Werner Heisenberg: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Liña 27: Liña 27:
Durante o seu primeiro ano toma esencialmente cursos de matemática coa idea de pasarse a traballar en teoría de números apenas teña a oportunidade, pero da pouco empeza a interesarse pola física teórica. Comeza a traballar na [[Teoría da Relatividade]] de [[Einstein]] pero Pauli aconséllalle que se dedique á Teoría Atómica na que aínda había gran discrepancia entre teoría e experimento.
Durante o seu primeiro ano toma esencialmente cursos de matemática coa idea de pasarse a traballar en teoría de números apenas teña a oportunidade, pero da pouco empeza a interesarse pola física teórica. Comeza a traballar na [[Teoría da Relatividade]] de [[Einstein]] pero Pauli aconséllalle que se dedique á Teoría Atómica na que aínda había gran discrepancia entre teoría e experimento.


Obtén o seu doutorado no [[1923]] e deseguido viaxa a [[Gotinga]], onde traballa como asistente de [[Max Born]]. En [[1924]] viaxa a [[Copenhaguen]] e coñece a [[Niels Bohr]]. En [[1925]], Heisenberg discorre a formulación matricial da mecánica cuántica. O que subxace na súa aproximación ó tema é un grande pragmatismo. No canto de concentrarse na evolución dos sistemas físicos de principio a fin, concentra os seus esforzos en obter información sabendo o estado inicial e final do sistema, sen preocuparse demasiado por coñecer de xeito preciso o ocorrido no medio. Concibe a idea de agrupar a información en forma de cadros de dobre entrada. Foi Max Born quen se deu conta de que esa forma de traballar xa fora estudada polos matemáticos e non era outra cousa que a [[teoría de matrices]]. Un dos resultados máis rechamantes é que a multiplicación de matrices non é conmutativa, polo que toda asociación de cantidades físicas con matrices terá que reflectir este feito matemático. Isto leva a Heisenberg a enunciar o [[Principio de indeterminación de Heisenberg|Principio de indeterminación]]. A teoría cuántica ten un éxito enorme e logra explicar practicamente todo o mundo microscópico. En [[1932]], pouco antes de cumprir os 31 anos, recibe o [[premio Nobel de Física]] por «''A creación da mecánica cuántica, cuxo uso conduciu, entre outras cousas, ó descubrimento das formas [[Alotropía|alotrópicas]] do [[hidróxeno]]''».
Obtén o seu doutoramento no [[1923]] e deseguido viaxa a [[Gotinga]], onde traballa como asistente de [[Max Born]]. En [[1924]] viaxa a [[Copenhaguen]] e coñece a [[Niels Bohr]]. En [[1925]], Heisenberg discorre a formulación matricial da mecánica cuántica. O que subxace na súa aproximación ó tema é un grande pragmatismo. No canto de concentrarse na evolución dos sistemas físicos de principio a fin, concentra os seus esforzos en obter información sabendo o estado inicial e final do sistema, sen preocuparse demasiado por coñecer de xeito preciso o ocorrido no medio. Concibe a idea de agrupar a información en forma de cadros de dobre entrada. Foi Max Born quen se deu conta de que esa forma de traballar xa fora estudada polos matemáticos e non era outra cousa que a [[teoría de matrices]]. Un dos resultados máis rechamantes é que a multiplicación de matrices non é conmutativa, polo que toda asociación de cantidades físicas con matrices terá que reflectir este feito matemático. Isto leva a Heisenberg a enunciar o [[Principio de indeterminación de Heisenberg|Principio de indeterminación]]. A teoría cuántica ten un éxito enorme e logra explicar practicamente todo o mundo microscópico. En [[1932]], pouco antes de cumprir os 31 anos, recibe o [[premio Nobel de Física]] por «''A creación da mecánica cuántica, cuxo uso conduciu, entre outras cousas, ó descubrimento das formas [[Alotropía|alotrópicas]] do [[hidróxeno]]''».


En [[1935]] intenta substituír a Sommerfeld que se xubila como profesor en [[Múnic]], pero os [[Nazismo|nazis]] queren eliminar toda teoría física «xudeizante», e nesa categoría entran a mecánica cuántica e a relatividade, cuxos referentes, Max Born e Albert [[Einstein]] son xudeus, de maneira que se impide o seu nomeamento.
En [[1935]] intenta substituír a Sommerfeld que se xubila como profesor en [[Múnic]], pero os [[Nazismo|nazis]] queren eliminar toda teoría física «xudeizante», e nesa categoría entran a mecánica cuántica e a relatividade, cuxos referentes, Max Born e Albert [[Einstein]] son xudeus, de maneira que se impide o seu nomeamento.

