Xustino I: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: Formato en Véxese tamén.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Servando2 (conversa | contribucións)
Biografía
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Tremissis-Justin I-sb0058.jpg|miniatura|300px|Flavius Iustinus Augustus]]
[[Ficheiro:Tremissis-Justin I-sb0058.jpg|miniatura|300px|Flavius Iustinus Augustus]]
'''Flavius Iustinus''' ou '''Xustino I''' (''c''. [[450]] - [[1 de agosto]] de [[527]]) foi [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] ([[518]] – [[527]]).
'''Flavius Iustinus''' ou '''Xustino I''' (''c''. [[450]] - [[1 de agosto]] de [[527]]) foi [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] ([[518]] – [[527]]).
==Traxectoria==

Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de [[Dardania]], pertencente á diocese de [[Diocese de Dacia|Dacia]] que, xunto coa de [[Diocese de Macedonia|Macedonia]], formaba entón a prefectura pretoriana de [[Ilírico]]. Na súa mocidade chegou a [[Constantinopla]] fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os ''excubitores'') do emperador [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]] en [[515]]. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en [[518]]. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era [[analfabeto]].

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2017 ás 11:40

Infotaula de personaXustino I

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Istok Editar o valor em Wikidata
450 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Taurésio (Dardania) Editar o valor em Wikidata
Morte1 de agosto de 527 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Emperador bizantino
518 – 1 de agosto de 527
← Anastasio IXustiniano I →
Senador romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Bizantino e Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra Anastácia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Xustiniana Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEufémia (imperatriz)
FillosXustiniano I, fillo adoptivo Editar o valor em Wikidata
IrmánsVigilantia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 40940445 Editar o valor em Wikidata
Flavius Iustinus Augustus

Flavius Iustinus ou Xustino I (c. 450 - 1 de agosto de 527) foi emperador bizantino (518527).

Traxectoria

Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de Dardania, pertencente á diocese de Dacia que, xunto coa de Macedonia, formaba entón a prefectura pretoriana de Ilírico. Na súa mocidade chegou a Constantinopla fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os excubitores) do emperador Anastasio I en 515. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en 518. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era analfabeto.

Xustino, que era un militar sen os coñecementos nin a visión precisos para gobernar o estado bizantino, rodeouse de conselleiros de confianza. O máis destacado deles foi sen dúbida o seu sobriño, Flavio Petro Sabacio, ao que adoptou como fillo e ao que deu o nome, polo que pasou á historia, de Xustiniano. Aínda que se di con frecuencia que Xustiniano rexeu os destinos do Imperio xa en vida do seu tío, como afirma o historiador Procopio, é probábel que non fose así, xa que só foi investido como sucesor meses antes da morte de Xustino.

En 525, Xustino derrogou unha lei que prohibía aos membros da clase senatorial contraer matrimonio cunha muller de clase inferior, o cal foi considerado escandaloso na época. Grazas a este edicto, Xustiniano puido casar con Teodora, unha antiga actriz e artista de circo; por outra banda, a derrogación desta norma contribuíu a diluír as antigas diferenzas de clase da sociedade romana.

Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polas disputas cos ostrogodos, conseguindo aquietar a Teodorico ao renunciar Xustino a nomear cónsules, e os persas pola rexión de Lazica, a antiga Cólquida e que vai provocar unha guerra que non vai ter un vencedor claro. En 526 a súa saúde comezou a declinar, e nomeou formalmente sucesor a Xustiniano o 1 de abril de 527. Morreu o 1 de agosto dese mesmo ano.

A cidade de Anazarbus foi rebautizada como Iustinopolis en 525, en honor seu.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Imperio Bizantino

Segue a:
Anastasio I, Emperador
Xustino I
Precede a:
Xustiniano I
Dinastía Xustiniana