Eilat: Diferenzas entre revisións
Liña 53: | Liña 53: | ||
Unha comunidade islámica de comerciantes de cobre de entre 250 e 400 residentes floreceu durante o [[Califato Omeia]] entre os anos [[700]] e [[900]] [[d. C.]]. Os seus restos atopáronse en [[1989]], no extremo norte da moderna Eilat, entre o que hoxe en día é a súa zona industrial e próxima ao [[Kibbutz]] [[Eilot]].<ref>{{Cita publicación periódica | autor = Yehudah Rapuano | título = An Early Islamic Settlement and a Possible Open-Air Mosque at Eilat | xornal = 'Atiqot | ano = 2013 | volume = 75 | páxinas = 129–165}}</ref> |
Unha comunidade islámica de comerciantes de cobre de entre 250 e 400 residentes floreceu durante o [[Califato Omeia]] entre os anos [[700]] e [[900]] [[d. C.]]. Os seus restos atopáronse en [[1989]], no extremo norte da moderna Eilat, entre o que hoxe en día é a súa zona industrial e próxima ao [[Kibbutz]] [[Eilot]].<ref>{{Cita publicación periódica | autor = Yehudah Rapuano | título = An Early Islamic Settlement and a Possible Open-Air Mosque at Eilat | xornal = 'Atiqot | ano = 2013 | volume = 75 | páxinas = 129–165}}</ref> |
||
=== Tralo establecemento do Estado de Israel === |
|||
[[Ficheiro:Raising the Ink Flag at Umm Rashrash (Eilat).jpg|alt=Israeli soldiers stabilize a flag pole whilst another soldier climbs it in order to raise an improvised flag; the soldier is seen about halfway up the flag pole. Other soldiers look on.|esquerda|miniatura|275x275px|O izado da [[Bandeira de Tinta]], cando o terreo sobre o que foi edificado Eilat foi capturado durante a [[operación Uvda]].]] |
|||
O área foi designada como parte do estado xudeu no [[Plan de Partición de Palestina das Nacións Unidas|Plan de Partición de 1947]]. O posto abandonado da policía británica de ''Umm Al-Rashrash'' foi ocupado sen loitas o [[10 de marzo]] de [[1949]], como parte da [[operación Uvda]].<ref>{{cite journal|author=John S. Haupert|title=Development of Israel's Frontier Port of Elat|journal= The Professional Geographer|volume=16|issue= 2|pages=13–16}}</ref><ref>{{cite book|last1=Nowar|first1=Maan Abu|title=The history of the Hashemite Kingdom of Jordan.|date=2002|publisher=Ithaca Press|location=Oxford|isbn=0863722865|page=297|edition=1.|url=https://books.google.com/books?id=H_JtAAAAMAAJ}}</ref> |
|||
== Clima == |
== Clima == |
Revisión como estaba o 7 de novembro de 2017 ás 19:14
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario AMPERIO (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 6 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Coordenadas: 29°33′N 34°57′L / 29.550, -34.950 Modelo:Cidade
Eilat (en hebreo: אֵילַת e en árabe: إيلات) é a máis meridional das cidades do Estado de Israel, cun importante porto e un concorrido resort internacional. Sitúase no Distrito Meridional de Israel, na exigua costa que o país ten sobre o golfo de Eilat na rexión sur do Deserto do Negev, no extremo sur do Aravá. A súa poboación en 2016 era duns 50,072 habitantes [1] A cidade sitúase ao carón da poboación exipcia de Taba ao sur e coa cidade portuaria xordana de Aqaba ao leste, e a vista de Arabia Saudita ao sueste, cruzando o golfo. O seu nome deriva da bíblica cidade Elath, que adoita identificarse hoxe en día coa veciña Aqaba. As praias da cidade, a vida nocturna e as paisaxes do deserto, converten a cidade nun destino popular para o turismo nacional e internacional.
O abrasante calor do Negev, un dos máis áridos desertos do planeta, queda suavizado pola situación costeira de Eilat: as augas do mar Vermello axudan a suavizar as altas temperaturas, gozando a cidade dun clima idóneo que fixo unha das máis importantes atraccións turísticas de Israel. O reclamo turístico queda completado coa existencia de formacións coralinas, moi apreciadas polos submarinistas, e as expedicións de aventura ao interior do Negev.
Etimoloxía
A orixe do nome Eilat, mencionado no Antigo Testamento, non se coñece a con certeza, pero probablemente proveña da raíz hebrea A-Y-L (hebreo: א. י. ל.), que tamén é a raíz para a palabra Elah (hebreo: אלה), que significa Pistacia. Como outras moitas localidades, Eilat aparece mencionada na Biblia tanto na forma singular como plural (Eilot).[2]
Historia
Antigüidade
O asentamento orixinal situábase probablemente no extremo norte do Golfo de Eilat.[3] As escavacións arqueolóxicas excavations descubriron importantes tumbas prehistóricas que datan do milenio 7 a.C. na zona occidental de Eilat, mentres que as escavacións e traballos co cobre no Val de Timna datan dos milenios 5 e 6 a.C..[4]
Período xudeu
Eilat mencionase na Biblia por primeira vez no Libro do Éxodo. As primeiras seis estacións da ruta do Éxodo teñen lugar en Exipto. A sétima é o cruzamento do mar Vermello e desde a 9ª a 13ª teñen lugar nas proximidades de Eilat. A estación 12ª refírese a unha ducia de campamentos arredor de Timna no moderno Israel preto de Eilat. Cando o rei David conquistou Edom,[5] que ata entón fora a fronteira común entre Edom e Midian, pasou por Eilat, a cidade compartida tamén por eles. A cidade portuaria comercial e centro da industria do cobre mantivéronse con Exipto ata que foi reconstruída por Salomón no lugar hoxe coñecido como Ezion-Geber (I Reis 9:26). En 2 Reis 14:21-22 "Xudá enteiro fixouse en Azarías, cando tiña dezaseis anos, e aclamárono rei, no posto de seu pai Amasías. El reconstruíu Eilat e volveullo a Xudá, despois de que o rei adormeceu con seus pais."[6] E de novo en 2 Reis 16:6 "Por aquel mesmo tempo o rei de Edom recuperou Eilat, desbotando de alí a Xudá. Os edomitas entraron en Eilat e quedaron alí ata o día de hoxe."[7]
Foi un prospero porto de comercio xudeu entre os séculos 9º e 7º a.C.[8]
Períodos romano e musulmán
Durante a ocupación romana, construíuse unha estrada para unir o área coa cidade nabatea de Petra, na actual Xordania.
Unha comunidade islámica de comerciantes de cobre de entre 250 e 400 residentes floreceu durante o Califato Omeia entre os anos 700 e 900 d. C.. Os seus restos atopáronse en 1989, no extremo norte da moderna Eilat, entre o que hoxe en día é a súa zona industrial e próxima ao Kibbutz Eilot.[9]
Tralo establecemento do Estado de Israel
O área foi designada como parte do estado xudeu no Plan de Partición de 1947. O posto abandonado da policía británica de Umm Al-Rashrash foi ocupado sen loitas o 10 de marzo de 1949, como parte da operación Uvda.[10][11]
Clima
Eilat ten un Clima árido (segundo a Clasificación climática de Köppen de Köppen BWh[12]). Os invernos soen estar entre 11-23 °C. Os veráns oscilan entre 26-40 °C.
Datos climáticos para Eilat (Temperatura: 1987–2010, Precipitación: 1980–2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 32,2 | 35,8 | 38,7 | 43,4 | 45,2 | 47,4 | 48,3 | 48,0 | 45,0 | 44,3 | 38,1 | 33,6 | 48,3 |
Media mensual máxima en °C | 26,3 | 29,3 | 32,8 | 38,2 | 42,1 | 43,6 | 44,1 | 43,2 | 41,9 | 39,7 | 33,4 | 28,0 | 44,1 |
Media máxima en °C | 21,3 | 23,0 | 26,1 | 31,0 | 35,7 | 38,9 | 40,4 | 40,0 | 37,3 | 33,1 | 27,7 | 23,0 | 31,46 |
Media diaria en °C | 15,8 | 17,4 | 20,5 | 24,7 | 29,1 | 32,0 | 33,8 | 33,7 | 31,3 | 27,4 | 22,0 | 17,1 | 25,4 |
Media mínima en °C | 10,4 | 11,8 | 14,6 | 18,4 | 22,5 | 25,2 | 27,3 | 27,4 | 25,2 | 21,8 | 16,3 | 11,9 | 19,4 |
Media mensual mínima en °C | 5,9 | 7,4 | 10,1 | 13,4 | 17,7 | 21,5 | 24,8 | 24,8 | 22,0 | 17,4 | 11,5 | 7,5 | 5,9 |
Temperatura mínima en °C | 1,2 | 0,9 | 3,0 | 8,4 | 12,1 | 18,5 | 20,0 | 19,4 | 18,6 | 9,2 | 5,3 | 2,5 | 0,9 |
Chuvia media mm | 4 | 3 | 3 | 2 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 4 | 2 | 5 | 24 |
Media de días con chuvia (≥ 0.1 mm) | 2,1 | 1,8 | 1,6 | 0,9 | 0,7 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0,7 | 0,8 | 1,9 | 10,5 |
Humidade relativa media (%) | 32 | 28 | 25 | 19 | 16 | 15 | 17 | 18 | 23 | 27 | 29 | 33 | 23,5 |
Media de horas de sol mensuais | 229,4 | 237,3 | 251,1 | 273 | 319,3 | 324 | 347,2 | 347,2 | 291 | 282,1 | 246 | 217 | 3 364,6 |
Fonte: Israel Meteorological Service[13][14][15][16] |
Xan | Feb | Mar | Apr | Mai | Xun | Xul | Aug | Sep | Out | Nov | Dec |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
22 °C | 21 °C | 21 °C | 23 °C | 25 °C | 26 °C | 28 °C | 28 °C | 28 °C | 27 °C | 25 °C | 23 °C |
Notas
- ↑ "List of localities, in Alphabetical order" (PDF). Israel Central Bureau of Statistics. Consultado o 26 de setembro de 2017.
- ↑ Grinzweig, Michael (1993). Cohen, Meir; Schiller, Eli, eds. "From the Items of the Name Eilat". Ariel (en hebreo) (Ariel Publishing) (93–94: Eilat – Human, Sea and Desert): 110.
- ↑ Dr. Muhammed Abdul Nayeem, (1990). Prehistory and Protohistory of the Arabian Peninsula. Hyderabad. ISBN.
- ↑ Ian Shaw (2002). A Dictionary of Archaeology. John Wiley & Sons. Consultado o 23 de abril de 2015.
- ↑ "ישראל המקדשית". Gideon.022.co.il. Consultado o 16 de setembro de 2011.
- ↑ "2 Reis 14:21-22". A Biblia galega. Consultado o 30 de setembro de 2017.
- ↑ " "2 Reis 16:6". A Biblia galega. Consultado o 30 de setembro de 2017.
- ↑ "When and How Did Jerusalem Become a Great City? The Rise of Jerusalem as Judah's Premier City in the Eighth-Seventh Centuries B.C.E." Bulletin of the American Schools of Oriental Research, no. 347 (2007): 21-56. http://www.jstor.org/stable/25067021.
- ↑ Yehudah Rapuano (2013). "An Early Islamic Settlement and a Possible Open-Air Mosque at Eilat". 'Atiqot 75: 129–165.
- ↑ John S. Haupert. "Development of Israel's Frontier Port of Elat". The Professional Geographer 16 (2): 13–16.
- ↑ Nowar, Maan Abu (2002). The history of the Hashemite Kingdom of Jordan. (1. ed.). Oxford: Ithaca Press. p. 297. ISBN 0863722865.
- ↑ "Climate: Eilat - Climate graph, Temperature graph, Climate table". Climate-Data.org. Consultado o 5 de novembro de 2013.
- ↑ "Averages and Records for Tel Aviv (Precipitation, Temperature and Records written in the page)". Israel Meteorological Service. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2010. Consultado o 1 de agosto de 2010.(en hebreo)
- ↑ "Extremes for Tel Aviv [Records of February and May]". Israel Meteorological Service. Consultado o 2 de agosto de 2015.(en hebreo)
- ↑ "Temperature average". Israel Meteorological Service. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2011.(en hebreo)
- ↑ "Precipitation average". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.(en hebreo)
- ↑ "Eilat Climate and Weather Averages, Israel". Weather2Travel. Consultado o 20 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eilat |