Zambia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
himno
Liña 8: Liña 8:
| lema_nacional = ''“One Zambia, One Nation”'' <br />([[lingua inglesa|inglés]]: ''«Unha Zambia, Unha Nación»'')
| lema_nacional = ''“One Zambia, One Nation”'' <br />([[lingua inglesa|inglés]]: ''«Unha Zambia, Unha Nación»'')
| himno_nacional = Stand and Sing of Zambia, Proud and Free
| himno_nacional = Stand and Sing of Zambia, Proud and Free
| ficheiro_himno_nacional = Zambia National Anthem.ogg
| ficheiro_himno_nacional = Zambian national anthem.oga
| capital = [[Lusaka]]
| capital = [[Lusaka]]
| capital_poboación = 1&nbsp;640&nbsp;000 (2000)
| capital_poboación = 1&nbsp;640&nbsp;000 (2000)

Revisión como estaba o 25 de novembro de 2017 ás 22:48

Modelo:País Zambia[1][2] é un país interior de África, limitado a norte coa República Democrática do Congo e Tanzania; a leste co Malaui; a sur co Mozambique, Cimbabue, Namibia e Botswana; e a oeste coa Angola.

Historia

Visitada polos portugueses no século XVIII, a actual Zambia foi explorada polo británico David Livingstone. A penetración colonial iniciouse no ano 1890, por medio da British South Africa Company.

Antigamente chamada Rodesia do Norte, en 1953 o Reino Unido intentou unila á Cimbabue e Malawi, pero os intereses dos colonos brancos de Cimbabue fixeron que en 1964 se separase, formando o novo estado de Zambia. O nome de Zambia débese ó río Zambeze.

Goberno e Política

Zambia é unha república, na que o poder executivo reside no presidente -que é tamén o xefe de estado- e o primeiro ministro, elixido por un período de cinco anos por voto popular, xunto có vicepresidente xeral, designados ambos polo presidente. O goberno está composto por un gabinete elixido polo presidente entre os membros da Asemblea Nacional. O poder lexislativo é unicameral; o país non acepta a xurisdición da Corte Internacional de Xustiza. O poder xudicial reside na corte suprema, aínda que os xuíces son designados polo presidente.

Economía

Artigo principal: Economía de Zambia.

A economía depende, en gran medida, do cobre, mineral do que Zambia é un dos primeiros produtores mundiais e que representa o 90% do valor das exportacións. Este país pertence ao chamado "cinto de cobre", prolongación dos xacementos de Katanga O petróleo é importado e chega desde o porto de Dar es Salaam (Tanzania). Dentro do sector industrial destaca o tratamento de minerais (sobre todo o refino do cobre). Tamén é importante a produción de cemento e as industrias derivadas da agricultura: aceites vexetais, manufacturas do algodón, azucre, xabón etc.

A agricultura atópase pouco desenvolta, centrándose basicamente nos cultivos de subsistencia: batata, cacahuetes, millo e mandioca. Tamén presenta cultivos de carácter comercial (algodón, café, cana de azucre, tabaco). Nos lagos e cursos fluviais practícase a pesca.

O turismo internacional, buscando os espazos naturais do país, constitúe unha importante fonte de ingresos.

Organización político-administrativa

Zambia Zambia divídese en nove provincias

Provincias de Zambia
  1. Provincia Central (Kabwe).
  2. Provincia de Copperbelt (Ndola).
  3. Provincia Oriental (Chipata).
  4. Provincia de Luapula (Mansa).
  5. Provincia de Lusaka (Lusaka).
  6. Provincia do Norte (Kasama).
  7. Provincia do Noroeste (Solwezi).
  8. Provincia do Sur (Livingstone).
  9. Provincia Occidental (Mongu).


Mapa de Zambia

Xeografía

Zambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e afundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m no río Zambeze, que da nome ó país. A altitude media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma o Kafue, afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección nordeste-suroeste, extendense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m.

Cataratas Victoria

Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, o Kafue e o Luangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Cimbabue, atópanse as cataratas Victoria. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Cimbabue e tamén da rexión de Livingstone en Zambia.

O clima é tropical, suavizado pola altura. As oscilacións térmicas estacionais varían entre os 15 °C (xullo) e os 20 °C (xaneiro).

Demografía

Evolución da poboación de Zambia

A poboación zambiana concentrase no alto Zambeze e ao longo do corredor da vía férrea norte-sur, onde se emprazan as cidades deste país, un dos máis urbanizados da África negra. Agás na capital, Lusaka, o resto de principais urbes están na rexión mineira próxima á R.D. do Congo.

No ano 2006, Zambia tiña unha poboación de 11.500.000 habitantes. O 99% é de raza negra e o restante é de raza branca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é o inglés. A esperanza de vida é de 40 anos. A media de fillos por muller é de 5.39. O 80% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 16.5% da poboación está infectada có virus do VIH.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zambiano.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 119. ISBN 84-8158-266-2.