Diferenzas entre revisións de «Igrexa ortodoxa siríaca»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m (→‎Situación actual: Arranxos varios +cda)
A Igrexa de Antioquía non aceptou o [[Concilio de Calcedonia]] (451); considerouno unha traizón aos concilios de [[Nicea]] e [[Éfeso]] e aliñouse coa Igrexa de Alexandría ([[Igrexa Ortodoxa Copta]]) na defensa da única natureza do Verbo Encarnado. A fe de calcedonia que falaba de dúas naturezas en Cristo, foi considerada dualista. Antioquía, Alexandría e Armenia consideraron que se puña en cuestión a unidade da persoa de [[Xesús]], verdadeiro Deus e verdadeiro home. Denunciaron que se estaba perante unha recaída no [[nestorianismo]], a vella herexía nada en [[Bizancio]].
 
O [[Emperador]] apoiou o credo de Calcedonia, o que provocou o exilio dos bispos, incluído o [[Patriarca Mor Severius]] e a persecución dos fieis. Mor Siverius está considerado o ''Togho d-suryoye'', é dicir, ''Coroa dos Siríacos''. Será [[Xacobe Baradeus]] quen marque o renacer da Igrexa. Viaxou a Constantinopla onde se gañou o favor da Emperatriz [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]], filla dun sacerdote [[Pobo asirio|siríaco]]. Xacobe ordenou 2 bispos e centos de sacerdotes e diáconos. Desde que isto aconteceu, a Igrexa Siríaca celebra o 30 de xullo como o día de San Xacobe, conmemorando a súa morte en 578. De aí deriva o nome, non aceptado polos siríacos, de '''Igrexa Xacobita'''.
 
Os xerarcas eclesiásticos [[Pobo asirio|siríacos]] non recoñeceron a autoridade do patriarcado de Constantinopla e favoreceron o dominio dos exércitos árabes que foron recibidos como auténticos liberadores do xugo do [[Imperio Bizantino]]. É do elevado traballo dos monxes siríacos de onde os sabios musulmáns recibirían a cultura grega, que máis adiante divulgarían na súa expansión cara occidente.
 
Os siríacos tiveron o seu propio cisma interior, unha comunidade aglutinada ao redor do sartego de [[San Marón]] non aceptou o monofisismo, e acabou acubillándose nos bosques do Líbano. Son os [[maronita]]s, que se encontraron os cruzados e que aceptaron, na época do [[Reino Latino de Xerusalén]], a autoridade do [[Papa]]. Aínda que conservan a liturxia siríaca, hoxe en día o seu ritual consérvase moi latinizado.
232.733

edicións

Menú de navegación