O Castro de Ouro, Alfoz: Diferenzas entre revisións
m →Outros artigos: Arranxos varios |
quito lugares que xa están no modelo e mapa que xa está na ficha |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
}} |
}} |
||
'''San Salvador do Castro de Ouro''' é unha parroquia do concello de [[Alfoz]]. En 2004 tiña 81 habitantes, cunha densidade media de 31,2 hab./km². Segundo o [[IGE]], no 2014 a súa poboación descendera ata os 60 habitantes, sendo 27 homes e 33 mulleres. |
'''San Salvador do Castro de Ouro''' é unha parroquia do concello de [[Alfoz]]. En 2004 tiña 81 habitantes, cunha densidade media de 31,2 hab./km². Segundo o [[IGE]], no 2014 a súa poboación descendera ata os 60 habitantes, sendo 27 homes e 33 mulleres. |
||
Están distribuídos en 6 entidades de poboación: Anxeriz (10), O Castro de Ouro (19), Costoira (9), A Fonte (9), A Granda (5) e O Pumariño (8), |
|||
Ten unha superficie de 2,6 km². Limita coas as parroquias de [[Adelán, Alfoz|Adelán]], [[Bacoi, Alfoz|Bacoi]] e [[Mor, Alfoz|Mor]]. |
Ten unha superficie de 2,6 km². Limita coas as parroquias de [[Adelán, Alfoz|Adelán]], [[Bacoi, Alfoz|Bacoi]] e [[Mor, Alfoz|Mor]]. |
||
Liña 20: | Liña 18: | ||
[[Ficheiro:IgrexaSanSalvadordeCastrodouro.JPG|miniatura|esquerda|Igrexa de San Salvador do Castro de Ouro.]] |
[[Ficheiro:IgrexaSanSalvadordeCastrodouro.JPG|miniatura|esquerda|Igrexa de San Salvador do Castro de Ouro.]] |
||
A |
A igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro, é un templo orixinal datado do [[século XV]]; foi a capela do restaurado [[castelo de Castrodouro]]. A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do século XV, a sancristía acaroada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encóntrase unha lápida gótica con inscrición e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten unha pintura mural da Piedade de finais do [[século XIV]], e un cáliz de prata do ano [[1573]]. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas. |
||
⚫ | O |
||
⚫ | O [[castelo do Castrodouro]] foi levantado sobre un antigo castro celta e domina o val que rega o [[río Ouro]]. Hai quen di{{Quen}} que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos [[Reis Católicos]]. Antigamente foi propiedade da [[diocese de Mondoñedo]], que o perdeu por causa do mariscal e posteriormente o volveu recuperar. A torre foi restaurada a mediados do século XVI para convertela en Cámara do Bispo e abandonada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do [[século XX]] para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos. Co tempo foi quedando para a casa do Concello, mais no 1990, co traslado deste ao lugar da Seara, quedou convertida no [[Museo do Mariscal]]. Da antiga fortaleza de estilo gótico consérvanse a Torre da Homenaxe, a capela e restos das murallas, con partes visibles de foxos e contrafoxos. A Torre é de construción cúbica de tres plantas construída en perpiaño de granito e coroada por ameas. A planta baixa ten como acceso unha porta arqueada flanqueada por 2 xanelas xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres xanelas xeminadas en cada un. Nos laterais repítese o modelo de ventá, tanto na planta baixa como no primeiro piso. No segundo piso a xanela é adintelada. Está declarardo [[Ben de Interese Cultural]]. |
||
⚫ | A |
||
⚫ | A leira Galea, tamén coñecida como o museo da Auga, encóntrase situada nun pazo do século XVIII e reconvertido nunha casa de turismo rural. Toda a leira foi pensada e deseñada coma lugar de repouso, con xardíns que rodean o pazo e un [[muíño]] reconstruído, o batán e unha sinxela capela a carón do pazo. O pazo está acondicionado con todas as comodidades para a hospedaxe. Dispón dunha [[lareira]] tradicional cos utensilios propios. Unha pontella de madeira cruza as augas do río Ouro e dá acceso ao vello [[muíño]] e o batán que, nun tempo atrás, se utilizaba para clarexar e suavizar as pezas de liño. O río cruza esta fermosa paisaxe de abundante vexetación con plantas e flores de orixe exótica. Pódese percorrer o ''Paseo dos Caladiños'', o ''Camiño Feiticeiro'' e chegar até o merendeiro de [[Filipe II de España|Filipe II]]. |
