Orquestra Mallo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 14: Liña 14:
== Músicos releventes ==
== Músicos releventes ==
* '''Manuel Iglesias Brea''': antigo músico solista da banda municipal da Coruña e mestre de contrabaixo do conservatorio superior de música da Coruña.
* '''Manuel Iglesias Brea''': antigo músico solista da banda municipal da Coruña e mestre de contrabaixo do conservatorio superior de música da Coruña.
* '''[[Arturo Goncerlián]] (seudónimo de Arturo García González)''': Relevante pianista coruñés do século XX.
* '''[[Arturo Goncerlián]] (seud de Arturo García González)''': Relevante pianista coruñés do século XX.
* '''Enrique Sanz''': Antigo mestre de violín do conservatorio superior de música da Coruña
* '''Enrique Sanz''': Antigo mestre de violín do conservatorio superior de música da Coruña
* '''Justino Prieto Rodríguez''': Ex trompeta solista da banda municipal da Coruña e trompeta primeira en diversas orquestras da época dourada coma Los Satélites ou Los Españoles.
* '''Justino Prieto Rodríguez''': Ex trompeta solista da banda municipal da Coruña e trompeta primeira en diversas orquestras da época dourada coma Los Satélites ou Los Españoles.

Revisión como estaba o 5 de decembro de 2017 ás 12:46


A Orquesta Mallo foi fundada na cidade da Coruña no ano 1930 polo acordeonista galego, de Carballo Antonio Mallo. É unha das orquestras máis antigas de Galiza e funcionou dende os anos 30 ata hoxe, interrompida unicamente pola guerra civil española. Consolidada e independente a Mallo é unha das orquestras máis salientables do panorama galego.

Historia

Dende que Antonio Mallo a fundou, o signo de identificación da orquestra é o acordeón. A testemuña dista tradición musical, que na familia Mallo data do século XIX, foi seguida polo seu sucesor e sobriño, Juan Mallo, que continúa na actualidade dando vida ós antigos costumes acordeonísticos da orquestra. A primeira formación da orquestra Mallo no ano 1930 contou cun dos vocalistas máis famosos da época, Pucho Portela, un saxo, un trompeta e o pianista ferrolano Cerdeiriña, premiado polo Conservatorio de París. Dende este intre a Orquesta Mallo comeza a frecuentar diversas salas e cafés-teatro da época chegando a inaugurar a Sala de festas “O Seixal” (agora xa pechada), unha das pistas máis modernas da vida social coruñesa naqueles tempos.

No ano 1936 a Orquestra Mallo cesa temporalmente a súa actividade musical por mor da guerra civil española, ata que no ano 1940 volve a organizarse, nesa ocasión con Antonio Mallo como líder, Virgilio, José Illañez, Arturo Goncerlián e Pucho Portela de violinista. Nesta etapa actuarán por toda España nos cafés-teatros en Bilbao, Barcelona, Toledo, León e na propia Galiza. Na década dos 50, Antonio Mallo e a súa orquestra reúnen por primeira vez aos tres irmáns: Antonio Mallo, Juan e Daniel Mallo. Formará tamén parte da Orquestra Mallo Pucho Boedo, antes de que este formase parte da orquestra Los Satélites, Os Trovadores e chegase a súa fama co grupo vocal Os Tamara. Comeza así a época dorada da orquesta de Antonio Mallo. Durante os anos 1960, 1961 e 1962 continúan os tres acordeonistas levantando o fervor popular, e fanse famosas as súas actuacións no Kiosko Afonso da Coruña e en diversas vilas e salas de Galiza. Crease a primeira Big Band á americana con catorce músicos: tres acordeonistas, unha sección de metal de oito compoñentes, repartida en catro saxofonistas, tres trompetistas, un trombonista, e dos membros na parte rítmica, cun contrabaxista, un batería e unha voz solista á fronte. En 1963, morre en accidente de caza, Juan Mallo, o mediano dos irmáns Mallo. Dende 1964 ata 1969 continúan as actuacións e incorpóranse as voces solistas de Pepe e Raimundo Pita.

Na década dos setenta un dos hoteis máis importantes da cidade da Coruña, o Finisterre, solicita os servizos da Orquestra Mallo e no 1973, xubílase unha das voces míticas da orquesta Mallo, Raimundo Pita, que permaneceu na orquestra durante vinte anos. No 1974 as voces deixaron unha pegada na Orquesta Mallo, Raimundo Pita e Melchor Rodó. Este último que foi ademais gañador na 1982 do concurso nacional “Gente Joven” da TVE, sendo gañadora nese mesmo ano María del Monte. Tras 45 anos de dirección musical xubílase Antonio Mallo e continúa coa dirección da orquestra Daniel Mallo, incorporando como pianista ao seu fillo Juan. Na década dos oitenta continúan as actuacións e o éxito da Orquesta Mallo.

En 1985 Daniel Mallo abandona a participación activa na orquestra, e faise cargo da mesma o seu fillo Juan Mallo, iniciándose con el un período de renovación musical. Na actualidade, a Orquesta Mallo segue coas súas actuacións, tocando temas orixinais dos tres irmáns, facendo festa adaptada a todo o público, pero sen deixar de lado as antigas tradicións acordeonísticas da nosa cultura e guiado sempre polo sucesor da tradición da familia Mallo, o músico Juan Mallo.

Músicos releventes

  • Manuel Iglesias Brea: antigo músico solista da banda municipal da Coruña e mestre de contrabaixo do conservatorio superior de música da Coruña.
  • Arturo Goncerlián (seud de Arturo García González): Relevante pianista coruñés do século XX.
  • Enrique Sanz: Antigo mestre de violín do conservatorio superior de música da Coruña
  • Justino Prieto Rodríguez: Ex trompeta solista da banda municipal da Coruña e trompeta primeira en diversas orquestras da época dourada coma Los Satélites ou Los Españoles.
  • Pucho Portela: Cantante violinista e showman, traballou nas mellores orquestras da primeira metade do século XX, formou un dúo co que viaxou por toda a Península Ibérica co pianista barcelonés Masmitjá e máis tarde fundaría a súa propia orquestra e o Playa Club da Coruña.
  • Raimundo Pita: Vocalista e Seña de identidade da Orquestra Mallo durante a década dos cincuenta e sesenta.
  • Melchor Rodó: Gañador en voz masculina de “Canción balada” na década dos 70 do concurso nacional “Gente Joven” en TVE, sendo gañadora feminina nese mesmo ano María del Monte.
  • Pucho Boedo: Coruñés, líder vocal dos Tamara e voz característica do carácter galego no século XX.

A orquestra na cultura popular

A orquestra aparece mencionada en varias obras literarias:

  • Manuel Rivas. Que me queres, amor? (1995). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-027-6. Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996.
  • Xurxo Souto. (1991) Apólogo Orquestral Pangalaico "A orquestra Mallo, a saga do Mariscal" Revista oficial da RTVG nº 14 xaneiro do 1991
  • Xurxo Souto. "La verbena interminal" revista Antena Semanal.
  • "Introito dos Poceiros a Delfín Barral, Acordeóns Poderosos" Revista da CRTVG.
  • Diversas actuacións na TVG nos pogramas, "Gran Casino", "Ruada" ,"Dende Galicia para o mundo" e "Luar", dirixidos por Xosé Ramón Gayoso.

Véxase tamén

Ligazóns externas