Rijksmonument: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Pequena corrección
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 91: Liña 91:
* [https://culturalheritageagency.nl/en Axencia de Patrimonio Cultural do Reino dos Países Baixos] ''(en inglés e neerlandés)''
* [https://culturalheritageagency.nl/en Axencia de Patrimonio Cultural do Reino dos Países Baixos] ''(en inglés e neerlandés)''


{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Países Baixos]]
[[Categoría:Arquitectura dos Países Baixos]]
[[Categoría:Rijksmonument| ]]
[[Categoría:Conservación e restauración]]

Revisión como estaba o 30 de novembro de 2017 ás 09:19

Emblema Rijksmonument, presentado en 2014

Un rijksmonument (pronuncia neerlandesa: [ˈrɛiksmoːnyˌmɛnt]) é un lugar ou un edificio catalogado como monumento nacional dos Países Baixos, segundo a listaxe da Axencia Nacional do Patrimonio Cultural (Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed -RCE-), en representación do Ministerio de Educación, Cultura e Ciencia dos Países Baixos.[1]

Historia e criterios

Para a súa designación como rijksmonument, un sitio ten que ter máis de medio século como criterio principal excluínte, á parte doutros adicionais. Ao longo do país hai arredor de 62.000 monumentos que gozan desta consideración.[2][3]

O programa iniciouse na Haia en 1954, no seo dunha convención onde se estableceron as regras de protección de edificios en caso de conflito armado. A lexislación neerlandesa actual nesta materia é a Lei de Monumentos (Monumentenwet), de 1988.[4]

A organización respondable da protección dos monumentos, que nun principio se denominaba Monumentenzorg ("Coidado de monumentos"), transformouse na actual Rijksdies¡nst voor het Cultureel Erfgoed ("Axencia Nacional do Patrimonio Cultural"). 

En xuño de 2009, os Xulgados da Haia decidiron que os compradores individuais de edificios catalogados como rijksmonument estivesen exentos do pagamento do imposto de transmisións, exención da que ata ese ano só dispuñan as persoas xuríduicas.[5]

Localidades segundo o número de rijksmonumenten

O muíño De Roos, en Delft, visto desde a Igrexa Nova, tamén rijksmonument
O edificio Witte Huis, en Rotterdam
O Rijksmuseum de Ámsterdam, declarado rijksmonument en 1970

Esta é unha listaxe das principais localidades dos Países Baixos ordenadas segundo o número de edificios coa condición de rijksmonument:

# Localidade Edificios
1. Amsterdam 7562
2. Maastricht 1695
3. Utrecht 1510
4. Leiden 1243
5. Haarlem 1180
6. A Haia 1167
7. Middelburg 1167
8. Dordrecht 879
9. Schouwen-Duiveland 869
10. Stichtse Vecht 804
11. Leeuwarden 728
12. Delft 696
13. Súdwest-Fryslân 677
14. Groninga 701
15. Rotterdam 620
16. Deventer 589
17. Alkmaar 583
18. Arnhem 574
19. Breda 577
20. 's-Hertogenbosch 556
21. Harlingen 529
22. Kampen 528
23. Zwolle 481
24. Utrechtse Heuvelrug 471
25. Amersfoort 457

Algúns exemplos

Moitas das atraccións turísticas dos Países Baixos están declaradas rijksmonument, como é o caso de numerosos castelos, igrexas e, fundamentalmente, os característicos muíños de vento históricos neerlandeses, como:[6][7]

Outras catalogacións de monumentos nos Países Baixos

  • Monumento provincial (provinciaal monument): é un monumento protexido por designación dunha provincia, que proporciona fondos económicos para a súa conservación. Esta atribución téñena soamente as provincias de Holanda Setentrional e de Drenthe.
  • Monumento municipal (gemeentelijk monument): é un monumento designado por un concello
  • Monumento arqueolóxico.
  • Panorama urbano e paisaxe protexida.

Notas

  1. "Wat is een monument". En Monumentaal wonen (en neerlandés)
  2. "Rijksmonument". En Monumenten.nl (en neerlandés)
  3. "Gebouwde rijksmonumenten - aantal". En Erfgoedmonitor,nl (en neerlandés)
  4. "Overgangsrecht Monumentenwet 1988 naar Omgevingswet". En Cultureelerfgoed.nl (en neerlandés)
  5. "Financiering onderhoud en restauratie. Wat mogelijk is, hangt af van uw persoonlijke situatie en het soort monument" (Financiamento de mantemento e restauración. O que é posible depende da súa situación persoal e do tipo de monumento). En Monumenten.nl (en neerlandés)
  6. Reynolds, John. Windmills & Watermills. Hugh Evelyn. Londres, 1974. Páxinas 173-174. [ISBN 0-238-78943-8] (en inglés)
  7. "De Hollandsche Molen". En Molens.nl (en inglés e neerlandés)
  8. Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)
  9. Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)
  10. Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)

Véxase tamén

Ligazóns externas