Carlos María Isidro de Borbón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
referencia
m engado a Categoría:Nados en 1788 mediante HotCat
Liña 50: Liña 50:
[[Categoría:Militares de España|Isidro de Borbón]]
[[Categoría:Militares de España|Isidro de Borbón]]
[[Categoría:Historia de España do século XIX]]
[[Categoría:Historia de España do século XIX]]
[[Categoría:Nados en 1788]]

Revisión como estaba o 25 de novembro de 2017 ás 21:28

Carlos María Isidro de Borbón
Nome completoCarlos María Isidro Benito de Borbón
Nacemento29 de marzo de 1788
Lugar de nacementoAranjuez
Falecemento10 de marzo de 1855 (66 anos}
Lugar de falecementoTrieste
SoterradoTrieste Cathedral
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiCarlos IV de España
NaiMaría Luísa de Parma
CónxuxeMaría Francisca de Braganza e Maria Teresa de Bragança, infanta de Portugal
FillosXoán, conde de Montizón, Fernando de Bourbon e Bragança e Carlos Luís de Borbón
IrmánsMaria Amália de Espanha, Maria Isabel de Bourbon, Maria Luísa, Duquesa de Lucca, Carlota Xoaquina de Borbón, Francisco de Paula de Borbón e Fernando VII
PremiosCabaleiro da orden do Espírito Santo, Cabaleiro da Orden de San Miguel, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Ordem de Santo André e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
Na rede
WikiTree: Bourbon-254 Find a Grave: 42926226 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carlos María Isidro Benito de Borbón, Infante de España, nado en Madrid o 29 de marzo de 1788 e finado en Trieste o 10 de marzo de 1855, foi o segundo fillo do rei Carlos IV de España e de María Luísa de Parma, e irmán de Fernando VII. Tamén foi coñecido como Don Carlos. Foi o primeiro pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos V de España.

Traxectoria

Naceu no Palacio Real de Madrid. Entre 1808 e 1814 viviu prisioneiro de Napoleón en Valençay cos seus irmáns. En 1814 volveu co resto da familia real a Madrid e xurou a constitución de 1812. En setembro de 1816 casou coa súa sobriña a infanta María Francisca de Portugal, filla do rei Xoán VI de Portugal e de Carlota Xoaquina, irmá de Carlos. A parella tivo tres fillos: Carlos Luís (1818-1861), Xoán (1822-1887) e Fernando (1824-1861).

Carlos era unha persoa moi relixiosa, que cría no dereito divino da monarquía e na sucesión lexítima, polo que a pesar dos intentos dos seus partidarios de tomar as armas contra o seu irmán, sempre lle foi fiel.

Pragmática Sanción

En maio de 1830 Fernando VII publicou a Pragmática Sanción que permitía ás mulleres suceder ao trono español, ao igual que os seus fillos. O decreto fora orixinalmente aprobado polas Cortes en 1789 pero nunca se promulgara oficialmente. Ata entón Carlos fora o herdeiro do seu irmán.

O 10 de outubro de 1830 a cuarta esposa de Fernando VII, a princesa napolitana María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, sobriña de Fernando e 22 anos máis nova ca el, deulle unha filla, que levou o nome de Isabel e desprazou ao seu tío da liña de sucesión.

Os apostólicos continuaron a apoiar os dereitos de Carlos ao trono, ao considerar a Pragmática Sanción ilegal e intrigaron a favor de Carlos. En marzo de 1833 Fernando suxeriu a Carlos que se trasladase a Portugal coa súa familia.

En abril de 1833, Fernando chamou a Carlos a xurar fidelidade a Isabel como Princesa de Asturias, mais Carlos rexeitou recoñecela e renunciar aos seus dereitos á coroa polo que Fernando VII reaccionou prohibíndolle volver a España.

Carlos V

Tras a morte de Fernando VII o 29 de setembro de 1833, Carlos emitiu o manifesto de Abrantes o 1 de outubro no que declaraba a súa ascensión ao trono co nome de Carlos V e deu comezo á Primeira Guerra Carlista, entre "isabelinos" -os partidarios de Isabel II-, tamén chamados "cristinos" pola súa nai, que asumira a rexencia- e "carlistas", partidarios de Carlos María Isidro.[1]

En maio de 1834, tras a derrota dos miguelistas na guerra civil portuguesa, Carlos marchou para Inglaterra`pese ás protestas das autoridades españolas, onde chegou o 18 de xuño, pero axiña trasladouse a Francia para entrar en España pola fronteira de Navarra o 9 de xullo. En outubro de 1834 un decreto privouno dos seus dereitos como Infante de España e que foi confirmado polas Cortes en 1847.

Carlos permaneceu en España durante cinco anos e mantivo unha corte itinerante, acompañando ao seu exército, pero sen amosar dotes militares. No verán de 1837 dirixiu a coñecida como Expedición Real, na que á fronte de gran parte dos seus homes marchou por Cataluña e o Maestrazgo ata chegar ás portas de Madrid, pero non se decidiron a atacar e retiráronse acosados por Baldomero Espartero. Tras a expedición Carlos emprendeu unha purga entre os seus principais colaboradores.

En outubro de 1837, logo da morte da súa primeira muller, casou coa súa sobriña María Teresa e en xuño de 1838 nomeou a Rafael Maroto como comandante en xefe, que se dedicou a reorganizar o exército, pero que afrontou escasas accións bélicas. En febreiro de 1839 mandou fusilar a tres xenerais diante a sospeita que estiveran organizando un complot contra el e esixiu a Carlos a destitución de todos os seus opoñentes,

Carlos destituíuno o 21 de febreiro e declarouno traidor, aínda que o 25 de febreiro recuou e accedeu ás súas peticións. Maroto comezou negociacións secretas cos isabelinos que remataron en 1839 coa sinatura do Convenio de Oñate, tamén coñecido como abrazo de Vergara.

O 14 de setembro de 1839 cruzou a fronteira francesa e o goberno francés decidiu instalalo en Bourges coa súa muller e fillo, alí o 18 de maio de 1845 abdicou no seu fillo Carlos Luís, que adoptou o título de Carlos VI. Tras a súa abdicación usou o título de conde de Molina.

Notas

  1. Fuentes, Juan Francisco (2007). El fin del Antiguo Régimen (1808-1868). Política y sociedad. Madrid: Síntesis. p. 90. ISBN 978-84-975651-5-8. 

Véxase tamén