Ecgfrith de Northumbria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
engado homónimos
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=outubro de 2016}}
{{Sen referencias|data=outubro de 2016}}
{{Outros homónimos|Ecgfrith}}
'''Ecgfrith''', nado c. [[645]] e finado o [[20 de maio]] de [[685]], foi Rei de Northumbria desde o ano [[670]] até a súa morte. Gobernou [[Reino de Northumbria|Northumbria]] cando estivo no seu apoxeo, pero o seu reino terminou cunha desastrosa derrota na cal perdeu a vida.
'''Ecgfrith''', nado c. [[645]] e finado o [[20 de maio]] de [[685]], foi Rei de Northumbria desde o ano [[670]] até a súa morte. Gobernou [[Reino de Northumbria|Northumbria]] cando estivo no seu apoxeo, pero o seu reino terminou cunha desastrosa derrota na cal perdeu a vida.



Revisión como estaba o 5 de novembro de 2017 ás 15:30

Ecgfrith, nado c. 645 e finado o 20 de maio de 685, foi Rei de Northumbria desde o ano 670 até a súa morte. Gobernou Northumbria cando estivo no seu apoxeo, pero o seu reino terminou cunha desastrosa derrota na cal perdeu a vida.

Traxectoria

Ecgfrith foi fillo do seu predecesor como rei, Oswiu de Northumbria. Beda cóntanos na súa Historia Eclesiástica da Xente Inglesa, que Ecgfrith foi tomado como refén "na corte da raíña Cynwise na provincia dos mercios" nos tempos da invasión de Northumbria por Penda de Mercia no ano 654 ou 655. Penda, con todo, foi derrotado e morreu na Batalla de Winwaed, a mans dos northumbreses ao comando de Oswiu, unha vitoria que expandiu considerablemente o poder e territorio de Northumbria.

Ecgfrith foi nomeado Rei de Deira, un subreino de Northumbria, en 664, e converteuse en rei de Northumbria despois da morte do seu pai o 15 de febreiro de 670. casou con Eteldreda de Ely, filla de Ana de Anglia Oriental, en 660; con todo, ela elixiu o hábito pouco despois de que Ecgfrith ascendese ao trono, algo que posiblemente ocasionou o longo conflito con Wilfrido, o Arcebispo de York. Ecgfrith casou por segunda vez con Eormenburga, antes de 678, o ano no que expulsou a Wilfrido do seu reino.

A principios do seu reino derrotou aos Pictos, os cales se alzaron en armas, e crearan o subreino de Lothian. En 674, Ecgfrith derrotou a Wulfhere de Mercia e capturou o Reino de Lindsey. En 679, loitou contra Mercia que estaba baixo liderado de Etelredo (o cal se casou con Osthryth, a irmá de Ecgfrith) no río Trent. Elfwine, o irmán de Ecgfrith, morreu en combate, e a provincia de Lindsey foi cedida cando a paz foi restaurada por intercesión de Teodoro de Tarsus.

En 684, Ecgfrith mandou unha expedición a Irlanda a cargo do xeneral Berht, a cal parece que non foi exitosa, xa que ningún terreo irlandés foi conquistado polos anglosaxóns. Pero a expedición foi exitosa no sentido de que os homes de Ecgfrith puideron saquear aldeas levando escravos e tesouros de regreso a casa. En 685, en contra das advertencias de Cutberto de Lindisfarne, dirixiu un escuadrón en contra dos pictos, os cales eran dirixidos polo seu primo Bruide mac Bili, e foi enganado nunha retirada falsa a cal os levou até unha trampa onde o seu réxime foi sorprendido, e na cal morreu. Esta confrontación, coñecida como Batalla de Nechtansmere, debilitou o control de Northumbria no norte, e Beda marca este punto como o principio do declive de Northumbria. Foi remplazado polo seu irmán ilexítimo, Aldfrido.

Ecgfrith parece ser o primeiro rei de Northumbria, e así mesmo, o primeiro rei anglosaxón, en instituír o penique de prata, o cal se convertería na moeda basee de Inglaterra por varios séculos. Existiron moedas anglosaxoas antes, pero estas foron raras de atopar, a máis común foi o xilin de ouro, ou "thrymsas", copiadas de modelos romanos. Os peniques, ou "sceattas", foron grosos, feitos en moldes, posiblemente copiados de moedas merovinxias, e foron repartidas a gran escala.

Véxase tamén

Outros artigos