Aecio: Diferenzas entre revisións
m →Historia: arranxiño |
m Poño modelo Biografía |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
|||
'''Flavio Aecio''', |
'''Flavio Aecio''', xeneral [[Roma Antiga|romano]], morto no [[454]]. Orixinario da provincia de [[Moesia]], era fillo do ''[[magister equitum]]'' [[Gaudencio]] e da dama [[Aurelia]]. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de [[Alarico I]], o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos [[godos]]. Serve á súa vez como ''[[magister equitum]]'' nas [[Galias]] durante a xefatura militar de [[Félix]], ata que no [[433]] alcanza el mesmo a dita maxistratura de ''[[magister militum]]''. |
||
Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico [[Imperio Romano de Occidente|Imperio de Occidente]] que está en proceso de derrube. Protexe [[Italia]] e detén a expansión dos [[bárbaro]]s: frea aos [[visigodos]] na [[Galia]] e reduce aos [[burgundios]] en [[Savoia (rexión)|Savoia]]. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento [[vándalo]] no norte de [[África]]. |
Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico [[Imperio Romano de Occidente|Imperio de Occidente]] que está en proceso de derrube. Protexe [[Italia]] e detén a expansión dos [[bárbaro]]s: frea aos [[visigodos]] na [[Galia]] e reduce aos [[burgundios]] en [[Savoia (rexión)|Savoia]]. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento [[vándalo]] no norte de [[África]]. |
Revisión como estaba o 15 de novembro de 2017 ás 15:04
Nome orixinal | (la) Flavius Aetius (la) Flavius Aëtius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 390 Silistra |
Morte | 21 de setembro de 454 (Gregoriano) (54/64 anos) Rávena |
Causa da morte | Homicidio |
Cónsul romano | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Romano de Occidente Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano e Antigüidade tardía |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Romano de Occidente |
Rama militar | Exército romano tardío |
Rango militar | Magister militum |
Conflito | Batalha de Ravena (pt) e Batalla dos Campos Cataláunicos |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido Pelagia (en) |
Fillos | Carpilio (en) () Aetia (en) () valor descoñecido Gaudentius (en) () Pelagia (en) |
Pai | Flavio Gaudencio |
Flavio Aecio, xeneral romano, morto no 454. Orixinario da provincia de Moesia, era fillo do magister equitum Gaudencio e da dama Aurelia. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de Alarico I, o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos godos. Serve á súa vez como magister equitum nas Galias durante a xefatura militar de Félix, ata que no 433 alcanza el mesmo a dita maxistratura de magister militum.
Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico Imperio de Occidente que está en proceso de derrube. Protexe Italia e detén a expansión dos bárbaros: frea aos visigodos na Galia e reduce aos burgundios en Savoia. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento vándalo no norte de África.
Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os hunos. Sentíndose insultado o seu caudillo Atila polo emperador Valentiniano III ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá Honoria, lánzase a destruír Roma. Para isto convoca unha gran confederación de tribos escitas, sármatas, xépidas, ostrogodas, alanas, que se unen aos hunos na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a francos, vándalos, visigodos e as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos Campos Cataláunicos no ano 451: é a última gran batalla do Imperio de Occidente.
Para a súa desgraza, esta gran vitoria halle valer a envexa do emperador, que, abrigando sospeitas dunha hipotética pretensión ao trono, ordena matalo no 454. Posteriormente a intriga vólvese contra o propio Valentiniano, que é asasinado un ano despois por seguidores de Aecio.