Presidente do Goberno de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
minúscula
engado ligazón
Liña 143: Liña 143:
* [http://www.lamoncloa.gob.es/presidente/presidentes-desde-1823/Paginas/index.aspx Presidentes de Goberno de España desde 1823]
* [http://www.lamoncloa.gob.es/presidente/presidentes-desde-1823/Paginas/index.aspx Presidentes de Goberno de España desde 1823]
* [http://www.congreso.es Congreso dos Deputados]
* [http://www.congreso.es Congreso dos Deputados]
Outros artigos

* [[Lista de presidentes de España|Lista de Presidentes de España]]
[[Categoría:Política de España]]
[[Categoría:Política de España]]
[[Categoría:Presidentes de España|!]]
[[Categoría:Presidentes de España|!]]

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2017 ás 20:19

Presidencia do Goberno de España
Escudo nacional

TratamentoExcelentísimo señor
ResidenciaPalacio da Moncloa, Madrid
ÁmbitoReino de España
Designado porCongreso dos Deputados
Nomeado porRei de España
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Precedido porJosé Luis Rodríguez Zapatero
Salario78.185 €/ano
Sitio webwww.lamoncloa.gob.es

O Presidente do Goberno é o Xefe do Goberno de España. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento.

As funcións do Presidente do Goberno están establecidas na Constitución Española nos artigos 97 ao 116. A residencia oficial e sede do Goberno é o Palacio da Moncloa en Madrid.

Elección

A elección do Presidente non se realiza de forma directa polos electores, se non que se realiza de forma indirecta polo poder lexislativo. Seguindo as eleccións lexislativas que teñen lugar cada catro anos, o líder do partido maioritario, é normalmente proposto polo Rei como Presidente do Goberno, e logo é elixido polo Congreso dos Deputados. O Vicepresidente é elixido polo Rei como unha proposta do Presidente do Goberno.

Investidura

O Palacio da Moncloa, sede da Presidencia do Goberno de España

Tras a elección pola maioría do Congreso dos Deputados, o candidato é nomeado Presidente do Goberno polo Rei nunha cerimonia de investidura que se celebra no Salón de Audiencias do Palacio da Zarzuela. Nesta cerimonia, o Presidente xura ou promete o cargo ante a presenza do Rei de España e do Notario Maior do Reino (Ministro de Xustiza).

Moción de Censura e Cuestión de Confianza

O Presidente do Goberno, despois de deliberación do Consello de Ministros, pode solicitar ao Congreso a un voto de confianza no seu programa ou declaración de política xeral. O Congreso de Deputados lle dá confianza cando vota a favor dunha maioría simple dos Deputados. O Congreso dos Deputados pode destituír en calquera momento ó Presidente do Goberno a través dunha moción construtiva de desconfianza, que require o apoio da maioría do Congreso (polo menos a metade máis un dos membros que compoñen a cámara), así que pode deixar para adiante, facendo que a eliminación efectiva do Presidente e seu Goberno.

Presidentes do Goberno de España (1977 - actualidade)

Nesta lista soamente se recollen os Presidentes do Goberno do período democrático. Para ver a lista completa de Presidentes do Goberno e do Consello de Ministros de España vaia a Lista de presidentes de España.

Lexislatura Data Inicial Data Final Nome Partido Imaxe
Constituínte 15 de xuño de 1977 11 de marzo de 1979 Adolfo Suárez González UCD
Primeira Lexislatura 11 de marzo de 1979 29 de outubro de 1982 Adolfo Suárez González e Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo UCD
Segunda Lexislatura 28 de outubro de 1982 22 de xuño de 1986 Felipe González Márquez PSOE
Terceira Lexislatura 22 de xuño de 1986 29 de outubro de 1989 Felipe González Márquez PSOE
Cuarta Lexislatura 29 de outubro de 1989 6 de xuño de 1993 Felipe González Márquez PSOE
Quinta Lexislatura 6 de xuño de 1993 3 de marzo de 1996 Felipe González Márquez PSOE
Sexta Lexislatura 3 de marzo de 1996 12 de marzo de 2000 José María Aznar López PP
Sétima Lexislatura 12 de marzo de 2000 14 de marzo de 2004 José María Aznar López PP
Oitava Lexislatura 14 de marzo de 2004 9 de marzo de 2008 José Luis Rodríguez Zapatero PSOE
Novena Lexislatura 9 de marzo de 2008 20 de decembro de 2011 José Luis Rodríguez Zapatero PSOE
Décima Lexislatura 20 de decembro de 2011 Actualidade Mariano Rajoy Brey PP

Notas

Véxase tamén

Ligazóns Externas

Outros artigos