República Catalá: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
Actualización
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 109: Liña 109:
=== 2017: Carles Puigdemont ===
=== 2017: Carles Puigdemont ===
[[Ficheiro:Carles Puigdemont 2016.jpg|miniatura|Carles Puigdemont]]
[[Ficheiro:Carles Puigdemont 2016.jpg|miniatura|Carles Puigdemont]]
O [[Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017|1 de outubro de 2017]] levouse a cabo un [[referendo]] ilegal en Cataluña, o goberno central impediuna enviando unidades da [[Garda Civil]] e a [[Corpo Nacional de Policía|Policía Nacional]]. Segundo os resultados definitivos o número de votantes foi de 2.286.217, o 43% do censo catalá, dos que o 90'18% estaba a favor da independencia de Cataluña, esta foi declarada o 10 de outubro por Carles Puigdemont e suspendida aos poucos segundos a espera dunha mediación co goberno español.
O [[Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017|1 de outubro de 2017]] levouse a cabo un [[referendo]] ilegal en Cataluña, o goberno central impediuno enviando unidades da [[Garda Civil]] e a [[Corpo Nacional de Policía|Policía Nacional]]. Segundo os resultados definitivos o número de votantes foi de 2.286.217, o 43% do censo catalá, dos que o 90'18% estaba a favor da independencia de Cataluña, esta foi declarada o 10 de outubro por Carles Puigdemont e suspendida aos poucos segundos a espera dunha mediación co goberno español.


O día [[27 de outubro]] do mesmo ano, votouse no ''[[Parlamento de Cataluña|Parlament]]'' unha declaración de independencia. Tras ausentarse do hemiciclo os deputados de [[Cidadáns-Partido da Cidadanía|Ciutadans]], [[Partit dels Socialistes de Catalunya|PSC]] e [[Partit Popular Català|PP]], procedeuse a unha votación secreta que deu lugar, ás 15:37, á proclamación da República catalá, co voto positivo de 70 deputados, 10 en contra e 2 votos en branco. Minutos despois, no [[Senado de España|Senado]], aprobouse a aplicación do artigo 155 da [[Constitución española de 1978|Constitución]] por 214 votos a favor, 47 en contra e unha abstención.<ref>{{cita novas |título=El Parlament aprueba la República catalana y el Senado responde con el 155 |xornal=[[Público]] |url=http://www.publico.es/politica/directo-catalunya-independencia-1.html |data=27-10-2017 |dataacceso=27-10-2017 |lingua=es}}</ref> Como consecuencia disto, o Goberno de España declarou o cesamento do Goberno catalán, a asunción das súas competencias<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/saenz-santamaria.html |xornal=Público |título=Todo el poder para Sáenz de Santamaría |data=28-10-2017 |dataacceso=28-10-2017 |lingua=es}}</ref> e a convocatoria de novas eleccións autonómicas para o [[21 de decembro]]<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/rajoy-anuncia-disuelve-parlament-y-convoca-elecciones-21-diciembre.html |xornal=Público |título=Rajoy cesa al Govern, disuelve el Parlament y convoca elecciones para el 21 de diciembre |data=27-10-2017 |dataacceso=28-10-2017 |lingua=es}}</ref>. Porén, Puigdemon non aceptou o devandito cesamento e fixo un chamamento a opoñerse pacificamente ás decisións gobernamentais<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/puigdemont-no-admite-cese-y.html |título=Puigdemont no admite su cese y pide una oposición pacífica y perseverante al 155 |data=28-10-2017 |dataacceso=28-10-2017 |lingua=es}}</ref>
O día [[27 de outubro]] do mesmo ano, votouse no ''[[Parlamento de Cataluña|Parlament]]'' unha declaración de independencia. Tras ausentarse do hemiciclo os deputados de [[Cidadáns-Partido da Cidadanía|Ciutadans]], [[Partit dels Socialistes de Catalunya|PSC]] e [[Partit Popular Català|PP]], procedeuse a unha votación secreta que deu lugar, ás 15:37, á proclamación da República catalá, co voto positivo de 70 deputados, 10 en contra e 2 votos en branco. Minutos despois, no [[Senado de España|Senado]], aprobouse a aplicación do artigo 155 da [[Constitución española de 1978|Constitución]] por 214 votos a favor, 47 en contra e unha abstención.<ref>{{cita novas |título=El Parlament aprueba la República catalana y el Senado responde con el 155 |xornal=[[Público]] |url=http://www.publico.es/politica/directo-catalunya-independencia-1.html |data=27-10-2017 |dataacceso=27-10-2017 |lingua=es}}</ref> Como consecuencia disto, o Goberno de España declarou o cesamento do Goberno catalán, a asunción das súas competencias<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/saenz-santamaria.html |xornal=Público |título=Todo el poder para Sáenz de Santamaría |data=28-10-2017 |dataacceso=28-10-2017 |lingua=es}}</ref> e a convocatoria de novas eleccións autonómicas para o [[21 de decembro]]<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/rajoy-anuncia-disuelve-parlament-y-convoca-elecciones-21-diciembre.html |xornal=Público |título=Rajoy cesa al Govern, disuelve el Parlament y convoca elecciones para el 21 de diciembre |data=27-10-2017 |dataacceso=28-10-2017 |lingua=es}}</ref>. Porén, Puigdemon non aceptou o devandito cesamento e fixo un chamamento a opoñerse pacificamente ás decisións gobernamentais<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/puigdemont-no-admite-cese-y.html |título=Puigdemont no admite su cese y pide una oposición pacífica y perseverante al 155 |data=28-10-2017 |dataacceso=28-10-2017 |lingua=es}}</ref>

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2017 ás 17:46

Modelo:País desaparecido A República Catalá (en catalán: República catalana) é unha das denominacións que ao longo da historia tomou Cataluña cando se dotou dos mecanismos de decisión da súa forma política. Así mesmo, é o obxectivo simbólico da loita política dunha parte do movemento independentista catalán.

A República Catalá ou outras varias formas políticas de segregación respecto a España foron proclamadas, polo menos, en seis ocasións: no século XVII polos Brazos Xerais presididos por Pau Claris o ano 1641, no século XIX por Napoleón Bonaparte no ano 1810 e tamén no ano 1873 liderado por Baldomero Lostau,[1] no século XX por Francesc Macià no ano 1931, por Lluís Companys, quen en 1934 proclamou o Estado Catalán, e polo Parlamento de Cataluña, presidido por Carles Puigdemont, en 2017[2].

Intentos de independencia ou segregación de España ou Francia

Século XVII - Proclamación de Pau Claris

A proclamación da República Catalá produciuse o 17 de xaneiro de 1641. Porén, unha semana despois, ante a chegada do exército de Filipe IV, o presidente da Generalitat, Pau Claris, decidiu proclamar a Luís XIII de Francia como Conde de Barcelona (sucedido por Luís XIV de Francia ata 1652), poñendo así ao Principado de Cataluña baixo soberanía francesa.[6][7]

A batalla de Montjuic

Pau Claris

O 26 de xaneiro de 1641 librouse a batalla de Montjuic contra o exército de Filipe IV, o cal, derrotado, viuse forzado á retirada. Un mes máis tarde morría Pau Claris.

A destitución do conde-duque de Olivares, a presenza do fame e a peste e a promesa de Filipe IV de respectar as institucións catalás puxeron fin á guerra en 1652. Pero iso non significaba a paz total.

Aínda que a Guerra dos Trinta Anos pechouse co Tratado de Westfalia de 1648, polo cal España perdía parte dos seus dominios no centro de Europa, continuaba a guerra entre Francia e a monarquía hispánica, na que se vían especialmente envolvidos os territorios de Cataluña alén dos Pireneos. Cando en 1659 Luís XIV e Filipe IV asinan a Paz dos Pireneos, este último cede a Francia os territorios pertencentes ao condado do Rosellón e parte norte do de Cerdaña, invalidando así as demarcacións establecidas polas Constitucións de Cataluña.

Século XIX: o pacto federal de Tortosa

O 18 de maio de 1869 os representantes dos comités republicano-federais de Aragón, Cataluña, Valencia e Baleares, asinan o Pacto Federal de Tortosa para traballar conxuntamente para establecer a República federal Española, deixando claro que defendían a unidade de España.[8]

Doutra banda, en febreiro de 1873 proclamouse Primeira República Española de carácter unitario e non federal, sendo o primeiro presidente Estanislao Figueras, no mes de marzo tivo lugar a Proclamación do Estado Catalán do que Baldomer Lostau i Prats seria o presidente provisional designado polas catro deputacións catalás para formar un goberno provisional.[9] Poucos meses máis tarde, en xuño de 1873, tivo que dimitir debido á crise económica e da división interna no seu propio partido provocada pola Proclamación do Estado Catalán dentro a Federación Española; esta crise interna só puido ser sufocada logo de prometer a disolución do exército a Cataluña; dimitido Estanislao Figueras, foi substituído por Pi i Margall, e tivo que fuxir a Francia, de onde volveu a final de ano para intentar, sen éxito, recompoñer o fragmentado Partido Federal.

Século XX

1931: Macià

Francesc Macià

O 14 de abril de 1931, despois das eleccións municipais que dan a maioría ao seu partido ERC, Francesc Macià proclama a República Federada Catalá dentro da República Española desde o balcón da Generalitat de Cataluña.

Esta proclamación preocupa ao goberno provisional da República, que o 17 de abril envía en avión a Barcelona aos ministros Fernando de los Ríos, Marcelino Domingo e Lluís Nicolau d'Olwer. Despois de tensas conversacións, chégase ao acordo de que o consello formado en Barcelona debía actuar como goberno da Generalitat de Cataluña. Isto supón a recuperación dun nome histórico no cal ninguén pensara, e que permite resolver o conflito abrindo o camiño a unha nova forma de autonomía catalá.

Máis adiante, cando se fai patente o fracaso do proxecto de Estado Federal, Macià vese obrigado a aceptar un Estatuto de autonomía para Cataluña. Segue como presidente da Generalitat ata a súa morte en 1933.

1934: Companys

O 6 de decembro de 1934, o presidente da Generalitat de Cataluña, Lluís Companys, volve a proclamar o Estado Catalán dentro da República española. O acontecemento enmarcábase dentro un programa insurreccional de boa parte das esquerdas españolas en contra do goberno republicano presidido por Alejandro Lerroux, o cal pretendía incorporar novos ministros da CEDA, forza política que se consideraba próxima ao fascismo e que, polo tanto, se temía que atentase en contra dos dereitos sociais e da autonomía catalá.

O intento foi rápidamente abortado polo executivo español, o cal encomendou ao xeneral catalán Batet a represión do alzamento, cousa que conseguiu profesionalmente sen case verter sangue (Feitos do seis de outubro).

Companys foi detido e encarcerado; o goberno autónomo, suspendido, e todos os seus membros, encarcerados.

Unha vez acabada a Guerra Civil Española en 1939, a Generalitat exíliase. A ditadura militar instaurada como novo goberno nacional, derroga as institucións catalás. O presidente Companys, defensor nesta ocasión da legalidade constitucional republicana, é detido en Francia pola Gestapo. Aplícaselle a extradición e regresa a España para ser xulgado en consello de guerra, condenado a morte e fusilado no castelo de Montjuic (1940).

Século XXI

2017: Carles Puigdemont

Carles Puigdemont

O 1 de outubro de 2017 levouse a cabo un referendo ilegal en Cataluña, o goberno central impediuno enviando unidades da Garda Civil e a Policía Nacional. Segundo os resultados definitivos o número de votantes foi de 2.286.217, o 43% do censo catalá, dos que o 90'18% estaba a favor da independencia de Cataluña, esta foi declarada o 10 de outubro por Carles Puigdemont e suspendida aos poucos segundos a espera dunha mediación co goberno español.

O día 27 de outubro do mesmo ano, votouse no Parlament unha declaración de independencia. Tras ausentarse do hemiciclo os deputados de Ciutadans, PSC e PP, procedeuse a unha votación secreta que deu lugar, ás 15:37, á proclamación da República catalá, co voto positivo de 70 deputados, 10 en contra e 2 votos en branco. Minutos despois, no Senado, aprobouse a aplicación do artigo 155 da Constitución por 214 votos a favor, 47 en contra e unha abstención.[10] Como consecuencia disto, o Goberno de España declarou o cesamento do Goberno catalán, a asunción das súas competencias[11] e a convocatoria de novas eleccións autonómicas para o 21 de decembro[12]. Porén, Puigdemon non aceptou o devandito cesamento e fixo un chamamento a opoñerse pacificamente ás decisións gobernamentais[13]

Notas

  1. "Baldomer Lostau i Prats". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. "O Parlament proclama a independencia de Catalunya e o Estado desprega o 155". Praza Pública. 27-10-2017. Consultado o 27-10-2017. ... a resolución aprobada proclama “a República Catalá como Estado independente e soberano, de dereito democrático e social” 
  3. enciclopèdia.cat (ed.). "Borrell II de Barcelona". Consultado o 04-09-2013. 
  4. enciclopèdia.cat (ed.). "Cas dels Catalans". Consultado o 03-01-2014. 
  5. Història de Catalunya, F. Xavier Hernàndez, Rafael Dalmau Editor 2006
  6. Florensa i Soler, Núria (2004). "La República Catalana de 1641: un proyecto colectivo revolucionario". La declinación de la monarquía hispánica en el siglo XVII (en castelán). Univ de Castilla La Mancha. p. 102. ISBN 8484272966. 
  7. Elliott, John H. (2011). La revolta catalana, 1598-1640: Un estudi sobre la decadència d'Espanya (en catalán). Universitat de València. p. 530. ISBN 8437086752. 
  8. Almirall, Valentí: España tal com es
  9. Duràn i Solà, Lluís (2009). Breu història del catalanisme. vol.1. L'Abadia de Montserrat. p. 19. ISBN 8498831741. 
  10. "El Parlament aprueba la República catalana y el Senado responde con el 155". Público (en castelán). 27-10-2017. Consultado o 27-10-2017. 
  11. "Todo el poder para Sáenz de Santamaría". Público (en castelán). 28-10-2017. Consultado o 28-10-2017. 
  12. "Rajoy cesa al Govern, disuelve el Parlament y convoca elecciones para el 21 de diciembre". Público (en castelán). 27-10-2017. Consultado o 28-10-2017. 
  13. "Puigdemont no admite su cese y pide una oposición pacífica y perseverante al 155" (en castelán). 28-10-2017. Consultado o 28-10-2017. 

Véxase tamén

Outros artigos