Cursus honorum: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Dereito romano mediante HotCat
m engado a Categoría:Roma antiga mediante HotCat
Liña 23: Liña 23:
[[Categoría:Locucións latinas]]
[[Categoría:Locucións latinas]]
[[Categoría:Dereito romano]]
[[Categoría:Dereito romano]]
[[Categoría:Roma antiga]]

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2017 ás 10:29

A carreira política en Roma recibía o nome de cursus honorum ("carreira dos honores")[1], que consistía nunha sucesión das etapas que os cidadáns que se adicaban á vida pública tiñan que seguir. Os aspirantes debían ir subindo chanzos progresivamente, de tal xeito que para acadar unha maxistratura tíña que ascender dende a escala inmediatamente inferior. O cursus honorum comprendía catro etapas que debían desempeñar sucesivamente: 1ª cuestor; 2ª edil; 3ª pretor; 4ª cónsul.

- Os cuestores tiñan como función coidar da facenda pública e levar as contas do estado.

- Os edís estaban encargados de velar polo bo funcionamento da administración municipal e ademais controlaban os festexos, os mercados e coidaban os templos.

- Os pretores encargábanse da administración de xustiza.

- Os cónsules debían ser dous. Tiñan o poder supremo e eran os xefes do exército e presidían o Senado.Había dous cónsules anuais, chamados ordinarii ou ordinarios, que daban nome ao ano (epónimos), e un ou máis substitutos ou suffecti.

Ademais destes cargos existían outros que non pertencían ao cursus honorum:

- Tribunos da plebe: velaban polos dereitos dos plebeos.

- Censores: confeccionaban o censo de cidadáns e vixiaban a pureza dos costumes.

- Ditador: era unha maxistratura extraordinaria á que só se recorría cando as graves circunstancias así o requirían, polo que todos os poderes se concentraban nunha persoa. Dispuña dun prazo de seis meses para resolver o problema que suscitara a súa proclamación.

Notas

  1. Villegas Darrouy, Fernando (2012). Julio Cesar para jovenes y no tanto (EPUB - DRM). Sudamericana. ISBN 9789562623841.