosto de 2017 ás 11:41 (UTC)[responder]

Consulta

Ola Banjo. Fedellando coa lista dos presidentes do Banco de España cheguei a esta páxina titulada Presidente do Congreso dos Deputados de España. Dado que o contido que ten non é máis que o de unha enumeración cronolóxica non sería mellor cambiar o título a "Lista dos Presidentes.... para manter a coherencia con outras páxinas que tamén son listaxes. Que opinas? Saúde.--maghoi (conversa) 27 de agosto de 2017 ás 17:40 (UTC)[responder]

@Maghoi: Feito! Feito! Banjo tell me 27 de agosto de 2017 ás 18:36 (UTC)[responder]

Nucleobase

Nucleobase é un termo que aparece así na literatura, como unha soa palabra, e é usada así na maioría dos idiomas. É unha base que aparece nos nucleósidos e nucleótidos; estes últimos son os compoñentes dos ácidos nucleicos. Base nucleótida é o mesmo, e é o que aparece no IUPAC Goldbook (nucleotide bases), onde nucleobase non aparece. Pero nucleobase é tamén un termo acuñado, e cada vez úsase máis: nunha busca no Google Académico ou Scholar aparecían 130.000 resultados de artigos científicos que usaban nucleobase. Creo que se poden usar as dúas como sinónimas, base nucleótida e nucleobase, e a min parécenme válidas as dúas. Pero non atopei referencias en galego. Ademais diso, nucleobase e base nitroxenada son termos practicamente sinónimos; se ben base nitroxenada pode ter un significado máis xeral, xa que poden aparecer e funcionar bases nitroxenadas fóra dos ácidos nucleicos, como por exemplo a cafeína, teobromina, ácido úrico..., aínda que se orixinan xeralmente a partir do metabolismo de nucleósidos. Como nucleobase e base nitroxenada teñen significados practicamente sinónimos, algunhas wikipedias redireccionaron unha a outra e outras wikipedias fixeron páxinas separadas. Historicamente o uso de nucleobase é máis recente, e base nitroxenada leva utilizándose máis tempo. --Miguelferig (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 11:01 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)[responder]

Calouste Gulbekian

Ola Banjo. Penso que fuches ti quen colocara o marcador de revisión ortográfica á páxina Calouste Gulbekian. Coido que xa non ten problemas. Cando poidas, podes botarlle un ollo por se se pode eliminar? Graciñas.--maghoi (conversa) 5 de setembro de 2017 ás 15:21 (UTC)[responder]

@MAGHOI: Feito! Feito! Banjo tell me 8 de setembro de 2017 ás 19:01 (UTC)[responder]

Aeroliña

Boas, estiven revisando o artigo Aeroliña. No historial non vexo quen lle puxo a marca de ortografía. Unhanova (conversa) 6 de setembro de 2017 ás 11:35 (UTC)[responder]

@Unhanova: Foi nesta edición Banjo tell me 8 de setembro de 2017 ás 19:01 (UTC)[responder]

Correccións en "Pobo xudeu"

Por un erro, non sei como, anulei as correccións lingüísticas que previamente fixera e publicara en "Pobo xudeu". Podes anular, portanto, a miña última edición, para que sigan vixentes as correccións feitas? Grazas! --Moedagalega (conversa) 8 de setembro de 2017 ás 09:44 (UTC)Moedagalega[responder]

@Moedagalega: Feito! Feito! Banjo tell me 8 de setembro de 2017 ás 19:02 (UTC)[responder]

Desfeita no US Open

Moitas grazas por arranxar a pequena desfeita que fixen no artigo Campións do Aberto dos Estados Unidos (individual masculino). Xa lle pedira axuda a Estevo(aei) e deume as indicacións precisas ás poucas horas, pero desenfundaches máis rápido. Tamén vexo que remataches o traballo con "las putas banderitas", jeje. Coa ilusión que me facía... Ainda así, Estevo recomendárame que usara o nome Campións do US Open (individual homes) por similitude cos de Roland Garros e Wimbledon que xa existen, non sei o que che parece. Saúde --Viascos (conversa) 11 de setembro de 2017 ás 22:45 (UTC)[responder]

@Viascos: Feito! Feito! Banjo tell me 11 de setembro de 2017 ás 23:02 (UTC)[responder]

Cambios na páxina

Bo día.

