Oakland: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig int
substitúo modelo
Liña 67: Liña 67:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
{{commons|Oakland, California}}
{{commons|Oakland, California}}
{{Cidades con máis de 100000 habitantes en California}}
{{Cidades de California (máis de 100.000 habitantes)}}
{{Cidades con máis poboación dos Estados Unidos}}
{{Cidades con máis poboación dos Estados Unidos}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2017 ás 17:24

Modelo:Cidade dos EUAOakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade étnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.

Poboación demográfica

Oakland contaba cunha poboación de 404.155 habitantes en 2008. As estimacións da oficina do censo da EE.UU. 2005 mostran un 33,15% de afroamericanos, 22,80% de brancos, 1,80% de nativos americanos, 18,20% de asiáticos, 1,23% de insulares pacíficos, 15,53% doutras etnias, e 7,40% a partir de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera etnia eran o 28,03% da poboación.

Xeografía

  • Altitude: 12 metros.
  • Latitude: 37º 48' N
  • Lonxitude: 122º 15' O

Deportes

Oakland ten un equipo de béisbol da liga americana, os Oakland Athletics, un equipo na liga nacional de fútbol americano, os Raiders e un equipo de baloncesto na NBA, os Golden State Warriors. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.

Transporte público

Oakland ten servizo de autobuses (AC Transit) locais, rápidos, e transbaía, un servizo de metro (BART), así como varias frotas de taxi e un servizo de transbordador a San Francisco.

Autoestradas

Oakland conéctase ao resto da área da Baía por varias autoestradas interestatais. As autoestradas interestatais máis importantes da cidade de Oakland son a 80, 580, 880, 238, e a 980. A Ponte da Baía Oakland-San Francisco é a ponte que conecta as cidades de Oakland e San Francisco (Interestatal 80), por onde pasan millleiros de vehículos cada día, dende as áreas residenciais de East Bay aos centros de traballo de San Francisco.

Aeroporto de Oakland

O aeroporto internacional Oakland Internacional, ou simplemente OAK, é o preferido por moita da área pola abundancia de voos baratos, aínda que o aeroporto ten voos internacionais limitados, de xeito predominante a México e Canadá.

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas