Vuelta a España 2007: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado imaxe
Liña 31: Liña 31:


==Galegos na Vuelta==
==Galegos na Vuelta==
Nesta edición da Volta haberá sete ciclistas galegos, o que supón unha cifra record. Iso é en boa parte así grazas á participación do primeiro equipo profesional de ciclismo galego, o [[Karpin Galicia]], que se estrea na Volta a España mercé a un convite da organización. Ademais dos seis galegos que integran o Karpin ([[Gustavo César Veloso]], [[Gustavo Domínguez Lemos]], [[David García Dapena]], [[Ezequiel Mosquera]] e [[Serafín Martínez Acevedo]]), participará tamén como líder do seu equipo o [[Illes Balears-Caisse d'Epargne]], [[Óscar Pereiro]].
Nesta edición da Volta haberá seis ciclistas galegos, o que supón unha cifra record. Iso é en boa parte así grazas á participación do primeiro equipo profesional de ciclismo galego, o [[Karpin Galicia]], que se estrea na Volta a España mercé a un convite da organización. Ademais dos cinco galegos que integran o Karpin ([[Gustavo César Veloso]], [[Gustavo Domínguez Lemos]], [[David García Dapena]], [[Ezequiel Mosquera]] e [[Serafín Martínez Acevedo]]), participará tamén como líder do seu equipo o [[Illes Balears-Caisse d'Epargne]], [[Óscar Pereiro]].


== Tiradas ==
== Tiradas ==

Revisión como estaba o 1 de setembro de 2007 ás 12:35

2006 << Vuelta 2007 >> 2008
Clasificacións 21 tiradas 3.241 km.
Xeral
Puntos
Montaña
Equipos
Novos
Mellor galego

A LXII edición da Vuelta a España dispútase desde o 1 ata o 23 de setembro de 2007 entre as localidades de Vigo e Madrid, cun percorrido total de 3.241km para completar a Volta.

Percorrido

Percorrido da Vuelta 2007

A proba ten 11 tiradas chas, 8 de media e alta montaña, 2 cronos individuais e que fan 74km, 4 chegadas no alto, 3 portos de categoría especial, 6 de 1ª categoría, 15 de 2ª caregoría e 18º de 3ª categoría.

A Volta ten 9 tiradas con saída inédita (Allariz, Viveiro, Langreo, Calahorra, D.O. Cariñena, Oropesa, Algemesí, Hellín e Villacarrillo). Estas tres últimas vilas españolas serán ademais final inédito, a canda Torre-Pacheco.

É a sexta vez que a Volta principia en Galicia, das cales unha foi en Santiago de Compostela (1982), dúas na Coruña (1989) e (1993), e tres en Vigo (1965, 1967 e 2007). A Volta pasou por Galicia, con esta, en 17 das 62 edicións. Delas, 12 veces tivo chegada en Vigo (1936, 1941, 1942, 1947, 1960, 1965, 1967, 1980, 1987, 1989, 1993, 2007), e 11 saída desa cidade (as mesmas agás 1987). Santiago de Compostela foi catro veces saída (1942, 1980, 1982, 1985) e cinco veces chegada (1942, 1982, 1985, 1989 e 2007).

De Viveiro e Allariz nunca saíra nin chegara a Vuelta antes desta edición.

Galegos na Vuelta

Nesta edición da Volta haberá seis ciclistas galegos, o que supón unha cifra record. Iso é en boa parte así grazas á participación do primeiro equipo profesional de ciclismo galego, o Karpin Galicia, que se estrea na Volta a España mercé a un convite da organización. Ademais dos cinco galegos que integran o Karpin (Gustavo César Veloso, Gustavo Domínguez Lemos, David García Dapena, Ezequiel Mosquera e Serafín Martínez Acevedo), participará tamén como líder do seu equipo o Illes Balears-Caisse d'Epargne, Óscar Pereiro.

Tiradas

Tirada Data Percorrido Km Gañador da tirada Líder da clasificación xeral
1ª etapa 1 de setembro Vigo-Vigo 145
2ª etapa 2 de setembro Allariz-Santiago de Compostela 150
3ª etapa 3 de setembro Viveiro-Luarca 155
4ª etapa 4 de setembro Langreo-Lagos de Covadonga 182
5ª etapa 5 de setembro Cangas de Onís-Reinosa 155
6ª etapa 6 de setembro Reinosa-Logroño 195
7ª etapa 7 de setembro Calahorra-Zaragoza 140
8ª etapa 8 de setembro D. Orixe Cariñena-Zaragoza 49 (contrarreloxo)
9ª etapa 9 de setembro Huesca-Cerler 174
10ª etapa 10 de setembro Benasque-Ordino Arcalís 220
11ª etapa 12 de setembro Oropesa-Algemesí 190
12ª etapa 13 de setembro Algemesí-Hellín 167
13ª etapa 14 de setembro Hellín-Torre-Pacheco 150
14ª etapa 15 de setembro Porto Lumbreras-Villacarrillo 205
15ª etapa 16 de setembro Villacarrillo-Selecta 205
16ª etapa 18 de setembro Xaén-Puertollano 165
17ª etapa 19 de setembro Cidade Real-Talavera de la Reina 180
18ª etapa 20 de setembro Talavera de la Reina-Ávila 154
19ª etapa 21 de setembro Ávila-Alto de Abantos 135
20ª etapa 22 de setembro Collado Villalba 25 (contrarreloxo)
21ª etapa 23 de setembro Rivas Vaciamadrid-Madrid 100
Saída neutralizada no cruce dos Chorons (Vigo)