No 2010 creei a páxina Vilalba F.S. e estiven actualizandoa ano tras ano. Estos días apareceu cambiada a web de enlace e cando intentei cambiar o enlace antigo agora non me deixa. Gustaríame saber o motivo. Grazas Kayaya (conversa) 15 de setembro de 2017 ás 08:53 (UTC)[responder]

Buenas tardes, queridos Banjo, como estàs?

Por favor, podrias ver se mi contexto en esta pagina es correcto? Queria abrir una nueva pagina, mas el titulo deve ser correcto, eh? Muchas gracias por todo!!!

Rei Momo (conversa) 18 de setembro de 2017 ás 09:42 (UTC)[responder]

Quince aniversario da Galipedia

Boas, hai unha proposta na taberna para organizar algún tipo de celebración e actividades en marzo de 2018 co gallo dos quince anos da Galipedia. Fai falta xente que axude coa organización e propostas a realizar, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 08:21 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Borrado de artigos

Síntoo pero estou canso de revisar e amañar eses artigos, están cheos de erros e levan máis dun ano sen corrixir. Tal e como se quedou na conversa da taberna, os artigos que non foran revisados serían borrados, xa non podo facer máis nada. Se eses estaban ben sería por casualidade porque de todos os artigos que revisei tan só un ou dous debían estar libres de erros. O motivo que estou indicando é a resolución que se tomou na taberna, que creo que foi axeitada e penso que é abondo para borralos. Agora os que quedan amañareinos porque teñen varias edicións doutros usuarios, os que borrei nos últimos días practicamente só tiñan contribucións de Marrovi. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 21:54 (UTC)[responder]

Amañei dous dos artigos que restauraches, dime cales foron os outros para corrixilos, plis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 22:18 (UTC)[responder]

Borrado de categorías

Ola Banjo. Vin que eliminaches varias páxinas das categorías que comezaban por "Arquitectura do século....", en concreto refírome a "Teatro de Epidauro" e "teatro romano de Mérida". Nesas dúas, quitácheslle a categoría de "arquitectura do século IV a.C" e "arquitectura do século I a.C.", respectivamente. Fixen algo mal? porque despois as incluíches en "Arquitectura do século IV" e "A. do século I", que son erróneas. Non entendo que problema había. Xa me dirás. Un saúdo.--maghoi (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 21:44 (UTC)[responder]

@MAGHOI: Feito! Feito! Banjo tell me 25 de setembro de 2017 ás 21:50 (UTC)[responder]
Que rapidez!! Vale. Dubidei de poñelas así co signo "-" diante do século pero me pareceu menos estético e menos rigoroso. É preferible entón dese xeito? Saúdos.--maghoi (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 21:52 (UTC)[responder]
@MAGHOI: Trabuqueime eu inicialmente cando as creaches, as miñas desculpas. É preferible polo momento xa que mantén o criterio xeral de nomear eses séculos co "-", tal e como se fai noutras categorías semellantes. É un criterio de nomes de categorías que se podería revisar ou mudar nun futuro, pero sempre mellor manter un mesmo criterio para todas. Banjo tell me 25 de setembro de 2017 ás 22:00 (UTC)[responder]
Entendido. Grazas pola aclaración. Boa noite.--maghoi (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 22:03 (UTC)[responder]

Categoría "Axencias de inversións".

Hai unha categoría chamada Categoría:Axencias de inversións. Cumpriría cambiala por Categoría:Axencias de investimentos. Grazas. Un saúdo. Moedagalega. --Moedagalega (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 07:25 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2017 ás 09:04 (UTC)[responder]

Para cando podas botar un ollo

Boas Banjo,

Estou ultimamente a traballar no Galizonario, e teño unha dúbida informática: como podes ver na entrada Andorra non se amosa todo o código da páxina, senón que se corta coa seguinte mensaxe: {{Node-count limit exceeded}} {{Node-count limit exceeded||lad}} {{Node-count limit exceeded||lad}} {{Node-count limit exceeded|||lad}} {{Node-count limit exceeded|lad}} {{Node-count limit exceeded}}. Sabes se isto se pode solucionar? É un parámetro da wiki? Saúdos! --Norrin (Fálame) 10 de outubro de 2017 ás 10:49 (UTC)[responder]

Outra cousa adicional no wiktionary. Como podes ver en cabalo, as traducións van entre dos modelos (wikt:Modelo:1 e wikt:Modelo:3), e separadas en columnas polo wikt:Modelo:2. Sería posible inserir no modelo 1 algún código que faga a división en columnas automática, para non andar a recolocar os Modelos:2 cada vez que se engade una tradución nova? Grazas! --Norrin (Fálame) 13 de novembro de 2017 ás 11:07 (UTC)[responder]

Corrección dunha entrada e creación de páxina de homónimos.

