Orquestra Mallo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
{{listaref}}; arranxiños
Liña 14: Liña 14:
== Músicos relevantes ==
== Músicos relevantes ==
* '''Manuel Iglesias Brea''': antigo músico solista da banda municipal da Coruña e mestre de contrabaixo do conservatorio superior de música da Coruña.
* '''Manuel Iglesias Brea''': antigo músico solista da banda municipal da Coruña e mestre de contrabaixo do conservatorio superior de música da Coruña.
* '''[[Arturo García González|Arturo Goncerlián]]'''<ref>[http://datos.bne.es/persona/XX871467.html Ficha] na web da BNE.</ref>: pianista coruñés do século XX.
* '''[[Arturo Goncerlián]]'''<ref>[http://datos.bne.es/persona/XX871467.html Ficha] na web da BNE.</ref>: pianista coruñés do século XX.
* '''Enrique Sanz''': antigo mestre de violín do conservatorio superior de música da Coruña.
* '''Enrique Sanz''': antigo mestre de violín do conservatorio superior de música da Coruña.
* '''Justino Prieto Rodríguez''': ex trompeta solista da banda municipal da Coruña e trompeta primeira en diversas orquestras da época dourada coma Los Satélites ou Los Españoles.
* '''Justino Prieto Rodríguez''': ex trompeta solista da banda municipal da Coruña e trompeta primeira en diversas orquestras da época dourada coma Los Satélites ou Los Españoles.

Revisión como estaba o 5 de decembro de 2017 ás 14:34


A Orquesta Mallo é un conxunto musical fundado na Coruña en 1930 polo acordeonista de Carballo Antonio Mallo. É unha das orquestras máis antigas de Galiza, e a súa actividade só se viu interrompida pola guerra civil española. Consolidada e independente, a Mallo é unha das orquestras máis salientables do panorama galego.

Historia

Dende que Antonio Mallo a fundou, o signo de identificación da orquestra é o acordeón. A testemuña dista tradición musical, que na familia Mallo data do século XIX, foi seguida polo seu sucesor e sobriño, Juan Mallo, que continúa na actualidade dando vida ós antigos costumes acordeonísticos da orquestra. A primeira formación da orquestra Mallo no ano 1930 contou cun dos vocalistas máis famosos da época, Pucho Portela, un saxo, un trompeta e o pianista ferrolano Cerdeiriña, premiado polo Conservatorio de París. Dende este intre a Orquesta Mallo comeza a frecuentar diversas salas e cafés-teatro da época chegando a inaugurar a Sala de festas “O Seixal” (agora xa pechada), unha das pistas máis modernas da vida social coruñesa naqueles tempos.

No ano 1936 a Orquestra Mallo cesa temporalmente a súa actividade musical por mor da guerra civil española, ata que no ano 1940 volve a organizarse, nesa ocasión con Antonio Mallo como líder, Virgilio, José Illañez, Arturo Goncerlián e Pucho Portela de violinista. Nesta etapa actuarán por toda España nos cafés-teatros en Bilbao, Barcelona, Toledo, León e na propia Galiza. Na década dos 50, Antonio Mallo e a súa orquestra reúnen por primeira vez aos tres irmáns: Antonio Mallo, Juan e Daniel Mallo. Formará tamén parte da Orquestra Mallo Pucho Boedo, antes de que este formase parte da orquestra Los Satélites, Os Trovadores e chegase a súa fama co grupo vocal Os Tamara. Comeza así a época dorada da orquesta de Antonio Mallo. Durante os anos 1960, 1961 e 1962 continúan os tres acordeonistas levantando o fervor popular, e fanse famosas as súas actuacións no Kiosko Afonso da Coruña e en diversas vilas e salas de Galiza. Crease a primeira Big Band á americana con catorce músicos: tres acordeonistas, unha sección de metal de oito compoñentes, repartida en catro saxofonistas, tres trompetistas, un trombonista, e dos membros na parte rítmica, cun contrabaxista, un batería e unha voz solista á fronte. En 1963, morre en accidente de caza, Juan Mallo, o mediano dos irmáns Mallo. Dende 1964 ata 1969 continúan as actuacións e incorpóranse as voces solistas de Pepe e Raimundo Pita.

Na década dos setenta un dos hoteis máis importantes da cidade da Coruña, o Finisterre, solicita os servizos da Orquestra Mallo e no 1973, xubílase unha das voces míticas da orquesta Mallo, Raimundo Pita, que permaneceu na orquestra durante vinte anos. No 1974 as voces deixaron unha pegada na Orquesta Mallo, Raimundo Pita e Melchor Rodó. Este último que foi ademais gañador na 1982 do concurso nacional Gente Joven da TVE. Tras 45 anos de dirección musical xubílase Antonio Mallo e continúa coa dirección da orquestra Daniel Mallo, incorporando como pianista ao seu fillo Juan. Na década dos oitenta continúan as actuacións e o éxito da Orquesta Mallo.

En 1985 Daniel Mallo abandona a participación activa na orquestra, e faise cargo da mesma o seu fillo Juan Mallo, iniciándose con el un período de renovación musical. Na actualidade, a Orquesta Mallo segue coas súas actuacións, tocando temas orixinais dos tres irmáns, facendo festa adaptada a todo o público, pero sen deixar de lado as antigas tradicións acordeonísticas da nosa cultura e guiado sempre polo sucesor da tradición da familia Mallo, o músico Juan Mallo.

Músicos relevantes

  • Manuel Iglesias Brea: antigo músico solista da banda municipal da Coruña e mestre de contrabaixo do conservatorio superior de música da Coruña.
  • Arturo Goncerlián[1]: pianista coruñés do século XX.
  • Enrique Sanz: antigo mestre de violín do conservatorio superior de música da Coruña.
  • Justino Prieto Rodríguez: ex trompeta solista da banda municipal da Coruña e trompeta primeira en diversas orquestras da época dourada coma Los Satélites ou Los Españoles.
  • Pucho Portela: cantante violinista e showman, traballou nas mellores orquestras da primeira metade do século XX, formou un dúo co pianista barcelonés Masmitjá e máis tarde fundaría a súa propia orquestra e o Playa Club da Coruña.
  • Raimundo Pita: vocalista e Seña de identidade da Orquestra Mallo durante a década dos cincuenta e sesenta.
  • Melchor Rodó: gañador en voz masculina de “Canción balada” na década de 1970 do concurso nacional Gente Joven en TVE.
  • Pucho Boedo: coruñés, líder vocal dos Tamara e voz característica do carácter galego no século XX.

A orquestra na cultura popular

A orquestra aparece mencionada en varias obras literarias:

  • Rivas, M. (1995): Que me queres, amor?. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-027-6. Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996.
  • Souto, X. (1991): Apólogo Orquestral Pangalaico "A orquestra Mallo, a saga do Mariscal", na Revista oficial da RTVG nº 14 xaneiro de 1991.
  • Souto, X.: "La verbena interminal" revista Antena Semanal.
  • "Introito dos Poceiros a Delfín Barral, Acordeóns Poderosos" Revista da CRTVG.
  • Diversas actuacións na TVG nos programas Gran Casino, Ruada, Dende Galicia para o mundo e Luar, dirixidos por Xosé Ramón Gayoso.

Notas

  1. Ficha na web da BNE.

Véxase tamén

Ligazóns externas