Jacobo Torres: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución da categoría "Xogadores do Celta de Vigo internacionais ca selección de fútbol de Galicia" pola categoría "Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia"
Liña 21: Liña 21:


{{ORDENAR:Torres, Jacobo}}
{{ORDENAR:Torres, Jacobo}}

[[Categoría:Xogadores do Real Club Fortuna de Vigo]]
[[Categoría:Xogadores do Real Club Fortuna de Vigo]]
[[Categoría:Xogadores do Celta de Vigo]]
[[Categoría:Xogadores do Celta de Vigo]]
[[Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais ca selección de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Centrocampistas de fútbol]]
[[Categoría:Centrocampistas de fútbol]]
[[Categoría:Futbolistas de Galicia]]
[[Categoría:Futbolistas de Galicia]]

Revisión como estaba o 14 de novembro de 2017 ás 19:21

Jacobo Torres foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

Torres formaba parte do plantel do Real Club Fortuna de Vigo no momento da súa fusión co Real Vigo Sporting Club, que deu lugar ao nacemento do Celta de Vigo, pasando a formar parte do novo equipo.

O 16 de setembro de 1923 Jacobo Torres vestiu por primeira vez a camisola do Celta, no encontro amigábel entre dous equipos confeccionados con xogadores do Celta, que por entón tiña un plantel moi extenso, de ao redor de 60 xogadores. O equipo titular foi: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Jacobo Torres, Balbino, Reigosa, Gerardito, Chicha, Polo e Pinilla.

Na primeira tempada na que o Celta competiu no Campionato de Galicia, a 1923-24, proclámase campión, sendo Torres un dos xogadores máis utilizados. Ao ano seguinte repiten éxito, pero sería o último xa que a finais de 1925 Jacobo emigra a Cuba.

En Cuba segue xogando a fútbol, defendendo a zamarra do Centro Galego da Habana.

Tamén foi un habitual nas convocatorias da Selección de fútbol de Galicia, participando entre outros na estrea internacional do combinado, ante a a Selección de Lisboa que finalizou con vitoria galega por 3-1.

Modelo:Primeira Plantilla do Celta de Vigo

Véxase tamén

Ligazóns externas