Bo día. Recentemente creei a páxina Escola de Delft, que realmente debería ter bautizado como Escola de Delft (arquitectura), xa que posteriormente creei tamén as páxinas Escola de Delft (microbioloxía) e Escola de Delft (pintura). Rógoche que fagas esa corrección no nome e creo que tamén se debería crear a páxina de homónimos Escola de Delft, na que se recollan as ligazóns a cada unha delas. De revisar as ligazóns creadas ata agora xa me encargo eu posteriormente. Grazas.--Moedagalega (conversa) 18 de outubro de 2017 ás 10:47 (UTC)[responder]

Feito! Feito!; Escola de Delft. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de outubro de 2017 ás 11:19 (UTC)[responder]

Solicito borrado de báxina por erro.

Bo día. Por un erro, publiquei a páxina Delft Bible así, co título en inglés, que é un paso previo da posteriormente publicada como Biblia de Delft, que é a realmente válida. Solicito, xa que logo, a eliminación da páxina Delft Bible. Grazas.--Moedagalega (conversa) 18 de outubro de 2017 ás 12:37 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Moedagalega. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2017 ás 14:40 (UTC)[responder]

Creación da categoría "Delft"

Bo día. Acabo de crear (ou iso creo) a categoría Delft, editando o artigo xa existente Delft. Fíxeno porque ultimamente creei un bo número de páxinas ligadas a esta cidade (á parte das que xa había). O problema é que, aínda que lin as instrucións, non son quen de que a categoría apareza en azul (segue en vermello), para poder vinculala aos demais artigos. Ademais, tampouco dou co xeito de integrar esa nova categoría como subcategoría dentro de Cidades dos Países Baixos e, ademais, crear dentro dela as subcategorías de Nados en Delft e Finados en Delft, igual que ocorre con outras cidades do mundo. En fin... que necesito axuda. Moitísmas grazas. --Moedagalega (conversa) 20 de outubro de 2017 ás 09:06 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Moedagalega, o que fixeches foi engadir o artigo Delft á categoría, pero iso non crea a categoría, por iso saía en vermello. Xa están creadas as cat. Delft, Nados en Delft e Finados en Delft, esta última só está dentro da cat. Delft porque non hai categoría superior de Finados nos Países Baixos, cando haxa máis artigos haberá que crealas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2017 ás 09:18 (UTC)[responder]

Cento cincuenta artigos de calidade para o décimo quinto aniversario da Galipedia

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar acadar os cento cincuenta artigos de calidade antes do décimo quinto aniversario da Galipedia. Fai falta xente para colaborar nesta proposta, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 09:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Re:recoñecemento

Ola Banjo. Deixáchesme unha notiña sobre o recoñecemento de tradución, e puido pasárseme, pero si que os coloco. Agradeceríache que me indicaras a que páxina te refires. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 26 de outubro de 2017 ás 11:41 (UTC)[responder]

Ok. Non pasa nada. Podía ser que me esquecera. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 26 de outubro de 2017 ás 14:44 (UTC)[responder]

Debería baixar a protección a usuarios autoconfirmados da páxina Cataluña pois coa aplicación do artigo 155 da Constitución Española xa non quedan dúbidas, non é un estado independente. AshSXXI (conversa conmigo) 27 de outubro de 2017 ás 18:46 (UTC)[responder]

Cataluña

Non estou en absoluto de acordo con proptexer o artigo Cataluña e reservar as edicións só a administradores. Non sei como se fai, pero abonda coa limitación a usuarios autoconfirmados. Deberías reconsiderar esa medida a todas luces excesiva. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 19:37 (UTC)[responder]

@Lameiro: Feito! Feito! Banjo tell me 27 de outubro de 2017 ás 19:39 (UTC)[responder]

Referencias en "Roubo de identidade"

Boas, Banjo, este artigo é unha tradución que fixen testando o tradutor (o tradutor dá problemas na conversión a texto html). En si é un artigo que non me interesa e, se é o caso, pode borrarse á espera de que se constrúa un cunha calidade boa, xa que estou de acordo contigo en que o orixinal non ten a calidade precisa para un artigo da Wikipedia. Póñolle a marca de lixo? Unhanova (conversa) 30 de outubro de 2017 ás 07:35 (UTC)[responder]

Borrar páxina

Ola Banjo. Un par de cousiñas. Creei sen querer a páxina "Abrazo de Vergara". O seu contido está onde corresponde que é a de Convenio de Bergara, e con Abrazo de Bergara redirixida. Polo tanto, compriría a eliminación da primeira (Abrazo de Vergara) que mantén a grafía en castelán.

