Nafarroa Bai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 415496 de Norrin strange (disc.)
Desfíxose a edición 415493 de Norrin strange (disc.)
Liña 22: Liña 22:
[[Category:Forzas políticas de Navarra]]
[[Category:Forzas políticas de Navarra]]
[[Category:Nacionalismo vasco]]
[[Category:Nacionalismo vasco]]
[[Category:Partidos políticos do País Vasco]]


[[ast:Nafarroa Bai]]
[[ast:Nafarroa Bai]]

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2007 ás 21:40

Ficheiro:Logonabai.gif
Logo de Nafarroa Bai

Nafarroa Bai ('Navarra Sí' en éuscaro) é unha candidatura conxunta de partidos vasquistas (vinculados na sua maioría ó nacionalismo vasco) (Aralar, Eusko Alkartasuna, Batzarre e EAJ-PNV) da Comunidade Foral de Navarra e un sector notable de independentes ligados a sectores progresistas de Navarra.

Formada co obxectivo de capitalizar todo o voto nacionalista e progresista en Navarra, Nafarroa Bai logrou representación no Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 2004, en concreto unha deputada sobre un total de cinco escanos, Uxue Barkos, quen encabezaba a candidatura nos comicios.

A votación obtida, 17,98% e 61.045 sufraxios é a mais alta alcanzada por unha opción nacionalista vasca nunhas eleccións xerais en Navarra e pon fin a 18 anos sen presencia do nacionalismo vasco pola Comunidade Foral no Congreso dos Diputados. A anterior vez correspondeu a Herri Batasuna, en 1986 con 37.998 votos e o 13,91%

Nafarroa Bai tamén está formada por un grupo notable de independentes ligados á esquerda e o progresismo de Navarra. De feito, ningunha das personas que aparecía nas listas electorais de 2004 pertence aos catro partidos firmantes do pacto da coalición.

Tralos resultados de marzo de 2004 marcouse como obxectivo establecer unha alianza estable como organización política e presentarse tamén ás eleccións municipais e forais de 2007.

Con este fin invitouse formalmente a Esquerda Unida de Navarra a participar nas candidaturas, opción que rexeitou publicamente esta organización.

Así mesmo, e ante unha eventual participación do espazo abertzale afín a Batasuna, teñen existido contactos entre os partidos. Porén, tanto Nafarroa Bai como Herri Batasuna acusan ao contrario de obstaculizar o acordo e esta alianza non frutificou e fixo que non concurriran unidas ás eleccións de maio de 2007.

En calquera caso, Nafarroa Bai estableceu como obxectivo evitar que a dereita españolista representada por Unión del Pueblo Navarro conserve o goberno navarro, e ten declarado publicamente que pactará co Partido Socialista de Navarra se é necesario.

Ligazóns externas