||
== Galería de imaxes == |
|||
<gallery> |
|||
Ficheiro:Parroquias de Alfoz.png|As nove parroquias que conforman o concello de Alfoz. |
|||
</gallery> |
|||
== Lugares e parroquias == |
== Lugares e parroquias == |
Revisión como estaba o 3 de decembro de 2017 ás 20:07
O Castro de Ouro | |
---|---|
Concello | Alfoz |
Coordenadas | 43°31′45″N 7°24′32″O / 43.5291, -7.4089Coordenadas: 43°31′45″N 7°24′32″O / 43.5291, -7.4089 |
Área | 2,6 km² |
Poboación | 60 hab. (2014) |
Densidade | 23,08 hab./km² |
Entidades de poboación | 6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador do Castro de Ouro é unha parroquia do concello de Alfoz. En 2004 tiña 81 habitantes, cunha densidade media de 31,2 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 60 habitantes, sendo 27 homes e 33 mulleres.
Ten unha superficie de 2,6 km². Limita coas as parroquias de Adelán, Bacoi e Mor.
Patrimonio
A igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro, é un templo orixinal datado do século XV; foi a capela do restaurado castelo de Castrodouro. A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do século XV, a sancristía acaroada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encóntrase unha lápida gótica con inscrición e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten unha pintura mural da Piedade de finais do século XIV, e un cáliz de prata do ano 1573. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
O castelo do Castrodouro foi levantado sobre un antigo castro celta e domina o val que rega o río Ouro. Hai quen di[quen?] que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos Reis Católicos. Antigamente foi propiedade da diocese de Mondoñedo, que o perdeu por causa do mariscal e posteriormente o volveu recuperar. A torre foi restaurada a mediados do século XVI para convertela en Cámara do Bispo e abandonada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do século XX para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos. Co tempo foi quedando para a casa do Concello, mais no 1990, co traslado deste ao lugar da Seara, quedou convertida no Museo do Mariscal. Da antiga fortaleza de estilo gótico consérvanse a Torre da Homenaxe, a capela e restos das murallas, con partes visibles de foxos e contrafoxos. A Torre é de construción cúbica de tres plantas construída en perpiaño de granito e coroada por ameas. A planta baixa ten como acceso unha porta arqueada flanqueada por 2 xanelas xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres xanelas xeminadas en cada un. Nos laterais repítese o modelo de ventá, tanto na planta baixa como no primeiro piso. No segundo piso a xanela é adintelada. Está declarardo Ben de Interese Cultural.
A leira Galea, tamén coñecida como o museo da Auga, encóntrase situada nun pazo do século XVIII e reconvertido nunha casa de turismo rural. Toda a leira foi pensada e deseñada coma lugar de repouso, con xardíns que rodean o pazo e un muíño reconstruído, o batán e unha sinxela capela a carón do pazo. O pazo está acondicionado con todas as comodidades para a hospedaxe. Dispón dunha lareira tradicional cos utensilios propios. Unha pontella de madeira cruza as augas do río Ouro e dá acceso ao vello muíño e o batán que, nun tempo atrás, se utilizaba para clarexar e suavizar as pezas de liño. O río cruza esta fermosa paisaxe de abundante vexetación con plantas e flores de orixe exótica. Pódese percorrer o Paseo dos Caladiños, o Camiño Feiticeiro e chegar até o merendeiro de Filipe II.
Lugares e parroquias
Lugares do Castro de Ouro
Lugares da parroquia de O Castro de Ouro no concello de Alfoz (Lugo) | |
---|---|
Anxeriz | O Castro de Ouro | Costoira | A Fonte | A Granda | O Pumariño |
Parroquias de Alfoz