A segunda cousiña é que en Galifontes, publiquei o texto do Convenio de Bergara. Coloquei as categorías pero hai unha que é a da data que non existe e está en vermello. Estiven mirando pero non sei como creala, polo que che agradecería que lle botaras unha ollada. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 1 de novembro de 2017 ás 18:09 (UTC)[responder]

@MAGHOI: Feito o primeiro. No Galifontes non hai categorías por anos aínda, que eu saiba, máis adiante seguro que se irán engadindo. Pode quedar así polo momento sen maior problema. Banjo tell me 1 de novembro de 2017 ás 18:36 (UTC)[responder]
MAGHOI: Hai categorías por anos, hai OK. --. HombreDHojalata.conversa 2 de novembro de 2017 ás 11:01 (UTC)[responder]

Erro lingüístico en modelo de ficha

Bo día. No modelo de ficha de Edificio hai unha das seccións que se chama |dirección =. Cumpriría cambiala por |Enderezo =. Grazas--Moedagalega (conversa) 2 de novembro de 2017 ás 13:32 (UTC)[responder]

@Moedagalega: Feito! Feito! Banjo tell me 2 de novembro de 2017 ás 13:40 (UTC)[responder]

Por qué non se considera a esta páxina lixo, pois Cataluña non é un país independente participante ao cal non lle corresponde ter esta páxina, no caso de corresponderlle tamén a tendrían que ter, polo menos Galicia e País Vasco.

Agardo a súa resposta.

🌍AshSXXI (conversa conmigo) 3 de novembro de 2017 ás 21:20 (UTC)[responder]

Engadir textos na caixa de edición

Boas, quería engadir uns textos na parte de abaixo da caixa de edición pero non son capaz. Os textos engádense en MediaWiki:Gadget-charinsert-core.js e na en.wiki din aquí como facer, probei na conta en inglés e funciona, pero aquí non, sabes como se pode facer? Saudos, Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 14:10 (UTC)[responder]

@Elisardojm: Recarga a caché e proba nuns minutos outra vez. Pode que fosen as comiñas. Banjo tell me 8 de novembro de 2017 ás 14:30 (UTC)[responder]
Nada, non consigo que funcione, pero creo que atopei outro trebello que me pode valer para o mesmo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 17:45 (UTC)[responder]

Erro en nome de artigo

Boas. Por un erro, acabo de crear o artigo Usuario:Praza Beestenmarkt (Delft). Cumpriría quitarlle ese Usuario: ao título. Moitas grazas. --Moedagalega (conversa) 10 de novembro de 2017 ás 10:11 (UTC)[responder]

@Moedagalega: Feito! Feito! Banjo tell me 10 de novembro de 2017 ás 11:05 (UTC)[responder]

BanjoBot 2.0

Respecto a Derivación (lingüística), cando sabemos se xa non é curto? Quedouse nalgo? = con MetamorfoseSobreira ►〓 parlez 10 de novembro de 2017 ás 12:34 (UTC)[responder]

@Sobreira: A grosso modo, máis de 2kb sen marcador ou {{en progreso}}, dependendo da cantidade de texto vs. código. Menos de 2kb {{curto de máis}} polo xeral. Banjo tell me 10 de novembro de 2017 ás 12:56 (UTC)[responder]

"editar datos en Wikidata"

Ola Banjero.

Cando poidas. Metínme nun xardín [4], que seguro, ti sabes facer que funcione.

