Robert Wise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Obra: Títulos galegos
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Obra: Título galego
Liña 40: Liña 40:
* ''[[Sorrisos e lágrimas]]'' (1965)
* ''[[Sorrisos e lágrimas]]'' (1965)
* ''[[O Yang-Tse en chamas]]'' (1966)
* ''[[O Yang-Tse en chamas]]'' (1966)
* ''[[Star!]]'' (1968)
* ''[[A estrela (filme)|A estrela]]'' (1968)
* ''[[The Andromeda Strain]]'' (1971)
* ''[[The Andromeda Strain]]'' (1971)
* ''Two People'' (1973)
* ''Two People'' (1973)

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2017 ás 18:35

Robert Wise en 1990.

Robert Earl Wise, nado en Winchester (Indiana) o 10 de setembro de 1914 e finado nos Ánxeles (California) o 14 de setembro de 2005, foi un director de cinema, produtor e montador estadounidense.

Traxectoria

Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a RKO, aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao oscar á mellor montaxe por Cidadán Kane.

A súa primeira película coma director foi substituíndo o director orixinal dun filme de terror, A maldición da muller pantera, en 1944. Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a ciencia ficción en The Day the Earth Stood Still o melodrama en So Big, ou o cine épico de Helen of Troy. Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en musicais que lle deron o oscar ao mellor director: West Side Story e Sorrisos e lágrimas, a primeira codirixida con Jerome Robbins. Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para DVD dos seus filmes.

Obra

Véxase tamén

Ligazóns externas