Museo Mineralóxico-Xeolóxico (Delft): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Mineralogisch-Geologisch Museum"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2017 ás 08:33

O Museo Mineralóxico-Xeolóxico (en neerlandés: Mineralogisch-Geologisch Museum) é unha institución museística e científica da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. O museo presenta unha importante colección de minerais, rochas, fósiles e outros obxectos xeolóxicos. En concreto, a colección de minerais converteuse, polo seu valor científico, nunha referencia a nivel internacional.

Historia

A colección comezou a conformarse a partir de 1864 por iniciativa do doutor Vogelsang, profesor universitario de mineraloxía, xeoloxía, explotación mineira e paleontoloxía, e acada a súa consideración de museo en 1912, formando parte da Universidade de Tecnoloxía de Delft. Ocupaba entón as tres plantas do antigo edificio do departamento de Ciencias da Terra Aplicadas, na rúa Mijnbouwstraat. Nos seus principios, ese departamento chamábase de Enxeñaría de Minas e, por tal motivo, o museo coñecese popularmente como "Museo da Mina" (Mijnbouwmuseum). 

Tanto os alumnos como os profesores da universidade utilizaron adoito as coleccións do museo para a súa formación en mineraloxía. Asemade, as súas instalacións foron sempre accesibles tamén para o público en xeral, e de xeito gratuíto.

O 18 de febreiro de 2008 pecháronse as instalacións do museo por mor dunhas obras de mantemento do edificio. En principio, tratábase dun pechamento provisional, mais as dificultades financeiras fixeron que se decidise a súa clausura. En xullo de 2013, a maior parte da colección foi trasladada ao Museo Nacional de Historia Natural (Nationaal Natuurhistorisch Museum) de Leiden.[1]

A través dunha campaña que promovía a recuperación do museo, chegouse a reunir a cantidade suficiente de diñeiro proveniente de investidores privados e doadores para exhibir novamente a exposición no segundo piso do edificio, nas vitrinas orixinais, aínda que totalmente restauradas. No entanto, o dodo e o cranio de tricerátops seguiron estando expostos en Leiden. Os minerais radioactivos foron almacenados na Organización Central de Refugallos Radioactivos (Centrale Organisatie Voor Radioactief Afval -COVRA) en Borsele.

Finalmente, a colección enteira foi adquirida polo Museo Nacional de Historia Natural de Leiden, que mantén en préstamo os artigos expostos. A cerimonia de reapertura tivo lugar o 23 de abril de 2015.[2]

Configuración orixinal do museo

As coleccións científicas supoñen unha boa mostra da importancia da formación xeolóxica da TU Delft. As coleccións deste museo distribuíanse do seguinte xeito:

Planta baixa

  • Colección colonial. Coleccións conformadas por obxectos recollidos nas antigas colonias dos Países Baixos. Estas coleccións foron perdendo paseniño a súa improtancia na formación da universidade e foron trasladadas ao museo de Leiden. Esta sección converteuse en laboratorio de química en 1960 e actualmente é a sede do Centro de Ciencia de Delft (Science Centre Delft), tamén vinculado á Universidade de Tecnoloxía da cidade.

Primeiro andar

  • Minerais. A colección albergaba practicamente todos os minerais que se poden achar na Terra, e estaban dispostos consonte a clasificación de Strunz.
  • Rochas. O museo contaba cunha importante colección de rochas magmáticas, sedimentarias e metamórficas.
  • Minerais de minaría. Nos 150 primeiros anos desde a fundación do museo púxose moito interese na estracción de minerais, polo que se logrou unha colección moi extensa. A maioría dos minerais proveñen de minas que hoxe xa non existen.
  • Xeoloxía xeral. Esta parte da colección presentaba obxectos tan variados como fósiles, meteoritos, placas murais ou lámpadas de mina. Nesta parte do museo amosábase tamén un cranio dun tricerátops, unha copia dun Archaeopteryx e o esqueleto dun dodo, que en 2013 pasaron ao museo de Leiden e non forman parte da exposoción actual do segundo andar inaugurada en 2015.

Segundo andar

  • Paleontoloxía e estratigrafía. Colección de fósiles e rochas sedimentarias, que nos anos oitenta se transferiu ao museo de Leiden. Despois de diversos usos, este espazo renovouse en 2015 como espazo expositivo paera as rochas e os minerais que compoñen a exosición actual, que anteriormente estiveran no primeiro andar.


Ligazóns externas

Notas

Modelo:References

  1. Geo.brief, KNGMG, mei 2013 (pdf[Ligazón morta])
  2. Aankondiging heropening[Ligazón morta]