Etapas clave da Volta a España 2007

A proba comezará cunha tirada completa en liña (nin contrarreloxo nin prólogo), o que non se facía dende 1998. A 4ª etapa ascéndese ó porto asturiano dos Lagos de Covadonga. A seguinte etapa chega a Reinosa e constará de 4 portos, un deles, La Palombera, que será de 1º categoría e a só 18 km de meta. A primeira crono disputarase en Zaragoza sobre 49 km. Os escaladores atopáranse con dúas tiradas de alta montaña seguidas nos Pireneos. Na primeira delas ascenderán catro portos: Monrepos, Serrablo, Foradad e a ascensión final a Cerler. Ó día seguinte será a etapa máis longa e terán que subir Fayas, Perves, Cantó e a ascensión final a Ordino-Arcalís.

A segunda parte da Volta será máis levadeira por terras levantinas e murcianas ata chegar a Andalucía. A 14º tirada disputarase na Serra de Cazorla, onde se ascenderán 3 portos. A 15º etapa chegarase a Granada, onde os ciclistas defrontarán, como nas últimas dúas edicións, a ascensión do Monachil. A 16ª xornada terá tres portos e chegarase a Castela-A Mancha. A 18ª xornada chegarase a Ávila, ascendendo Mijares e Navalmoral. Ó día seguinte chegarase ó Alto de Abantos, como a última etapa con final no alto. Está etapa constará de 6 portos e Abantos subirase dúas veces. O penúltimo día haberá unha contrarreloxo clásica de 25 km por Collado Villalba e a Volta terminará ó día seguinte no Paseo de la Castellana en Madrid.

Os portos da Volta a España 2007

Tirada Portos
1 Alto de Vilarchán (340 m, 3º) | Alto de San Cosme (380 m, 3º)
2 Alto do Páramo (800 m, 3º)
3 Alto de Nogueira (400 m, 3º) | A Cruz da Campa (300 m, 3º)
4 La Llama (425 m, 3º) | Lagos de Covadonga (1.100 m, especial)
5 Collado de Ozalba (560 m, 2º) | Collado de Carmona (620 m, 2º) | Palombera (1.230 m, 1º)
6 Alto de Cerceda (730 m, 3º)
9 El Serrablo (1.290 m, 2º) | La Foradada (1.020 m, 2º) | Cerler (1.920 m, especial)
10 Perves (1.350 m, 2º) | Cantó (1.600 m, 1º) | Ordino-Arcalís (2.220 m, especial)
11 Porto Chirivilla (711 m, 2º)
13 Alto de Prego (460 m, 3º)
14 El Pinar (1.60 m, 2º) | Alto del Tronco (1.100 m, 2º)
15 Los Blancares (1.290 m, 3º) | Alto de Monachil (1.510 m, 1º)
16 Alto del Parque Natural de Andújar (750 m, 2º) | Alto de la Sierra Madrona (960 m, 3º) | Los Rehoyos (980 m, 2º)
17 El Milagro (930 m, 3º)
18 Navalmoral (1.514 m, 2º)
19 Alto de Santa María de la Alameda (1.440 m, 2º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º)

Equipos participantes

Equipo Líder
Ag2r Prévoyance Francia José L. Arrieta España
Andalucía Cajasur España Luis Pérez España
Bouygues Télécom Francia Stef Clement Países Baixos
Caisse d´Epargne España Óscar Pereiro Galicia
Cofidis Francia Stéphane Auge Francia
Crédit Agricole Francia Pietro Caucchioli Italia
Discovery Channel Janez Barajkovic Eslovenia
Euskaltel-Euskadi Samuel Sánchez España
Française des Jeux Francia Carlos da Cruz Francia
Gerolsteiner Alemaña Markus Fothen Alemaña
Karpin Galicia Galicia Carlos Castaño España
Equipo Líder
Lampre-Fondital Italia Damiano Cunego Italia
Liquigas Italia Manuel Beltrán España
Milram Italia Alessandro Petacchi Italia
Predictor-Lotto Bélxica Cadel Evans Australia
Quick Step-Innergetic Bélxica Juan Manuel Gárate España
Rabobank Países Baixos Denis Menchov
Relax Gam España Daniel Moreno España
Saunier Duval-Prodir España J. Á. Gómez Marchante España
Team CSC Dinamarca Carlos Sastre España
T-Mobile Alemaña Adam Hansen Australia

Curiosidades

A canción oficial será interpretada por Hanna, e chamarase "Como la vida".