Un millón. --. HombreDHojalata.conversa 15 de novembro de 2017 ás 09:12 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Feito! Feito! Banjo tell me 15 de novembro de 2017 ás 09:29 (UTC)[responder]
@HombreDHojalata: Falei antes de tempo, non aparece en tódolos artigos ligados a wikidata... reviso. Banjo tell me 15 de novembro de 2017 ás 09:34 (UTC)[responder]
Nin caso, estou durmido. Si funciona en todos os que teñen correspondente en wikidata. Banjo tell me 15 de novembro de 2017 ás 09:37 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Fantástico! Xa pensaba eu que o tema estaba en invocar ao Módulo:Wikibase. --. HombreDHojalata.conversa 15 de novembro de 2017 ás 10:23 (UTC)[responder]

O Peloponeso (península) e o Peloponeso (periferia)

Ola Banjo. A ver se lle podes botar unha ollada aos artigos Península do Peloponeso e Peloponeso (esta referida á periferia grega deste nome), e que está redirecccionada a Peloponeso, polo que non puiden facer a redirección, como nas outras wikis, ao artigo da península, e se o consideras oportuno, e podes, moito te agradecería que amañases este asunto. Grazas antecipadas. --XoioÉche o que hai 15 de novembro de 2017 ás 18:21 (UTC)[responder]

@Xoio: Feito! Feito! Banjo tell me 15 de novembro de 2017 ás 23:19 (UTC)[responder]

re:Gráfica visitas

Perdoa. Pensaba que con copiar o código estaba ben. Irei corrixindo o resto. Grazas.--MAGHOI (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 15:19 (UTC)[responder]

Modelo: Visitas

Boas Banjo, vexo que estas engadindo o modelo Visitas nas conversas dos artigos. Tomei a licenza de facer o mesmo con algúns artigos do Wikipedia:Wikiproxecto Rusia. Ten algún obxectivo concreto ou é para poñer en calquera artigo? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 16:12 (UTC)[responder]

Vale, preguntareilles a eles entón. Grazas! --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 16:19 (UTC)[responder]

Gráfica

Ola, Banjo e MAGHOI. Revisando agora os cambios recentes, discordo coa inclusión urbi et orbi da gráfica estatística das visitas nas conversas dos artigos. Paréceme ben en artigos sinalados/destacados/de especial relevancia, pero non a tutiplén. Amais, xa no propio historial de cada artigo hai unha ligazón que permite ver eses e outros datos a quen o desexe. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2017 ás 18:21 (UTC)[responder]

Concordo co indicado por Atobar, eu restrinxiría o seu uso ós que foron escollidos nalgunha votación pola comunidade. Pensaba que esa era a idea de HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 18:37 (UTC)[responder]
@Atobar: @Elisardojm: Descoñezo cal foi o criterio seguido polos diversos usuarios á hora de engadir a gráfica, eu limiteime a converter o código a un modelo. Deberíades comentalo co resto de usuarios que engadiron inicalmente a gráfica nos artigos. Banjo tell me 20 de novembro de 2017 ás 19:08 (UTC)[responder]
Vale. Pensei que debía ser un engadido máis. Tomo nota. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 19:10 (UTC)[responder]
Resolto entón. --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2017 ás 20:32 (UTC)[responder]

Commonscat en Sicose

Bo domingo Banjo. Vin as túas edición no artigo e quedaron moi ben. Non sei se a ficha doenza (nova) se podería completar. Pero tamén me fixei en que a ligazón de Commonscat leva a buscar por sicose, e non aparece nada, cando si se busca en inglés (sycosis) hai algunhas imaxes máis. Tentei arranxalo pero non fun quen.--Viascos (conversa) 26 de novembro de 2017 ás 11:37 (UTC)[responder]

@Viascos: Non existe a categoría en Commons, por iso dirixía á procura. Eliminei o modelo polo momento. Banjo tell me 26 de novembro de 2017 ás 11:42 (UTC)[responder]
Ok, pero si existe co termo sycosis, pensaba que habia un xeito de redirixir, ou hai que cambiar algo nalgures?, wikidata?--Viascos (conversa) 26 de novembro de 2017 ás 12:12 (UTC)[responder]
@Viascos:Non existe a páxina c:sycosis tampouco. Non adoitamos ligar coa procura de commons, nestes casos ó habitual é non incluír modelo, ata que haxa máis imaxes aló nunha categoría ou páxina. Banjo tell me 26 de novembro de 2017 ás 12:20 (UTC)[responder]
Entendido --Viascos (conversa) 26 de novembro de 2017 ás 13:02 (UTC)[responder]

Saúdos

Moitas grazas pola benvida Banjo, perdoa os meus primeiros artigos, fai tempo que non edito nun wiki e teño que porme as pilas.

