Alfred Russel Wallace: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
Liña 3: Liña 3:
|data_de_falecemento = [[7 de novembro]] de [[1913]] (90 anos)
|data_de_falecemento = [[7 de novembro]] de [[1913]] (90 anos)
}}
}}
'''Alfred Russel Wallace''', nado en Usk ([[Monmouthshire]]) o [[8 de xaneiro]] de [[1823]] e finado en [[Broadstone]] ([[Dorset]]) o [[7 de novembro]] de [[1913]], foi un [[naturalismo|naturalista]] explorador e [[biólogo]], [[xeografía|xeógrafo]] e [[antropoloxía|antropólogo]] [[Gales|galés]] e [[Inglaterra|inglés]]. Wallace é coñecido sobre todo por desenvolver el só o concepto de [[evolución]] por [[selección natural]], central na teoría biolóxica da [[evolución biolóxica|evolución]], e publicalo en conxunto con [[Charles Darwin]] en 1858.<ref name="ontendency">{{cite web|last=Wallace |first=Alfred |title=On the Tendency of Varieties to Depart Indefinitely From the Original Type |url=http://www.wku.edu/~smithch/wallace/S043.htm |publisher=The Alfred Russel Wallace Page, [[Western Kentucky University]]|archiveurl=https://web.archive.org/web/20070429183411/http://www.wku.edu/~smithch/wallace/S043.htm |archivedate=29 de abril de 2007}}</ref> Foi pioneiro na [[bioxeografía]] [[evolución|evolutiva]].<ref>{{Cita web|url=http://wallacefund.info/|título=
'''Alfred Russel Wallace''', nado en Usk ([[Monmouthshire]]) o [[8 de xaneiro]] de [[1823]] e finado en [[Broadstone]] ([[Dorset]]) o [[7 de novembro]] de [[1913]], foi un [[naturalismo|naturalista]] explorador e [[biólogo]], [[xeografía|xeógrafo]] e [[antropoloxía|antropólogo]] [[Gales|galés]] e [[Inglaterra|inglés]]. Wallace é coñecido sobre todo por desenvolver el só o concepto de [[evolución]] por [[selección natural]], central na teoría biolóxica da [[evolución biolóxica|evolución]], e publicalo en conxunto con [[Charles Darwin]] en 1858.<ref name="ontendency">{{Cita web|last=Wallace |first=Alfred |title=On the Tendency of Varieties to Depart Indefinitely From the Original Type |url=http://www.wku.edu/~smithch/wallace/S043.htm |publisher=The Alfred Russel Wallace Page, [[Western Kentucky University]]|archiveurl=https://web.archive.org/web/20070429183411/http://www.wku.edu/~smithch/wallace/S043.htm |archivedate=29 de abril de 2007}}</ref> Foi pioneiro na [[bioxeografía]] [[evolución|evolutiva]].<ref>{{Cita web|url=http://wallacefund.info/|título=
The Alfred Russel Wallace Website}}</ref>
The Alfred Russel Wallace Website}}</ref>


