Marco Claudio Tácito: Diferenzas entre revisións
m Bot: Engado {{Control de autoridades}} |
m Poño modelo Biografía |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Antoninianus_Tacitus-s3315-light.jpg|275px|miniatura|dereita|Moeda con representación do emperador]] |
{{Biografía}}[[Ficheiro:Antoninianus_Tacitus-s3315-light.jpg|275px|miniatura|dereita|Moeda con representación do emperador]] |
||
'''Marcus Claudius Tacitus''' nace probablemente en [[Amitermo]] ([[Italia]]), no ano [[200]]. Era o decano do Senado, cando morre asasinado [[Aureliano]]. |
'''Marcus Claudius Tacitus''' nace probablemente en [[Amitermo]] ([[Italia]]), no ano [[200]]. Era o decano do Senado, cando morre asasinado [[Aureliano]]. |
||
Revisión como estaba o 30 de novembro de 2017 ás 07:07
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 200 Terni |
Morte | xuño de 276 (Gregoriano) (75/76 anos) Tyana |
Causa da morte | Morte natural |
Emperador romano | |
25 de setembro de 275 – abril de 276 ← Aureliano – Marco Ânio Floriano (pt) → | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Alto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano |
Lingua | Lingua latina |
Outro | |
Título | Emperador romano |
Irmáns | Marco Ânio Floriano (pt) |
Marcus Claudius Tacitus nace probablemente en Amitermo (Italia), no ano 200. Era o decano do Senado, cando morre asasinado Aureliano.
Ó morrer este, ábrese un período duns seis meses de intreregno, no que non hai emperador. O Senado atopa en Tácito o candidato, xa que era ben aceptado polo pobo romano e polo exército. Nun primeiro intre rexeita a púrpura imperial, aducindo a súa avanzada idade. Pero as presións do Senado fano aceptar a finais do 275.
Home afable, íntegro e amante da literatura, unha das súas primeiras decisións, despois da deificacion de Aureliano, foi perseguir os seus asasinos e condenalos a morte. Nomea a M. Annio Floriano, seu irmán, Prefecto da Garda Pretoriana.
Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o Ponto, Capadocia e Cilicia, poñéndose Tácito á fronte do seu exército da Tracia, xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a volver de novo as súas terras. Recibe por iso o título de Gothicus Maximus. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do 276 debido a unhas febres, segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares, segundo outros. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán Floriano, que foi aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a Probo como novo emperador, quen, vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Aureliano |
Marco Claudio Tácito | Precede a: Probo |
Emperadores Ilirios |