Apertas. --Fralonsot (conversa) 27 de novembro de 2017 ás 08:38 (UTC)[responder]

Proposta de nova categoría

Bo día. Recentemente traducín varios artigos sobre edificios neerlandeses que teñen a condición de rijksmonument (tamén traducín o propio artigo Rijksmonument). Entre estes artigos e algún que xa estaba, hai agora máis de 20 entradas sobre edificios con esta condición. Someto, pois á túa/vosa consideración a oportunidade de crear a categoría Rijksmonument (que xa teñen outras versións idiomáticas), quizá localizada dentro da xa existente Arquitectura dos Países Baixos. Saúdos.--Moedagalega (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 08:58 (UTC)[responder]

@Moedagalega: Creei a Categoría:Rijksmonument, xa podes engadila ós artigos que creaches. Grazas! Banjo tell me 30 de novembro de 2017 ás 09:21 (UTC)[responder]

Modelo:Ficha de medallas

Boas Banjo. Cando teñas un momento poderías botarlle unha ollada a Ficha de medalla para ver por que me sae no lado esquerdo da pantalla en lugar do dereito? O modelo orixinal pódelo atopar en Plantilla:Ficha de medalla da wikipedia en castelán. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 17:39 (UTC)[responder]

Vale creo que xa o amañei eu. No código na primeira liña poñía class="infobox_v2 e mudeino por class="infobox e xa aparece no lado dereito. --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 17:43 (UTC)[responder]

Banjo perdoa que che veña de novo con isto. Estaba revisando a Categoría:Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros e vin que aparecía o Ficha de medalla, mais non sei por que... poderías botarlle unha ollada ao código a ver se atopas o erro ti? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 3 de decembro de 2017 ás 19:17 (UTC)[responder]

@AMPERIO: Feito! Feito! Banjo tell me 3 de decembro de 2017 ás 20:47 (UTC)[responder]

Fístula

Boas, fixen unha tradución de "fístula". Vin que non é válido. Aínda non houbo máis intervencións. Pódese marcar como lixo? Unhanova (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 11:10 (UTC)[responder]

@Unhanova: Feito! Feito! Banjo tell me 4 de decembro de 2017 ás 11:12 (UTC)[responder]

Sobre as caixas de información

Boas Banjo, recentemente vin que se está engadindo o modelo biografía en moitos artigos e que automaticamente enche os contidos desde wikidata. Poderíase engadir esta función a outros como ficha de nobre? --AMPERIO (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 18:43 (UTC)[responder]

@AMPERIO: Si, co modelo {{Propiedade}}. Coméntallo a Elisardojm, el traballou no modelo {{biografía}} con iso. Banjo tell me 4 de decembro de 2017 ás 18:48 (UTC)[responder]

Galifontes

Boas Banjo, vin que es administrador en Galifontes e non sei moi ben como funciona ese proxecto. No artigo Gonzalo López Abente hai un aviso para exportar alí un texto que aparece no corpo do artigo. Se podes facelo podemos eliminar xa o marcador do artigo. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 19:17 (UTC)[responder]

Cotovía

Boas!, mira, o outro día atopei esta páxina que ten un programa de lectura de páxinas en galego, e quería saber se se che ocorre algunha forma de integralo nas páxinas da Galipedia. O programa ten unha licenza GNU General Public License version 3.0 (GPLv3) que é compatible coa da Galipedia, polo que non habería problema nese senso. Eu conseguín engadir unha nova ligazón á caixa de ferramentas da esqueda, que liga a esa páxina, pero non sei que máis facer. Non sei como pasarlle parámetros, como un texto seleccionado ou o contido do artigo, nen se teñen unha especie de servizo web (se iso puidese ser unha solución podería falar cos da UVI para ver se poden facer algo ó respecto)... Ocórreseche algo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 02:17 (UTC)[responder]

@Elisardojm: Polo que vin a páxina téñena só a modo de demostración e para a descarga do propio programa, non o teñen definido como un servizo web. Sen unha API non se lle poden pasar parámetros, terían que engadir iso se é que teñen pensado adaptalo para o uso web directamente. Banjo tell me 12 de decembro de 2017 ás 07:13 (UTC)[responder]
Xa, pero a miña dúbida é, se eles fixeran un servizo web ou algo polo estilo, sabes se aquí na Galipedia poderíamos argallar algo para chamalos? Non sei, ó mellor un botón nos artigos (cun modelo propio da Galipedia, eu creo que podería facer un botón que chame a unha páxina web, o que non sei é se se poderá coller o texto que ten o artigo no que está ese botón para pasarllo a esa dirección web. A maiores, podería pasarse como parámetro o contido dun artigo de calidade?! ) ou unha ligazón na caixa de ferramentas... Primeiro quero saber se nós poderíamos argallar algo que puidese funcionar así, e, se somos capaces, contactar despois coa UVI para ver se eles poderían facer un servizo dese tipo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 10:15 (UTC)[responder]
@Elisardojm: Depende do que queran ou podan facer eles. Xerar unha ligazón con X parámetros de forma automática é doado, a cuestión é se eles poden (ou queren) facer unha API que tome os datos da páxina da Gali que se lle pase directamente pola URL xerada, e utilizar iso no seu lector directamente. Eles mellor ca min poden dicirche ata que punto poderiamos facer algo así, a nosa parte sería probablemente a máis doada de todo o tema. Banjo tell me 12 de decembro de 2017 ás 10:28 (UTC)[responder]
Vale, pois entón voume poñer en contacto con eles a ver o que din, grazas. Xa che contarei como vai o conto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 10:57 (UTC)[responder]

Edición desfeita

Ola Banjo. Vexo que desfixeches a miña edición de Charles Edouard Guillaume. Hai algún problema? Fíxate que no texto se indica que foi Nobel de Física e na caixiña do modelo se indica que de Química. Mirei nas listaxes das dúas ciencias e o que resulta correcto é o Nobel de Física, pois o Nobel de Química de 1920 foi Walther Hermann Nernst. De non ser por iso e ser por outra cousa, avísame, por favor. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 21:19 (UTC)[responder]

@MAGHOI: Desfixen esta edición porque rachou o formato da caixa, modificou código de forma innecesaria, engadiu código html sobrante e eliminou varias categorías. Queda correxido na caixa o premio correcto. Banjo tell me 12 de decembro de 2017 ás 21:35 (UTC)[responder]
Grazas pola aclaración.--MAGHOI (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 22:54 (UTC)[responder]

Modelo Biografía ou Escritor?

Ola, Banjo. Onte coloquei varias ducias de modelos biografía en entradas de escritores estranxeiros e do resto do Estado. Despois caín na conta de que tamén existe o modelo Escritor. Hai algún criterio? En principio, o de biografía paréceme máis completo, pero non estou de todo certo. Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13 de decembro de 2017 ás 11:52 (UTC)[responder]

@Atobar: Tal e como están agora mesmo calquera dos dous vale. Non hai un criterio fixo, en principio {{Escritor}} debería ser o específico para autores e {{biografía}} o xeral para o resto, pero comparten a maioría ou tódolos campos, creo que andaba Elisardojm traballando niso. Se podes meterlle o preciso en cada caso mellor, pero non hai maior problema en principio por usar un ou outro. Banjo tell me 13 de decembro de 2017 ás 11:56 (UTC)[responder]
@Atobar:, eu non sei gran cousa, engadín a información de wikidata ós dous pero simplemente porque xa existían. Agora mesmo non sei cal ten máis datos e cal menos, o modelo escritor tiña algunha información específica pero pouca (pero que tamén se pode engadir no modelo biografía). HDH xa comentara que ó mellor estes modelos debería fusionarse, pero polo momento están así... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 12:29 (UTC)[responder]
Eu penso que o mellor é simplificar e usar só o modelo Biografía para todas as persoas, cumprimentando os datos en Wikidata para que quede axeitado. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de decembro de 2017 ás 12:38 (UTC)[responder]
@Atobar: e @Estevoaei:, este tema xa o falei con HombreDHojalata e Norrin strange en Conversa_modelo:Actor#Directores, o problema é que ter un modelo con tódolos detalles de cada tipo de persoeiro sería monstruoso. Quizais un apaño intermedio sería o mellor, pero todo se pode falar..., e iso si, este cambio daría bastante cholliño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 13:40 (UTC)[responder]
Bardante 4 ou 5 casos co modelo Escritores, as outras 40 ou 50 entradas de autores que toquei foi para inserir o modelo Biografía. Creo que seguirei nesa liña, polo motivos que expondes aquí mesmo. Eu tamén creo que no futuro deberiamos tender a unificar nun modelo. Coido que nunca sobran datos (cónxuxes, tendencias, premios, datas e lugares de nacenza e defunción...), sexan dunha bióloga ou dun dramaturgo. Grazas pola axuda. --Atobar (conversa comigo) 13 de decembro de 2017 ás 14:59 (UTC)[responder]