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
En 1855 Wallace publicou un artigo titulado «Sobre da lei que regulou a introdución de novas especies»<ref>En [[lingua inglesa|inglés]], [http://www.victorianweb.org/science/science_texts/wallace_law.html "On the law which has regulated the introduction of new species"].</ref>onde achega probas de que as especies orixínanse a partir doutras veciñas semellantes, cuestión que xa formulara anos atrás a partir das súas observacións dos monos suramericanos, pero que agora resolvía con multitude de probas na coñecida como lei de Sarawak por redactala nesa illa; un principio fundamental na nova ciencia da bioxeografía. A pesar disto, non se atreveu daquela a propoñer ningún mecanismo que explique como as especies cambian. Sobre iso escribe tres anos máis tarde nun novo ensaio de Ternate, «Sobre a tendencia das variedades a apartarse indefinidamente do tipo orixinal»<ref>En [[lingua inglesa|inglés]] "[http://www.pbs.org/wgbh/evolution/library/02/6/text_pop/l_026_01.html On the tendency of varieties to depart indefinitely from the original type]". </ref>, no que destaca a "presión ambiental" como causa de que unicamente sobrevivan as "variedades superiores" baixo as "circunstancias favorables", mentres que as "feblemente organizadas" sofren a extinción<ref>{{Cita libro|título = On the tendency of species to form varieties; and on the perpetuation of varieties and species by natural means of selection.|apelidos = Darwin|nome = Charles R.|editorial = Journal of the Proceedings of the Linnean Society of London. Zoology 3 (20 August): 45-50.|ano = 1858|ISBN = |ref = |apelidos2 = Wallace|nome2 = Alfred R.|url = http://wallace-online.org/content/frameset?pageseq=1&itemID=S043&viewtype=text}}</ref>. A equivalencia co mecanismo explicativo da transmutación das especies nomeado "selección natural" por Darwin é evidente. Asemade, ambos autores empregan o termo "loita pola vida" e, aínda que con distinta profundidade, ambos comparan o mecanismo coa cría de animais domésticos. Wallace remitiu o artigo a [[Charles Darwin|Darwin]] para a súa revisión. Cando este o leu atopouse co que cualificou de mellor resumo imaxinable das ideas que el mesmo levaba xestando traballosamente desde facía máis de vinte anos. Tras consultar con [[Charles Lyell]] e o propio Wallace, Darwin realizou unha presentación pública ante a [[Sociedade Linneana de Londres]], acreditando a Wallace como codescubridor.
En 1855 Wallace publicou un artigo titulado «Sobre da lei que regulou a introdución de novas especies»<ref>En [[lingua inglesa|inglés]], [http://www.victorianweb.org/science/science_texts/wallace_law.html "On the law which has regulated the introduction of new species"].</ref> onde achega probas de que as especies orixínanse a partir doutras veciñas semellantes, cuestión que xa formulara anos atrás a partir das súas observacións dos monos suramericanos, pero que agora resolvía con multitude de probas na coñecida como lei de Sarawak por redactala nesa illa; un principio fundamental na nova ciencia da bioxeografía. A pesar disto, non se atreveu daquela a propoñer ningún mecanismo que explique como as especies cambian. Sobre iso escribe tres anos máis tarde nun novo ensaio de Ternate, «Sobre a tendencia das variedades a apartarse indefinidamente do tipo orixinal»<ref>En [[lingua inglesa|inglés]] "[http://www.pbs.org/wgbh/evolution/library/02/6/text_pop/l_026_01.html On the tendency of varieties to depart indefinitely from the original type]".</ref>, no que destaca a "presión ambiental" como causa de que unicamente sobrevivan as "variedades superiores" baixo as "circunstancias favorables", mentres que as "feblemente organizadas" sofren a extinción<ref>{{Cita libro|título = On the tendency of species to form varieties; and on the perpetuation of varieties and species by natural means of selection.|apelidos = Darwin|nome = Charles R.|editorial = Journal of the Proceedings of the Linnean Society of London. Zoology 3 (20 August): 45-50.|ano = 1858|ISBN = |ref = |apelidos2 = Wallace|nome2 = Alfred R.|url = http://wallace-online.org/content/frameset?pageseq=1&itemID=S043&viewtype=text}}</ref>. A equivalencia co mecanismo explicativo da transmutación das especies nomeado "selección natural" por Darwin é evidente. Asemade, ambos autores empregan o termo "loita pola vida" e, aínda que con distinta profundidade, ambos comparan o mecanismo coa cría de animais domésticos. Wallace remitiu o artigo a [[Charles Darwin|Darwin]] para a súa revisión. Cando este o leu atopouse co que cualificou de mellor resumo imaxinable das ideas que el mesmo levaba xestando traballosamente desde facía máis de vinte anos. Tras consultar con [[Charles Lyell]] e o propio Wallace, Darwin realizou unha presentación pública ante a [[Sociedade Linneana de Londres]], acreditando a Wallace como codescubridor.


Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.
Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.

Revisión como estaba o 6 de decembro de 2017 ás 20:37

Infotaula de personaAlfred Russel Wallace

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1823 Editar o valor em Wikidata
Brynbuga Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 1913 (90 anos)
Broadstone (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónBirkbeck College
Richard Hale School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioxeografía, evolución, naturalismo, bioloxía e xeografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , apicultor , xeógrafo , entomólogo , botánico , escritor , viaxeiro polo mundo , coleccionista de animais , ornitólogo , naturalista , biólogo , anti-vaccine activist (en) Traducir , explorador , zoólogo , antropólogo , coleccionista de plantas Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enBiology of colour (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaWallace Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnnie Mitten (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisThomas Vere Wallace (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mary Anne Greenell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webwallacefund.info Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: e4118983-eedc-447c-b650-6e8db2968692 WikiTree: Wallace-13740 Find a Grave: 6416 Editar o valor em Wikidata

