Diferenzas entre revisións de «Aeroporto de Aalborg»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
(de en.wiki #100wikidays)
 
 
== Historia ==
A historia da aviación comercial en Aalborg comeza o [[4 de setembro]] de [[1936]] cando se inaugura a primeira ruta doméstica do país, entre Aalborg e [[Copenhague]]. Os avións [[Fokker F VII]] aterraban no aeródromo dunha fábrica de cemento en [[Rørdal]]. Grazas ao éxito da ruta as autoridades da cidade decidiron construirconstruír un aeroporto e este inaugurouse o [[29 de maio]] de [[1938]]. En xuño dese ano comezou a operar unha ruta cara [[Hamburgo]] e no ano seguinte outra cara [[Kristiansand]].<ref name="Aalborg Airport history">{{cita web|título=Aalborg Airport history|url=https://www.aal.dk/about-aalborg-airport/about-us/history-of-aalborg-airport|editor=Aalborg Lufthavn|dataacceso=2 de decembro de 2017}}</ref>
 
Durante a [[segunda guerra mundial]] foi ocupado polos alemáns e usado pola ''[[Luftwaffe]]''. Os escuadróns 3º e 5º do Bordfliegergruppe 196 (grupo aéreo embarcado) usaron Aalborg como base para voos de recoñecemento, para transportar destacamentos que servían na mariña alemá e como escala para os voos entre [[Alemaña]] e [[Noruega]].<ref name="Aalborg Airport history" /><ref>{{cita web|título=Bordfliegergruppe 196|url=https://www.feldgrau.com/WW2-German-Bordfliegergruppe-196|editor=Felgrau.com|dataacceso=2 de decembro de 2017}}</ref>
Nos anos seguintes abriríanse rutas cara [[Aarhus]], [[Gotemburgo]], Kristiansand, [[Stavanger]], [[Oslo]], [[Ámsterdam]] e [[Londres]], aínda que a meirande parte dos servizos internacionais só operarían por curtos períodos de tempo.
 
En [[1997]] o aeroporto foi transferido aos 13 municipios da rexión do norte de Xutlandia. A terminal actual inaugurouse o [[29 de maio]] de [[2001]]. O aeroporto ampliouse durante os anos [[2007]] e [[2013]], incrementando o tamaño da terminal e o número de portas de embarque.<ref name="Aalborg Airport history" />
 
==Aeroliñas e destinos==
64.049

edicións

Menú de navegación