Williamina Fleming: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Poño modelo Biografía
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía
[[Ficheiro:Williamina Paton Stevens Fleming circa 1890s.jpg|miniatura|Williamina Fleming]]
|descrición = Williamina Fleming cara 1890
|nome_completo =
|nome_nacemento =
|alcume =
|data_de_nacemento =
|lugar_de_nacemento =
|data_de_falecemento = [[21 de maio]] de [[1911]] (54 anos)
|lugar_de_falecemento =
|causa =
|soterrado =
|soterrada =
|nacionalidade = {{USAb}} estadounidense
|cónxuxe = James Orr Fleming
|fillos = Edward Fleming
}}
'''Williamina Paton Stevens Fleming''', coñecida como '''Mina Fleming''', nada en [[Dundee]] o [[15 de maio]] de [[1857]] e falecida en [[Boston]] o [[21 de maio]] de [[1911]], foi unha [[astronomía|astrónoma]] [[EUA|estadounidense]] de orixe [[Escocia|escocesa]].
'''Williamina Paton Stevens Fleming''', coñecida como '''Mina Fleming''', nada en [[Dundee]] o [[15 de maio]] de [[1857]] e falecida en [[Boston]] o [[21 de maio]] de [[1911]], foi unha [[astronomía|astrónoma]] [[EUA|estadounidense]] de orixe [[Escocia|escocesa]].



Revisión como estaba o 14 de novembro de 2017 ás 21:33

Infotaula de personaWilliamina Fleming

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Williamina Paton Stevens Editar o valor em Wikidata
15 de maio de 1857 Editar o valor em Wikidata
Dundee Editar o valor em Wikidata
Morte21 de maio de 1911 (54 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Mount Auburn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBoston (1878–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidade estadounidense
Director de teseEdward Charles Pickering (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónoma Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHarvard College Observatory (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJames Orr Fleming
FillosEdward Fleming
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Stevens-22953 Find a Grave: 58437055 Editar o valor em Wikidata

Williamina Paton Stevens Fleming, coñecida como Mina Fleming, nada en Dundee o 15 de maio de 1857 e falecida en Boston o 21 de maio de 1911, foi unha astrónoma estadounidense de orixe escocesa.

Traxectoria

Asistiu á escola pública de Dundee, e aos 14 anos xa axudaba no ensino dos rapaces, actuando de mestra ao tempo que aprendía como alumna, mediante o sistema pupil-teacher[1]. En maio de 1877, con 20 anos, casou con James Orr Fleming, trasladándose ao ano seguinte aos Estados Unidos de América, asentándose en Boston, Massachusetts. Tras quedar embarazada en 1879, o seu marido abandonouna, véndose obrigada a encontrar traballo para poder manterse tanto ela como ao seu fillo Edward.

Traballou como empregada do fogar na casa de Edward Charles Pickering, un famoso profesor de astronomía, e director do Hardvard College Observatory. Pickering estaba frustrado co seu asistente masculino, e declarou que a súa asistenta podería levar a cabo mellor o seu traballo.

En 1881, Pickering ofreceulle a Fleming un emprego temporal no observatorio para facer tarefas rutineiras de oficina e algúns cálculos matemáticos, e axiña pasou a ser membro permanente do persoal de investigación. Puxérona a cargo de decenas de mulleres novas, que foron empregadas para facer cálculos matemáticos, proceso que na actualidade fan as computadoras, e dirixíaas cunha disciplina implacable, sendo temida e admirada a partes iguais. Ademais, corrixiu todos os orixinais das publicacións do observatorio. Axudou a elaborar un sistema de asignación de estrelas, que basicamente consistía en asignar unha letra, que dependía da cantidade do hidróxeno observado no seu espectro. As estrelas clasificadas coa letra A estaban formadas por hidróxeno case na súa totalidade, as clasificadas coa letra B contiñan menos hidróxeno, e así sucesivamente. Este sistema serviulle a Annie Jump Cannon como base de traballo, que foi mellorado desenvolver unha clasificación baseada na temperatura. Nos seguintes 30 anos da súa vida, colaborou na análise fotográfica de espectros estelares.

Fleming contribuíu na confección do catálogo Henry Draper, e nun período de nove anos catalogou máis de 10.000 estrelas. Nese tempo tamén descubriu 59 nebulosas gasosas, 310 estrelas variables, e 10 novas. Tamén estableceu os primeiros estándares fotográficos de magnitude usados para medir o brillo das estrelas variables. En 1907 publicou un listado con 222 estrellas variables descubertas por ela, e en 1910 descubriu propiedades dos espectros das ananas brancas, estrelas moi densas e moi quentes.

En 1888 Fleming descubriu a nebulosa Cabeza de Cabalo. William Pickering, que tomou a fotografía, especulou con que naquel lugar houbese materia escura oculta. Nos artigos e libros seguintes Williamina Fleming non aparece nos créditos, xa que John Dreyer, o principal encargado de recompilar información para o primeiro Catálogo Índice, eliminou o seu nome da lista de obxectos que descubriron, atribuíndo todas as achegas a Pickering. Porén, no segundo Catálogo Índice de 1908, Fleming recibiu os créditos que lle correspondían.

En 1899 Fleming recibiu o título de Conservadora do Arquivo de Fotografías Astronómicas en Harvard, tratándose do primeiro cargo institucional en Harvard concedido a unha muller. En 1906 logrou unha praza honoraria na Royal Astronomical Society de Londres, sendo a primeira muller en ser elixida, e conseguiu un premio honorario do Wellesley College. Pouco despois da súa morte, a Sociedad Astronómica de México galardoouna coa medalla Guadalupe Almendaro polo descubrimento de novas estrelas.

Morreu de pulmonía en Boston.

Obra

  • Draper Catalogue of Stellar Spectra (1890).
  • A Photographic Study of Variable Stars (1907).
  • Spectra and Photographic Magnitudes of Stars in Standard Regions (1911).

Notas

  1. (en inglés) pupil-teacher

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas