Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico: Diferenzas entre revisións
→Traxectoria: arranxiño |
mSen resumo de edición |
||
Liña 41: | Liña 41: | ||
{{Sucesión| título = [[Rei dos Romanos]] | predecesor = [[Federico I Barbarroxa|Federico I]] | sucesor = [[Filipe de Suabia]]<br />'''''<small>contra [[Otón IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Otón IV]]''</small> | período = [[1169]] - [[1191]] |
{{Sucesión| título = [[Rei dos Romanos]] | predecesor = [[Federico I Barbarroxa|Federico I]] | sucesor = [[Filipe de Suabia]]<br />'''''<small>contra [[Otón IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Otón IV]]''</small> | período = [[1169]] - [[1191]] |
||
| título2 = [[Ficheiro:Imperial Crown of the Holy Roman Empire.jpg|40px|center]] [[Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico]]| predecesor2 = [[Federico I Barbarroxa|Federico I]] | sucesor2 = [[Otón IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Otón IV]] | período2 = [[1191]] - [[1197]]| título3 = [[Ficheiro: |
| título2 = [[Ficheiro:Imperial Crown of the Holy Roman Empire.jpg|40px|center]] [[Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico]]| predecesor2 = [[Federico I Barbarroxa|Federico I]] | sucesor2 = [[Otón IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Otón IV]] | período2 = [[1191]] - [[1197]]| título3 = [[Ficheiro:Arms of Swabia-Sicily.svg|40px|center]] [[Reino de Sicilia|Rei de Sicilia]]<br><small>Xunto con [[Constanza I de Sicilia|Constanza I]]</small> | predecesor3 = [[Guillerme III de Sicilia]] | sucesor3 = [[Federico II Hohenstaufen|Federico II]] | período3 = [[1194]] - [[1197]]}} |
||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 19 de novembro de 2017 ás 14:54
Henrique VI | |
---|---|
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico | |
Enrique VI no Códice Manesse. (c. 1300) | |
Reinado | 1191 - 1197 |
Outros títulos |
|
Nacemento | 1 de novembro de 1165 Nimega |
Falecemento | 28 de setembro de 1197 Mesina |
Predecesor | Federico I |
Sucesor | Otón IV |
Consorte | Constanza de Sicilia |
Descendencia | Federico II |
Casa real | Casa de Hohenstaufen |
Proxenitores | Federico Barbarroxa Beatriz, condesa de Borgoña |
Escudo da familia Hohenstaufen | |
Na rede | |
Henrique VI de Suabia, ou Henrique VI Hohenstaufen, nado o 1 de novembro de 1165 en Nimega (que daquela formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico), e finado o 28 de setembro de 1197 en Mesina (daquela no Reino de Sicilia), foi un nobre alemán que foi rei dos Romanos de 1169 a 1191, rei de Alemaña de 1190 a 1197, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico de 1191 a 1197 e rei de Sicilia de 1194 a 1197.
Traxectoria
Era fillo de Federico I Barbarroxa, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, e da súa esposa Beatriz, condesa de Borgoña.
O 29 de outubro de 1184, en Augsburgo, concertouse o compromiso de Henrique coa princesa normanda Constanza de Hauteville. No verán de 1185 Constanza deixou Palermo para ir a Milán, onde ía celebrarse a voda, acompañada dun fastuoso cortexo de príncipes e baróns. Henrique acompañou a Constana a Salerno, onde tivo que deixala para viaxar a Alemaña para asistir ao enterro da súa nai.[1] O 23 de agosto de 1185, polo valor simbólico e político que tiña a aprobación por parte da Igrexa deste enlace, en Rietti, a primeira cidade fóra do Reino de Sicilia, tivo lugar unha primeira celebración do matrimonio, por procuración, en presenza dunha delegación imperial en representación de Henrique.[2] A voda repetiuse despois en Milán, o 27 de xaneiro de 1186.
Henrique foi elixido en Bamberg en xuño de 1169 rei dos Romanos, e coroado como emperador do Sacro Imperio en 1191 en Roma, xunto á súa esposa, polo papa Celestino III.
En 1190 e 1193 logrou impoñerse sobre os nobres alemáns que se lle opoñían, encabezados por Henrique o León, duque de Saxonia e de Baviera, e que contaban coa axuda do papado e do rei de Inglaterra Ricardo Corazón de León, ao que chegou a apresar tras o seu segundo éxito. A pesar da vitoria mencionada non puido alcanzar o seu obxectivo de converter en hereditario o trono de Alemaña (causa do enfrontamento coa nobreza alemá, o papado e Inglaterra) pero, en 1194, tras un primeiro intento fracasado en 1191, logrou, practicamente polas armas, a coroa do Reino de Sicilia, que reclamara como herdanza da súa esposa.
En 1197, o poder tiránico do rei estranxeiro no sur de Italia deu orixe a revoltas, especialmente no sur de Sicilia, que os soldados alemáns reprimiron cruelmente. No mesmo ano, Henrique preparou unha Cruzada,[3] pero o 28 de setembro de 1197 morreu de malaria na cidade de Mesina, aínda que algúns pensan que foi envelenado.[4]
Predecesor: Federico I |
Rei dos Romanos 1169 - 1191 |
Sucesor: Filipe de Suabia contra Otón IV |
Predecesor: Federico I |
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico 1191 - 1197 |
Sucesor: Otón IV |
Predecesor: Guillerme III de Sicilia |
Rei de Sicilia Xunto con Constanza I 1194 - 1197 |
Sucesor: Federico II |
Notas
- ↑ "Costanza d'Altavilla, imperatrice e regina di Sicilia". Dizionario Biografico degli Italiani - Volume 30 (1984). Consultado o 30 de setembro de 2016. En Trecanni (en italiano).
- ↑ "Il matrimonio per legatos di Costanza d'Altavilla (1185)" (en italiano). Consultada o 30 de setembro de 2016.
- ↑ En 1197, aínda que "a ben preparada Cruzada do emperador Henrique era para conquistar a Terra Santa, tamén pretendeu alcanzar un antigo desexo dos normandos no leste: a conquista do imperio Bizantino". En: Hilgemann, Werner & Hermann Kinder (1974): The Anchor Atlas of World History, Volume I: From the Stone Age to the Eve of the French Revolution. New York: Anchor Books, Doubleday, p. 153.
- ↑ "Enrique VI morreu en Messina, envelenado, polo que se cre, polo seu propio contorno debido á súa política italiana". En: Kenneth Varty, ed, (2000): Reynard The Fox: Social Engagement and Cultural Metamorphoses In the Beast Epic from the Middle Ages to the Present. New York: Berghahn Books. ISBN 1-57181-737-9, p. 41.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico |
Bibliografía
- Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. Perrin. ISBN 2-262-02106-6.
- Quatriglio, Giuseppe (2002): Mille anni in Sicilia - Dagli Arabi ai Borboni. Marsilio. ISBN 88-317-6405-5.