Armiño: Diferenzas entre revisións
m →top: Arranxos varios |
m Estepa (bioma) |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
| range_map2_caption = Distribución no mundo<br/>(verde: nativa, vermello: introducida) |
| range_map2_caption = Distribución no mundo<br/>(verde: nativa, vermello: introducida) |
||
}} |
}} |
||
O '''armiño''' ou '''doniña branca''' ('''''Mustela erminea''''') é unha [[especie]] de [[mustélido]] moi espallado por [[Europa]]. É un dos [[Carnivora|carnívoros]] máis pequenos do mundo; viven nos bosques e nas [[ |
O '''armiño''' ou '''doniña branca''' ('''''Mustela erminea''''') é unha [[especie]] de [[mustélido]] moi espallado por [[Europa]]. É un dos [[Carnivora|carnívoros]] máis pequenos do mundo; viven nos bosques e nas [[Estepa (bioma)|estepas]]; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu fogar baixo unha morea de pedras ou nun [[tobo]] coidadosamente agochado no corazón dunha matogueira espiñenta. Parece ser que as [[sebe]]s son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de [[roedor]]es, que axexa ata dentro das seus tobos. |
||
Malia ser un dos carnívoros máis pequenos do mundo, é tamén un dos máis sanguinarios. O armiño ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible. |
Malia ser un dos carnívoros máis pequenos do mundo, é tamén un dos máis sanguinarios. O armiño ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible. |
Revisión como estaba o 12 de decembro de 2017 ás 04:28
Armiño | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Mustela erminea (Carl von Linné, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Distribución en Galiza
| |||||||||||||||||||||||||
Distribución no mundo
(verde: nativa, vermello: introducida) |
O armiño ou doniña branca (Mustela erminea) é unha especie de mustélido moi espallado por Europa. É un dos carnívoros máis pequenos do mundo; viven nos bosques e nas estepas; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu fogar baixo unha morea de pedras ou nun tobo coidadosamente agochado no corazón dunha matogueira espiñenta. Parece ser que as sebes son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de roedores, que axexa ata dentro das seus tobos.
Malia ser un dos carnívoros máis pequenos do mundo, é tamén un dos máis sanguinarios. O armiño ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible. No verán, a súa pelaxe tórnase parda no lombo e branca ou branca amarelenta en todo el ou soamente en parte. Mais sempre conserva o extremo da súa longa cola de cor negra, o que é en toda época un bo trazo para a súa identificación. O seu peso varía entre os 100 e os 300 gramos.
Nunca se puido afirmar que o armiño sexa nocturno, ou pola contra diúrno, xa que é imposible observalo en todo momento do día ou da noite. Pasa o día en varias fases de actividade entrecurtada por períodos de sono máis ou menos prolongados. O armiño é terrestre e non rube, aínda que está dotado dunha grande axilidade. Nas chairas e nas rexións meridionais, conserva a súa pelaxe marrón co bandullo branco durante todo o ano. Na montaña e nas rexións máis frías muda de cor logo da súa muda de outono, tornándose enteiramente branco. Soamente o pincel de pelos que adorna o remate da súa cola permanece sempre negro.
Antigamente cazábase ao armiño pola súa suave pel, dunha gran calidade, e da que se confeccionaban abrigos. Actualmente, existe a tendencia de substituír a pel do armiño pola de visón americano, igualmente fermoso mais non tan custoso.
Notas
- ↑ Reid, F. & Helgen, K. (2008). "Mustela erminea". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 21 March 2009. Database entry includes a brief justification of why this species is of least concern
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Armiño |