Revisión como estaba o 31 de outubro de 2017 ás 12:16

Infotaula de personaWerner Karl Heisenberg
Nome orixinal(de) Werner Karl Heisenberg Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1901
Würzburg (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1976
Múnic, Alemaña Alemaña
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Carcinoma de células renais (pt) Traducir e cancro da vesícula biliar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaWaldfriedhof de Munique (pt) Traducir, Block 163 48°06′20″N 11°29′48″L / 48.105646, 11.496684 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Alemán
Alemaña nazi
República de Weimar
Alemaña do Oeste Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic
Tese académicaÜber Stabilität und Turbulenz von Flüssigkeitsströmen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1923 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseArnold Sommerfeld Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica
Lugar de traballo Leipzig
Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico teórico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic (1958–1958)
Universidade de St Andrews (1955–1956)
Instituto Max-Planck de Física (pt) Traducir (1946–1970)
Projeto de energia nuclear alemão (pt) Traducir (1941–1945)
Universidade Humboldt de Berlín (1941–1941)
Universidade de Leipzig (1927–1941)
Universidade de Copenhague (1926–1927)
Universidade de Gotinga (1924–1924) Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosErich Bagge (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
19275th Solvay Conference on Physics (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoFelix Bloch
Edward Teller
Familia
CónxuxeElisabeth Heisenberg (pt) Traducir (1937–) Editar o valor em Wikidata
FillosJochen Heisenberg (pt) Traducir, Christine Mann (en) Traducir, Barbara Heisenberg (en) Traducir, Wolfgang Heisenberg, Martin Heisenberg (pt) Traducir, (Anna) Maria Heisenberg (en) Traducir, Verena Heisenberg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAugust Heisenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Annie Heisenberg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsErwin Heisenberg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1943-15 de outubro de 1945Operação Alsos (pt) Traducir
Operation Epsilon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física o 1932
Sinatura

Dialnet: 2131067 Musicbrainz: 0afcf108-2ad6-42f3-ae3d-68ca3e49b358 Discogs: 2915633 WikiTree: Heisenberg-2 Find a Grave: 61842518 Editar o valor em Wikidata

Werner Karl Heisenberg, nado en Würzburg, Alemaña o 5 de decembro de 1901 e finado en Múnic o 1 de febreiro de 1976, foi un físico alemán.

Traxectoria

Inclinado desde mozo polas matemáticas, e en menor medida pola física, intenta en 1920 empezar un doutoramento en matemática pura, pero Ferdinand von Lindemann rexéitao como alumno porque está próximo a xubilarse. Recoméndalle facer os seus estudos de doutoramento co físico Arnold Sommerfeld como supervisor, quen o acepta de bo grado. Ten como compañeiro de estudos a Wolfgang Pauli.

Durante o seu primeiro ano toma esencialmente cursos de matemática coa idea de pasarse a traballar en teoría de números apenas teña a oportunidade, pero da pouco empeza a interesarse pola física teórica. Comeza a traballar na Teoría da Relatividade de Einstein pero Pauli aconséllalle que se dedique á Teoría Atómica na que aínda había gran discrepancia entre teoría e experimento.

Obtén o seu doutoramento no 1923 e deseguido viaxa a Gotinga, onde traballa como asistente de Max Born. En 1924 viaxa a Copenhaguen e coñece a Niels Bohr. En 1925, Heisenberg discorre a formulación matricial da mecánica cuántica. O que subxace na súa aproximación ó tema é un grande pragmatismo. No canto de concentrarse na evolución dos sistemas físicos de principio a fin, concentra os seus esforzos en obter información sabendo o estado inicial e final do sistema, sen preocuparse demasiado por coñecer de xeito preciso o ocorrido no medio. Concibe a idea de agrupar a información en forma de cadros de dobre entrada. Foi Max Born quen se deu conta de que esa forma de traballar xa fora estudada polos matemáticos e non era outra cousa que a teoría de matrices. Un dos resultados máis rechamantes é que a multiplicación de matrices non é conmutativa, polo que toda asociación de cantidades físicas con matrices terá que reflectir este feito matemático. Isto leva a Heisenberg a enunciar o Principio de indeterminación. A teoría cuántica ten un éxito enorme e logra explicar practicamente todo o mundo microscópico. En 1932, pouco antes de cumprir os 31 anos, recibe o premio Nobel de Física por «A creación da mecánica cuántica, cuxo uso conduciu, entre outras cousas, ó descubrimento das formas alotrópicas do hidróxeno».

En 1935 intenta substituír a Sommerfeld que se xubila como profesor en Múnic, pero os nazis queren eliminar toda teoría física «xudeizante», e nesa categoría entran a mecánica cuántica e a relatividade, cuxos referentes, Max Born e Albert Einstein son xudeus, de maneira que se impide o seu nomeamento.

Malia isto, en 1938, Heisenberg acepta dirixir o intento nazi por obter un arma atómica. Durante moitos anos subsistiu a dúbida de se este proxecto fracasou por impericia de parte dos seus integrantes ou porque Heisenberg e os seus colaboradores déronse conta do que Hitler podería facer cunha bomba atómica. Só moitos anos despois, en 1995, sóubose que os cálculos alemáns estaban equivocados e que sempre tiveron a intención de construír a bomba.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Premios Nobel de Física