Daniel Radcliffe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Cine: Título galego
Liña 60: Liña 60:
|
|
|-
|-
| ''[[December Boys]]''
| ''[[Os rapaces de decembro]]''
| Maps
| Maps
|
|

Revisión como estaba o 6 de decembro de 2017 ás 09:57

Modelo:Actor Daniel Jacob Radcliffe, nado en Fulham (Londres) o 23 de xullo de 1989 é un actor inglés, coñecido por interpretar o personaxe protagonista da saga Harry Potter, baseada nas novelas da escritora J. K. Rowling, cuxos libros se converteron nun grande éxito mundial.

Traxectoria

Desde moi cativo quixo ser actor e debutou en 1999 dando vida a David Copperfield na película homónima para televisión. En 2001 interpretou un pequeno papel en The Tailor of Panama, no papel de fillo de Geoffrey Rush e Jamie Lee Curtis.

Durante esa rodaxe, a súa nai na ficción soubo da preprodución de Harry Potter e a pedra filosofal e animou a Radcliffe a presentarse ás audicións. Os seus pais pensaron que sería un proceso demasiado duro e frustrante en caso de fracasar, así que non lle deixaron facelo. Malia isto, os guionistas da película, que coñecían o pai, vírono no patio de butacas durante a representación dunha obra de teatro. No descanso achegáronse a falar co neno e cos pais, e insistiron en que se presentase ás audicións. Finalmente acudiu e foi escollido.

Desde aquela interpretou a Harry James Potter en todas as películas da saga, recibindo varios premios e nomeamentos polo seu traballo.

Filmografía

Cine

Ano Título Papel Notas
2001 The Tailor of Panama Mark Pendel
Harry Potter e a pedra filosofal Harry Potter
2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos
2004 Harry Potter e o preso de Azkaban
2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo
2007 Harry Potter e a Orde do Fénix
Os rapaces de decembro Maps
2009 Harry Potter e o misterio do príncipe Harry Potter
2010 Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1
2011 Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 2
2012 The Woman in Black Arthur Kipps
2013 Kill Your Darlings Allen Ginsberg
2013 The F Word Wallace
2014 Horns Ig Perrish
2015 Victor Frankenstein Igor
2015 Trainwreck
2015 Brooklyn Bridge
2016 Now you see me: The second act
2016 The Gamechangers

Teatro

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas