Mario Chalmers: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (3)
melloro a localización
Liña 12: Liña 12:
| nacionalidade = {{USAb}} [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]
| nacionalidade = {{USAb}} [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]
| nacemento = [[19 de maio]] de [[1986]] <small>{{idade|19|5|1986}}</small>
| nacemento = [[19 de maio]] de [[1986]] <small>{{idade|19|5|1986}}</small>
| lugar = [[Ficheiro:Flag of Alaska.svg|border|20px|Alaska]] [[Anchorage]], [[Alasca]]
| lugar = [[Ficheiro:Flag of Alaska.svg|border|20px|Alaska]] [[Anchorage]] ([[Alasca]])
| instituto = Bartlett, [[Anchorage]]
| instituto = Bartlett, [[Anchorage]]
| universidade = Kansas (2005–2008)
| universidade = Kansas (2005–2008)
Liña 23: Liña 23:
| premios = 2× [[NBA|Campión da NBA]] <small>([[Tempada 2011-12 da NBA|2012]], [[Tempada 2012-13 da NBA|2013]])</small>
| premios = 2× [[NBA|Campión da NBA]] <small>([[Tempada 2011-12 da NBA|2012]], [[Tempada 2012-13 da NBA|2013]])</small>
}}
}}
'''Almario Vernard "Mario" Chalmers''', nado o [[19 de maio]] de [[1986]] en [[Anchorage]], [[Alasca]], é un xogador profesional de [[baloncesto]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Mide 1,88 [[metro]]s de altura, e xoga na posición de [[Base (baloncesto)|base]]. Foi campión da [[NCAA]] e elixido Mellor xogador da Final Four en [[2008]], antes de dar o salto á liga profesional.
'''Almario Vernard "Mario" Chalmers''', nado o [[19 de maio]] de [[1986]] en [[Anchorage]] ([[Alasca]]), é un xogador profesional de [[baloncesto]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Mide 1,88 [[metro]]s de altura, e xoga na posición de [[Base (baloncesto)|base]]. Foi campión da [[NCAA]] e elixido Mellor xogador da Final Four en [[2008]], antes de dar o salto á liga profesional.


== Universidade ==
== Universidade ==
Liña 106: Liña 106:
{{ORDENAR:Chalmers, Mario}}
{{ORDENAR:Chalmers, Mario}}
[[Categoría:Nados en 1986]]
[[Categoría:Nados en 1986]]
[[Categoría:Nados en Alasca]]
[[Categoría:Nados en Anchorage]]
[[Categoría:Bases de baloncesto]]
[[Categoría:Bases de baloncesto]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2017 ás 18:21

Mario Chalmers
Axente libre
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 19 de maio de 1986 (37 anos)
Alaska Anchorage (Alasca)
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto Bartlett, Anchorage
Universidade Kansas (2005–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 34
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Miami Heat (2008−2015)
Memphis Grizzlies (2015−2016)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2012, 2013)
Información en nba.com

Almario Vernard "Mario" Chalmers, nado o 19 de maio de 1986 en Anchorage (Alasca), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,88 metros de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da NCAA e elixido Mellor xogador da Final Four en 2008, antes de dar o salto á liga profesional.

Universidade

Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre Arizona e Kansas, decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un récord da Big 12 Conference de maior número de roubos de balón nunha tempada por un freshman, con 89.[1] Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara o título de conferencia. Recibiu o Premio Clyde Lovellette da Universidade de Kansas xunto con Julian Wright ao xogador máis mellorado da tempada.[2]

Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o récord dos Jayhawks de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluído no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.

Na súa tempada júnior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á Universidade de Memphis, na cal tivo unha gran actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.[3] Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os Jayhawks aos Tigers por 75-68.[4] Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[5]

Estatísticas

TEMPADA P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB
2005-2006 33 26.0 11.5 2.2 3.8 2.8 1.37 2.7
2006-2007 38 29.2 12.2 3.0 3.3 2.4 1.36 2.6
2007-2008 39 30.0 12.8 3.1 4.3 1.9 2.25 2.5

NBA

Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2008 polos Minnesota Timberwolves, no posto 34º, pero Miami Heat fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de dólares e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co club de Florida por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.[6]

Tempada 2008-09

Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie[7] e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.[8] Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o líder de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.

O 5 de novembro de 2008, Chalmers fixo un récord para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.[9]

Tempada 2009-10

Chalmers xogou todos os partidos ata o 31 de xaneiro contra os Milwaukee Bucks. Foi o primeiro partido que se perdeu nos seus dous anos de carreira. Fixo 7.1 puntos e 3.4 asistencias por partidos. O 31 de xaneiro de 2010, Chalmers lesionouse un ligamento no dedo pulgar do pé.[10] Chalmers volveu ao equipo semanas despois, e xogou o resto de partidos da tempada e dos playoffs.

Tempada 2010-11

O 8 de xullo de 2010, cando LeBron James anunciou que ía xogar nos Miami Heat, Chalmers cambiou o seu número, e escolleu o 15, o número que usaba na Universidade. James fíxose co número 6 que antes tiña Chalmers.[11]

No 5º partidos das Finais da NBA de 2011, Chalmers anotou un tiro dende o mediocampo sobre a bucina do segundo cuarto, para darlle vantaxe a Miami por 31-30,[12] pero os Heat perderían o encontro contra os Dallas Mavericks por 112-103, poñendo así a serie 2-3 favorable a Dallas. Chalmers fixo 15 puntos, 4 rebotes, 2 asistencias e un roubo de balón.[13]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas