República Catalá: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 92: Liña 92:
Durante a [[Guerra do Rosellón]] entre España e a [[Primeira República Francesa|República Francesa]], en [[1793]], sectores dirixentes desta propuxeron a creación dunha República Catalá irmandada coa francesa, ao estilo das outras repúblicas clientes que se crearon co avance do exército revolucionario.
Durante a [[Guerra do Rosellón]] entre España e a [[Primeira República Francesa|República Francesa]], en [[1793]], sectores dirixentes desta propuxeron a creación dunha República Catalá irmandada coa francesa, ao estilo das outras repúblicas clientes que se crearon co avance do exército revolucionario.


O [[10 de febreiro]] de [[1808]] deu comezo a [[Guerra da Independencia española]], cando as tropas francesas invadiron por sorpresa Cataluña, tomando rapidamente [[Barcelona]]. Porén, a conquista territorial do Principado foi lenta, non completándose ata finais de [[1811]]. A principios de [[1810]], [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] concedeu a independencia a Cataluña baixo a tutela francesa<ref>{{cita libro |apelido=Hernández Cardona |nome=Francesc Xavier |título=Història de Catalunya |editorial=Rafael Dalmau Editor |ano=2006 |páxinas=198 |isbn=9788423206964 |lingua=ca}}</ref>, nomeando como o seu primeiro Gobernador Xeral ao xeneral [[Pierre François Charles Auguereau]]<ref>{{cita libro |apelido=Mestre i Campi |nome=Jesús (director)|título=Diccionari d'Història de Catalunya |editorial=Edicions 62 |ano=1998 |páxina=76, entrada: "Augereau, Pierre François Charles" |isbn=84-297-3521-6 |lingua=ca}}</ref>. Auguereau iniciou unha ampla batería de medidas reformadoras, entre as que destacaba a defensa do idioma catalán e a loita contra a corrupción. Pero, algúns reveses militares, provocaron a súa destitución o [[26 de maio]] e a súa substitución no Goberno polo mariscal [[Étienne Jacques Joseph Macdonald]], que centrouse en cuestións bélicas, esquecéndose das reformas do seu antecesor. Durante o seu mandato completouse a conquista de Cataluña, e, finalmente, o [[26 de xaneiro]] de [[1812]], o emperador francés decretou a súa anexión ao Imperio. Vanse crear catro departamentos: ''Ter'', con capital en [[Girona]]; ''Segre'', con capital en [[Puigcerdà]]; ''Montserrat'', con capital en Barcelona; e ''Bocas do Ebro'', con capital en [[Lleida]]. A administración da rexión integrada no Imperio dependía de dous intendentes e catro prefectos ou xefes de departamento. Cataluña pasou a ser así unha provincia francesa [[de facto]], aínda que non de dereito, no entanto a precariedade do asentamento francés impediría a consolidación do sistema<ref>{{cita web |apelidos=Moreno Cullell |nome=Vicente |título=La Guerra del Francès: la Catalunya napoleònica |url=http://blogs.sapiens.cat/socialsenxarxa/2010/12/08/la-guerra-del-frances-la-catalunya-napoleonica/ |páxina-web=Sàpiens, descobreix la teva història |data=8-12-2010 |dataacceso=31-10-2017 |lingua=ca}}</ref>. Finalmente, Cataluña foi reincorporada ao Reino de España de [[Fernando VII]] en [[1814]].
O [[10 de febreiro]] de [[1808]] deu comezo a [[Guerra da Independencia española]], cando as tropas francesas invadiron por sorpresa Cataluña, tomando rapidamente [[Barcelona]]. Porén, a conquista territorial do Principado foi lenta, non completándose ata finais de [[1811]]. A principios de [[1810]], [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] concedeu a independencia a Cataluña baixo a tutela francesa<ref>{{cita libro |apelido=Hernández Cardona |nome=Francesc Xavier |título=Història de Catalunya |editorial=Rafael Dalmau Editor |ano=2006 |páxinas=198 |isbn=9788423206964 |lingua=ca}}</ref>, nomeando como o seu primeiro Gobernador Xeral ao xeneral [[Pierre François Charles Auguereau]]<ref>{{cita libro |apelido=Mestre i Campi |nome=Jesús (director)|título=Diccionari d'Història de Catalunya |editorial=Edicions 62 |ano=1998 |páxina=76, entrada: "Augereau, Pierre François Charles" |isbn=84-297-3521-6 |lingua=ca}}</ref>. Auguereau iniciou unha ampla batería de medidas reformadoras, entre as que destacaba a defensa do idioma catalán e a loita contra a corrupción. Pero, algúns reveses militares, provocaron a súa destitución o [[26 de maio]] e a súa substitución no Goberno polo mariscal [[Étienne-Jacques-Joseph-Alexandre Macdonald]], que centrouse en cuestións bélicas, esquecéndose das reformas do seu antecesor. Durante o seu mandato completouse a conquista de Cataluña, e, finalmente, o [[26 de xaneiro]] de [[1812]], o emperador francés decretou a súa anexión ao Imperio. Vanse crear catro departamentos: ''Ter'', con capital en [[Girona]]; ''Segre'', con capital en [[Puigcerdà]]; ''Montserrat'', con capital en Barcelona; e ''Bocas do Ebro'', con capital en [[Lleida]]. A administración da rexión integrada no Imperio dependía de dous intendentes e catro prefectos ou xefes de departamento. Cataluña pasou a ser así unha provincia francesa [[de facto]], aínda que non de dereito, no entanto a precariedade do asentamento francés impediría a consolidación do sistema<ref>{{cita web |apelidos=Moreno Cullell |nome=Vicente |título=La Guerra del Francès: la Catalunya napoleònica |url=http://blogs.sapiens.cat/socialsenxarxa/2010/12/08/la-guerra-del-frances-la-catalunya-napoleonica/ |páxina-web=Sàpiens, descobreix la teva història |data=8-12-2010 |dataacceso=31-10-2017 |lingua=ca}}</ref>. Finalmente, Cataluña foi reincorporada ao Reino de España de [[Fernando VII]] en [[1814]].


=== 1873: O pacto federal de Tortosa ===
=== 1873: O pacto federal de Tortosa ===

Revisión como estaba o 31 de outubro de 2017 ás 09:45

Modelo:País desaparecido A República Catalá (en catalán: República Catalana) é unha das denominacións que ao longo da historia tomou Cataluña cando se dotou dos mecanismos de decisión da súa forma política. Así mesmo, é o obxectivo simbólico da loita política dunha parte do movemento independentista catalán.

A República Catalá ou outras varias formas políticas de segregación respecto a España foron proclamadas, polo menos, en seis ocasións: no século XVII polos Brazos Xerais presididos por Pau Claris o ano 1641, no século XIX por Napoleón Bonaparte no ano 1810 e tamén no ano 1873 liderado por Baldomero Lostau,[1] no século XX por Francesc Macià no ano 1931, por Lluís Companys, quen en 1934 proclamou o Estado Catalán, e polo Parlamento de Cataluña, presidido por Carles Puigdemont, en 2017[2].

Intentos de independencia ou segregación de España ou Francia

Século XVII - Proclamación de Pau Claris

A proclamación da República Catalá produciuse o 17 de xaneiro de 1641. Porén, unha semana despois, ante a chegada do exército de Filipe IV, o presidente da Generalitat, Pau Claris, decidiu proclamar a Luís XIII de Francia como Conde de Barcelona (sucedido por Luís XIV de Francia ata 1652), poñendo así ao Principado de Cataluña baixo soberanía francesa.[6][7]

A batalla de Montjuic

Pau Claris

O 26 de xaneiro de 1641 librouse a batalla de Montjuic contra o exército de Filipe IV, o cal, derrotado, viuse forzado á retirada. Un mes máis tarde morría Pau Claris.

A destitución do conde-duque de Olivares, a presenza da fame negra e a peste e a promesa de Filipe IV de respectar as institucións catalás puxeron fin á guerra en 1652. Pero iso non significaba a paz total.

Aínda que a Guerra dos Trinta Anos pechouse co Tratado de Westfalia de 1648, polo cal España perdía parte dos seus dominios no centro de Europa, continuaba a guerra entre Francia e a monarquía hispánica, na que se vían especialmente envolvidos os territorios de Cataluña alén dos Pireneos. Cando en 1659 Luís XIV e Filipe IV asinan a Paz dos Pireneos, este último cede a Francia os territorios pertencentes ao condado do Rosellón e parte norte do de Cerdaña, invalidando así as demarcacións establecidas polas Constitucións de Cataluña.

Século XIX

1810 - 1812: A tutela do Imperio Napoleónico

Durante a Guerra do Rosellón entre España e a República Francesa, en 1793, sectores dirixentes desta propuxeron a creación dunha República Catalá irmandada coa francesa, ao estilo das outras repúblicas clientes que se crearon co avance do exército revolucionario.

O 10 de febreiro de 1808 deu comezo a Guerra da Independencia española, cando as tropas francesas invadiron por sorpresa Cataluña, tomando rapidamente Barcelona. Porén, a conquista territorial do Principado foi lenta, non completándose ata finais de 1811. A principios de 1810, Napoleón concedeu a independencia a Cataluña baixo a tutela francesa[8], nomeando como o seu primeiro Gobernador Xeral ao xeneral Pierre François Charles Auguereau[9]. Auguereau iniciou unha ampla batería de medidas reformadoras, entre as que destacaba a defensa do idioma catalán e a loita contra a corrupción. Pero, algúns reveses militares, provocaron a súa destitución o 26 de maio e a súa substitución no Goberno polo mariscal Étienne-Jacques-Joseph-Alexandre Macdonald, que centrouse en cuestións bélicas, esquecéndose das reformas do seu antecesor. Durante o seu mandato completouse a conquista de Cataluña, e, finalmente, o 26 de xaneiro de 1812, o emperador francés decretou a súa anexión ao Imperio. Vanse crear catro departamentos: Ter, con capital en Girona; Segre, con capital en Puigcerdà; Montserrat, con capital en Barcelona; e Bocas do Ebro, con capital en Lleida. A administración da rexión integrada no Imperio dependía de dous intendentes e catro prefectos ou xefes de departamento. Cataluña pasou a ser así unha provincia francesa de facto, aínda que non de dereito, no entanto a precariedade do asentamento francés impediría a consolidación do sistema[10]. Finalmente, Cataluña foi reincorporada ao Reino de España de Fernando VII en 1814.

1873: O pacto federal de Tortosa

O 18 de maio de 1869 os representantes dos comités republicano-federais de Aragón, Cataluña, Valencia e Baleares, asinan o Pacto Federal de Tortosa para traballar conxuntamente para establecer a República federal Española, deixando claro que defendían a unidade de España.[11]

Doutra banda, en febreiro de 1873 proclamouse Primeira República Española de carácter unitario e non federal, sendo o primeiro presidente Estanislao Figueras, no mes de marzo tivo lugar a Proclamación do Estado Catalán do que Baldomer Lostau i Prats seria o presidente provisional designado polas catro deputacións catalás para formar un goberno provisional.[12] Poucos meses máis tarde, en xuño de 1873, tivo que dimitir debido á crise económica e da división interna no seu propio partido provocada pola Proclamación do Estado Catalán dentro a Federación Española; esta crise interna só puido ser sufocada logo de prometer a disolución do exército a Cataluña; dimitido Estanislao Figueras, foi substituído por Pi i Margall, e tivo que fuxir a Francia, de onde volveu a final de ano para intentar, sen éxito, recompoñer o fragmentado Partido Federal.

Século XX

1931: Macià

Francesc Macià

O 14 de abril de 1931, despois das eleccións municipais que dan a maioría ao seu partido ERC, Francesc Macià proclama a República Federada Catalá dentro da República Española desde o balcón da Generalitat de Cataluña.

Esta proclamación preocupa ao goberno provisional da República, que o 17 de abril envía en avión a Barcelona aos ministros Fernando de los Ríos, Marcelino Domingo e Lluís Nicolau d'Olwer. Despois de tensas conversacións, chégase ao acordo de que o consello formado en Barcelona debía actuar como goberno da Generalitat de Cataluña. Isto supón a recuperación dun nome histórico no cal ninguén pensara, e que permite resolver o conflito abrindo o camiño a unha nova forma de autonomía catalá.

Máis adiante, cando se fai patente o fracaso do proxecto de Estado Federal, Macià vese obrigado a aceptar un Estatuto de autonomía para Cataluña. Segue como presidente da Generalitat ata a súa morte en 1933.

1934: Companys

O 6 de decembro de 1934, o presidente da Generalitat de Cataluña, Lluís Companys, volve a proclamar o Estado Catalán dentro da República española. O acontecemento enmarcábase dentro un programa insurreccional de boa parte das esquerdas españolas en contra do goberno republicano presidido por Alejandro Lerroux, o cal pretendía incorporar novos ministros da CEDA, forza política que se consideraba próxima ao fascismo e que, polo tanto, se temía que atentase en contra dos dereitos sociais e da autonomía catalá.

O intento foi rápidamente abortado polo executivo español, o cal encomendou ao xeneral catalán Batet a represión do alzamento, cousa que conseguiu profesionalmente sen case verter sangue (Feitos do seis de outubro).

Companys foi detido e encarcerado; o goberno autónomo, suspendido, e todos os seus membros, encarcerados.

Unha vez acabada a Guerra Civil Española en 1939, a Generalitat exíliase. A ditadura militar instaurada como novo goberno nacional, derroga as institucións catalás. O presidente Companys, defensor nesta ocasión da legalidade constitucional republicana, é detido en Francia pola Gestapo. Aplícaselle a extradición e regresa a España para ser xulgado en consello de guerra, condenado a morte e fusilado no castelo de Montjuic (1940).

Século XXI

2017: Carles Puigdemont

Carles Puigdemont

Dentro do chamado proceso independentista catalán, trala vía catalá de 2013 e no contexto do referendo de autodeterminación de Cataluña finalmente exercido como consulta sobre a independencia de Cataluña de 2014, o 1 de outubro de 2017 levouse a cabo un referendo en Cataluña, que o goberno central consideraba ilegal, polo que impediu que se celebrase con normalidade co envío de unidades da Garda Civil e a Policía Nacional. Porén, segundo os resultados definitivos o número de votantes foi de 2.286.217, o 43% do censo catalá, dos que o 90'18% estaba a favor da independencia de Cataluña, que foi declarada o 10 de outubro por Carles Puigdemont e suspendida aos poucos segundos a espera dunha mediación co goberno español.

O día 27 de outubro do mesmo ano, votouse no Parlament unha declaración de independencia. Tras ausentarse do hemiciclo os deputados de Ciutadans, PSC e PP, procedeuse a unha votación secreta que deu lugar, ás 15:37, á proclamación da República catalá, co voto positivo de 70 deputados, 10 en contra e 2 votos en branco. Minutos despois, no Senado, aprobouse a aplicación do artigo 155 da Constitución por 214 votos a favor, 47 en contra e unha abstención.[13] Como consecuencia disto, o Goberno de España declarou o cesamento do Goberno catalán, a asunción das súas competencias[14] e a convocatoria de novas eleccións autonómicas para o 21 de decembro[15]. Porén, Puigdemon non aceptou o devandito cesamento e fixo un chamamento a opoñerse pacificamente ás decisións gobernamentais[16], declaración que apenas deu resultados. Tres días despois, vía Marsella, o president Puigdemont e cinco consellers viaxaron a Bélxica buscando refuxio[17].

Notas

  1. "Baldomer Lostau i Prats". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. "O Parlament proclama a independencia de Catalunya e o Estado desprega o 155". Praza Pública. 27-10-2017. Consultado o 27-10-2017. ... a resolución aprobada proclama “a República Catalá como Estado independente e soberano, de dereito democrático e social” 
  3. enciclopèdia.cat (ed.). "Borrell II de Barcelona". Consultado o 04-09-2013. 
  4. enciclopèdia.cat (ed.). "Cas dels Catalans". Consultado o 03-01-2014. 
  5. Història de Catalunya, F. Xavier Hernàndez, Rafael Dalmau Editor 2006
  6. Florensa i Soler, Núria (2004). "La República Catalana de 1641: un proyecto colectivo revolucionario". La declinación de la monarquía hispánica en el siglo XVII (en castelán). Univ de Castilla La Mancha. p. 102. ISBN 8484272966. 
  7. Elliott, John H. (2011). La revolta catalana, 1598-1640: Un estudi sobre la decadència d'Espanya (en catalán). Universitat de València. p. 530. ISBN 8437086752. 
  8. Hernández Cardona, Francesc Xavier (2006). Història de Catalunya (en catalán). Rafael Dalmau Editor. p. 198. ISBN 9788423206964. 
  9. Mestre i Campi, Jesús (director) (1998). Diccionari d'Història de Catalunya (en catalán). Edicions 62. p. 76, entrada: "Augereau, Pierre François Charles". ISBN 84-297-3521-6. 
  10. Moreno Cullell, Vicente (8-12-2010). "La Guerra del Francès: la Catalunya napoleònica". Sàpiens, descobreix la teva història (en catalán). Consultado o 31-10-2017. 
  11. Almirall, Valentí: España tal com es
  12. Duràn i Solà, Lluís (2009). Breu història del catalanisme. vol.1. L'Abadia de Montserrat. p. 19. ISBN 8498831741. 
  13. "El Parlament aprueba la República catalana y el Senado responde con el 155". Público (en castelán). 27-10-2017. Consultado o 27-10-2017. 
  14. "Todo el poder para Sáenz de Santamaría". Público (en castelán). 28-10-2017. Consultado o 28-10-2017. 
  15. "Rajoy cesa al Govern, disuelve el Parlament y convoca elecciones para el 21 de diciembre". Público (en castelán). 27-10-2017. Consultado o 28-10-2017. 
  16. "Puigdemont no admite su cese y pide una oposición pacífica y perseverante al 155" (en castelán). 28-10-2017. Consultado o 28-10-2017. 
  17. "Puigdemont se traslada a Bélgica y contacta con expertos en extradiciones" (en castelán). 30-10-2017. Consultado o 31-10-2017. 

Véxase tamén

Outros artigos