Alfred Russel Wallace, nado en Usk (Monmouthshire) o 8 de xaneiro de 1823 e finado en Broadstone (Dorset) o 7 de novembro de 1913, foi un naturalista explorador e biólogo, xeógrafo e antropólogo galés e inglés. Wallace é coñecido sobre todo por desenvolver el só o concepto de evolución por selección natural, central na teoría biolóxica da evolución, e publicalo en conxunto con Charles Darwin en 1858.[1] Foi pioneiro na bioxeografía evolutiva.[2]

Traxectoria

En 1855 Wallace publicou un artigo titulado «Sobre da lei que regulou a introdución de novas especies»[3] onde achega probas de que as especies orixínanse a partir doutras veciñas semellantes, cuestión que xa formulara anos atrás a partir das súas observacións dos monos suramericanos, pero que agora resolvía con multitude de probas na coñecida como lei de Sarawak por redactala nesa illa; un principio fundamental na nova ciencia da bioxeografía. A pesar disto, non se atreveu daquela a propoñer ningún mecanismo que explique como as especies cambian. Sobre iso escribe tres anos máis tarde nun novo ensaio de Ternate, «Sobre a tendencia das variedades a apartarse indefinidamente do tipo orixinal»[4], no que destaca a "presión ambiental" como causa de que unicamente sobrevivan as "variedades superiores" baixo as "circunstancias favorables", mentres que as "feblemente organizadas" sofren a extinción[5]. A equivalencia co mecanismo explicativo da transmutación das especies nomeado "selección natural" por Darwin é evidente. Asemade, ambos autores empregan o termo "loita pola vida" e, aínda que con distinta profundidade, ambos comparan o mecanismo coa cría de animais domésticos. Wallace remitiu o artigo a Darwin para a súa revisión. Cando este o leu atopouse co que cualificou de mellor resumo imaxinable das ideas que el mesmo levaba xestando traballosamente desde facía máis de vinte anos. Tras consultar con Charles Lyell e o propio Wallace, Darwin realizou unha presentación pública ante a Sociedade Linneana de Londres, acreditando a Wallace como codescubridor.

Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.

Wallace foi un naturalista viaxeiro, como moitos na súa época. Na súa primeira viaxe acompañou ao seu coñecido Henry Bates á Amazonia. Henry Bates era un afeccionado á entomoloxía, e coñeceu a Wallace no 1844, cando se trasladara a Leicester para traballar coma profesor. Ambos viron a oportunidade de gañarse a vida mediante a venda de animais e plantas a institucións e coleccións privadas da época. Así no 1848 iniciaron o seu percorrido por Sudamerica, percorrendo o Río Amazonas e o Río Negro. Simultaneamente comezaba as súas observacións e traballos coma naturalista.

Entre 1854 e 1862, época do achado da selección natural, viaxou por Insulindia, o arquipélago Malaio, recollendo espécimes. Wallace recolleu as súas experiencias no libro O archipelago de Malaia[6][7], publicado en 1869. Unha achega sinalada e duradeira deste período é o estabelecemento da que logo se coñeceu como liña de Wallace, un límite bioxeográfico moi preciso que separa as rexións bioxeográficas Australiana e Oriental asiática, moi diferenciadas, e que pasa entre as illas da Sonda, Nova Guinea e as Célebes, por unha banda, e Xava, Borneo e Filipinas por outra. A Wallace considérase como un dos principais fundadores da bioxeografía.

Wallace desenvolveu co tempo unha tendencia mística que condicionou a súa interpretación do proceso evolutivo, sobre todo no referente á evolución humana, interesándose cada vez máis polo espiritismo. Así, a pesar dunha férrea defensa da selección natural, sen tantas concesións coma o propio Darwin, non compartía con este a idea da selección sexual por considerarse que xogara un importante papel na evolución humana e tampouco aceptaría que a selección natural afectase ao sistema nervioso central.

Notas

  1. Wallace, Alfred. "On the Tendency of Varieties to Depart Indefinitely From the Original Type". The Alfred Russel Wallace Page, Western Kentucky University. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2007. 
  2. "The Alfred Russel Wallace Website". 
  3. En inglés, "On the law which has regulated the introduction of new species".
  4. En inglés "On the tendency of varieties to depart indefinitely from the original type".
  5. Darwin, Charles R.; Wallace, Alfred R. (1858). On the tendency of species to form varieties; and on the perpetuation of varieties and species by natural means of selection. Journal of the Proceedings of the Linnean Society of London. Zoology 3 (20 August): 45-50. 
  6. Wallace, Alfred Russel (1869). Harper and Brothers, Publishers, ed. The Malay Archipelago [O Arquipélago Malaio] (en inglés). New York. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  7. "Wallace Online". wallace-online.org. Consultado o 2015-11-24. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas