Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións
→Referencias: notas |
|||
Liña 16: | Liña 16: | ||
== Participantes == |
== Participantes == |
||
Neste proxecto participan dous grupos de músicos: |
Neste proxecto participan dous grupos de músicos: |
||
* Grupo residente: Son membros da Comunidade Universitaria da USC con coñecementos previos de tocar algún instrumento pertencente á disposición instrumental da Orquestra do Espazo de Cámara da USC. |
|||
* Grupo residente: |
|||
Son membros da Comunidade Universitaria da |
* Grupo interino: Son compoñentes de orquestra pero non son membros da Comunidade Universitaria da USC, son estudantes de música de centros oficiais e/ou escolas de música e superaron unha proba específica para ingresar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC. |
||
* Grupo interino: |
|||
Son compoñentes de orquestra pero non son membros da Comunidade Universitaria da USC, son estudantes de música de centros oficiais e/ou escolas de música e superaron unha proba específica para ingresar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC. |
|||
== Acontecementos == |
== Acontecementos == |
Revisión como estaba o 17 de novembro de 2017 ás 10:31
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
A Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela é un proxecto educativo no que participan estudantes e mesmo persoas que saben tocar un instrumento orquestral.[1]
A orquestra ten a súa orixe en 2010, aínda que ofrece o seu primeiro concerto en 2011, realiza cada curso escolar unha convocatoria pública, polo menos, para a selección e admisión para pertencer á formación. Os diferentes instrumentos para os que se realizan probas de admisión son violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón, tuba, clave, órgano, percusión e arpa.
O vestiario dos membros do grupo nas actuacións é de cor negra, toda a indumentaria: camisa, pantalón, vestido e zapatos son de cor negra.
Nas actuacións desta orquestra é frecuente vela acompañada por solistas alleos á formación. Esta orquestra ofrece concertos públicos e gratuítos repartidos ao longo do curso escolar.
Dirección musical
Dende a súa fundación en 2010 está baixo a batuta de Mario Diz.
Mario Diz, é un músico discípulo do mestre Antón García Abril, que desenvolve a súa carreira profesional ligada a diversos proxectos, ademais do xa mencionado. Exerce nos últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións profesionais e didácticas ademais de continuar a súa actividade como profesor de violín e viola na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.
Participantes
Neste proxecto participan dous grupos de músicos:
- Grupo residente: Son membros da Comunidade Universitaria da USC con coñecementos previos de tocar algún instrumento pertencente á disposición instrumental da Orquestra do Espazo de Cámara da USC.
- Grupo interino: Son compoñentes de orquestra pero non son membros da Comunidade Universitaria da USC, son estudantes de música de centros oficiais e/ou escolas de música e superaron unha proba específica para ingresar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC.
Acontecementos
Espazo de Cámara ofrece concertos gratuítos e de asistencia libre ao longo do curso escolar. Aínda que o seu primeiro concerto tivo lugar a mediados de abril de 2011, o primeiro concerto oficial desta formación tivo lugar o 17 de xuño de 2011, na igrexa da Universidade, co programa seguinte:
- Sinfonía “Ao Santo Sepolcro” Rv 169 - Antonio Vivaldi (Venecia 1678, Viena 1741)
- Concerto para cordas en Re Maior Rv121 - Antonio Vivaldi
- Seis Danzas Galegas, Suite. – Mario Diz
Premio de composición musical
A Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela xunto coa Area de Cultura da Universidad de santiago de Compostela, promoveu no 2017 o "I premio de Composición musical OUSC" a nivel nacional[2]. As obras gañadoras ex aequo desta primeira edición foron:
- “Danza del Gato” KMV28 de Klaus Martínez Veiga
- “Inferno” de Sergio Rodriguez Pena
- “Auga en Movemento” de Juan Daniel Romero Pérez
Sendo excelentísimo tribunal o compositor e mestre Fernando Buide del Real, o director Mario Diz e Pablo Sampedro Magán representante da Área de Cultura da USC[3].
Notas
- ↑ "Espazo de Cámara da USC".
- ↑ I Premio Composición Musical OUSC. "ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA".
- ↑ Tribunal. "I Premio de Composición Musical OUSC".