Carlos María Isidro de Borbón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Poño modelo Biografía
arranxiño
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=agosto de 2015}}
{{Sen referencias|data=agosto de 2015}}
{{Biografía
{{Biografía
|descrición = ''Retrato del infante don Carlos'', [[Vicente López Portaña]], ''c.'' [[1825]]. [[Real Academia de Bellas Artes de San Fernando]], Madrid.
|nome=Carlos María Isidro de Borbón|descrición = ''Retrato do infante don Carlos'', [[Vicente López Portaña]], ''c.'' [[1825]]. [[Real Academia de Bellas Artes de San Fernando]], Madrid.
|nome_completo = Carlos María Isidro Benito de Borbón
|nome_nacemento =
|alcume =
|data_de_nacemento =
|data_de_nacemento =
|lugar_de_nacemento =
|lugar_de_nacemento =
|data_de_falecemento = [[10 de marzo]] de [[1855]] (66 anos}
|data_de_falecemento = [[10 de marzo]] de [[1855]] (66 anos}
|nome_completo = Carlos María Isidro Benito de Borbón
|nome_nacemento =
|alcume =
}}
}}



Revisión como estaba o 13 de novembro de 2017 ás 10:26

Infotaula de personaSua Alteza Real (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Carlos María Isidro de Borbón

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalCarlos María Isidro Benito de Borbón
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1788 Editar o valor em Wikidata
Aranjuez, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de marzo de 1855 (66 anos}
Trieste Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTrieste Cathedral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloInfante de España (1788–1834)
Carlist pretender to the Spanish throne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Teresa de Bragança, infanta de Portugal (pt) Traducir (1838–)
María Francisca de Braganza (1816–) Editar o valor em Wikidata
FillosXoán, conde de Montizón, Fernando de Bourbon e Bragança (pt) Traducir, Carlos Luís de Borbón Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos IV de España Editar o valor em Wikidata  e María Luísa de Parma Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria Amália de Espanha (pt) Traducir, Maria Isabel de Bourbon (pt) Traducir, Maria Luísa, Duquesa de Lucca (pt) Traducir, Carlota Xoaquina de Borbón, Francisco de Paula de Borbón e Fernando VII Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bourbon-254 Find a Grave: 42926226 Editar o valor em Wikidata


Carlos María Isidro Benito de Borbón, Infante de España, nado en Madrid o 29 de marzo de 1788 e finado en Trieste o 10 de marzo de 1855, foi o segundo fillo do rei Carlos IV de España e de María Luísa de Parma, e irmán de Fernando VII. Tamén foi coñecido como Don Carlos. Foi o primeiro pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos V de España.

Traxectoria

Naceu no Palacio Real de Madrid. Entre 1808 e 1814 viviu prisioneiro de Napoleón en Valençay cos seus irmáns. En 1814 volveu co resto da familia real a Madrid e xurou a constitución de 1812. En setembro de 1816 casou coa súa sobriña a infanta María Francisca de Portugal, filla do rei Xoán VI de Portugal e de Carlota Xoaquina, irmá de Carlos. A parella tivo tres fillos: Carlos Luís (1818-1861), Xoán (1822-1887) e Fernando (1824-1861).

Carlos era unha persoa moi relixiosa, que cría no dereito divino da monarquía e na sucesión lexítima, polo que a pesar dos intentos dos seus partidarios de tomar as armas contra o seu irmán, sempre lle foi fiel.

Pragmática Sanción

En maio de 1830 Fernando VII publicou a Pragmática Sanción que permitía ás mulleres suceder ao trono español, ao igual que os seus fillos. O decreto fora orixinalmente aprobado polas Cortes en 1789 pero nunca se promulgara oficialmente. Ata entón Carlos fora o herdeiro do seu irmán. O 10 de outubro de 1830 a muller de Fernando deulle unha filla, que levou o nome de Isabel e desprazou ao seu tío da liña de sucesión.

Os apostólicos continuaron a apoiar os dereitos de Carlos ao trono, ao considerar a Pragmática Sanción ilegal e intrigaron a favor de Carlos. En marzo de 1833 Fernando suxeriu a Carlos que se trasladase a Portugal coa súa familia.

En abril de 1833, Fernando chamou a Carlos a xurar fidelidade a Isabel como Princesa de Asturias, o que Carlos rexeitou a recoñecela e a renunciar aos seus dereitos á coroa ao que Fernando VII reaccionou prohibíndolle volver a España.

Carlos V

Tras a morte de Fernando VII o 29 de setembro de 1833, Carlos emitiu o manifesto de Abrantes o 1 de outubro no que declaraba a súa ascensión ao trono co nome de Carlos V e deu comezo á Primeira Guerra Carlista. En maio de 1834, tras a derrota dos miguelistas na guerra civil portuguesa, Carlos marchou para Inglaterra`pese ás protestas das autoridades españolas, onde chegou o 18 de xuño, pero axiña trasladouse a Francia para entrar en España pola fronteira de Navarra o 9 de xullo. En outubro de 1834 un decreto privouno dos seus dereitos como Infante de España e que foi confirmado polas Cortes en 1847.

Carlos permaneceu en España durante cinco anos e mantivo unha corte itinerante, acompañando ao seu exército, pero sen amosar dotes militares. No verán de 1837 dirixiu a coñecida como Expedición Real, na que á fronte de gran parte dos seus homes marchou por Cataluña e o Maestrazgo ata chegar ás portas de Madrid, pero non se decidiron a atacala e retiráronse acosados por Baldomero Espartero, tras a expedición Carlos emprendeu unha purga entre os seus principais colaboradores.

En outubro de 1837, logo da morte da súa primeira muller, casou coa súa sobriña María Teresa e en xuño de 1838 nomeou a Rafael Maroto como comandante en xefe, que se dedicou a reorganizar o exército, pero que afrontou escasas accións bélicas. En febreiro de 1839 mandou fusilar a tres xenerais diante a sospeita que estiveran organizando un complot contra el e esixiu a Carlos a destitución de todos os seus opoñentes, Carlos destituíuno o 21 de febreiro e declarouno traidor, aínda que o 25 de febreiro recuou e accedeu ás súas peticións. Maroto comezou negociacións secretas cos isabelinos que remataron en 1839 coa sinatura do Convenio de Oñate, tamén coñecido como abrazo de Vergara.

O 14 de setembro de 1839 cruzou a fronteira francesa e o goberno francés decidiu instalalo en Bourges coa súa muller e fillo, alí o 18 de maio de 1845 abdicou no seu fillo Carlos Luís, que adoptou o título de Carlos VI. Tras a súa abdicación usou o título de conde de Molina.