Xosé Luís Méndez Ferrín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ dato desde a bibliografía indicada
Liña 16: Liña 16:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Na súa infancia residiu en [[Ourense]] con estancias en [[Vilanova dos Infantes, Celanova|Vilanova dos Infantes]]. Na cidade de Ourense fai o primeiro curso de Bacharelato e trasládase despois ([[1949]]) coa súa familia a [[Pontevedra]], onde remata os estudos de grao medio. Na Pontevedra dos anos 50 vai tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de [[Castelao]] ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de [[Andrés Muruais|Andrés]] e [[Jesús Muruais]], e publicou os seus primeiros textos na revista ''[[Litoral (Pontevedra)|Litoral]]'' co [[pseudónimo]] de Laín Feixoo.
De neno viviu na casa materna na rúa da Reza de [[Ourense]]. O seu pai, Venancio Méndez Feixóo, era fillo dun comerciante de [[Vilanova dos Infantes, Celanova|Vilanova dos Infantes]]. O seu avó materno foi o mestre e xornalista [[Ángel Ferrín Moreiras]]<ref>Salgado e Casado, 1989. Páx. 14.</ref>. Na cidade de Ourense fixo o primeiro curso de Bacharelato, e en [[1949]] trasladouse coa súa familia a [[Pontevedra]], onde rematou os estudos de grao medio no Instituto da cidade. Nesa etapa foi tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de [[Castelao]] ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de [[Andrés Muruais|Andrés]] e [[Jesús Muruais]], e publicou os seus primeiros textos na revista ''[[Litoral (Pontevedra)|Litoral]]'' co [[pseudónimo]] de Laín Feixoo.


En [[1955]] el e a súa familia trasládanse a [[Vigo]]. Neste momento comeza a estudar Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Alí toma contacto co galeguismo cultural nucleado na [[Editorial Galaxia]] en torno á figura de [[Ramón Piñeiro]], pero non tardará en reclamar unha nova articulación da oposición política ao [[franquismo]] e do propio nacionalismo, o que provocará a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En [[1956]] foi primeiro premio de [[poesía]] nas [[Festas Minervais de Santiago]]. En [[1957]] vai a [[Madrid]] onde tres anos despois licénciase en [[Filoloxía]] Románica. Nesta cidade mantén estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en [[1958]], créase o [[grupo Brais Pinto]], constituído en torno á editorial do mesmo nome. En [[1961]] segue un curso de cultura inglesa na [[Universidade de Oxford]]. Entre os anos [[1963]] e [[1965]] realiza diversas viaxes por [[Europa]]. Tras facer o servizo militar en [[Canarias]], pasa dous anos ([[1962]] e [[1964]]) en [[Lugo]] exercendo de profesor no [[Colexio Fingoi]] até que en [[1965]] obtén a Cátedra de Lingua e literatura Española do [[Instituto Santa Irene]] de [[Vigo]] instalándose finalmente nesa cidade.
En [[1955]] el e a súa familia trasládanse a [[Vigo]]. Neste momento comeza a estudar Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Alí toma contacto co galeguismo cultural nucleado na [[Editorial Galaxia]] en torno á figura de [[Ramón Piñeiro]], pero non tardará en reclamar unha nova articulación da oposición política ao [[franquismo]] e do propio nacionalismo, o que provocará a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En [[1956]] foi primeiro premio de [[poesía]] nas [[Festas Minervais de Santiago]]. En [[1957]] vai a [[Madrid]] onde tres anos despois licénciase en [[Filoloxía]] Románica. Nesta cidade mantén estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en [[1958]], créase o [[grupo Brais Pinto]], constituído en torno á editorial do mesmo nome. En [[1961]] segue un curso de cultura inglesa na [[Universidade de Oxford]]. Entre os anos [[1963]] e [[1965]] realiza diversas viaxes por [[Europa]]. Tras facer o servizo militar en [[Canarias]], pasa dous anos ([[1962]] e [[1964]]) en [[Lugo]] exercendo de profesor no [[Colexio Fingoi]] até que en [[1965]] obtén a Cátedra de Lingua e literatura Española do [[Instituto Santa Irene]] de [[Vigo]] instalándose finalmente nesa cidade.
Liña 176: Liña 176:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Versaleta|[[Víctor Fernández Freixanes|F. Freixanes, Víctor]]}} (1976). [http://image.anobii.com/anobi/image_book.php?item_id=011974365fc2baddd8 ''Unha ducia de galegos'']. Vigo. Galaxia. ISBN 84-7154-248-X.
* {{Versaleta|[[Víctor Fernández Freixanes|F. Freixanes, Víctor]]}} (1976). [http://image.anobii.com/anobi/image_book.php?item_id=011974365fc2baddd8 ''Unha ducia de galegos'']. Vigo, Ed. Galaxia. ISBN 978847154248X.
*{{Versaleta|[[Xosé Manuel Salgado|Salgado, X. M.]] e Casado, X.-M.}} (1989): ''X. L. Méndez Ferrín''. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións. ISBN 9788478240209

=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Xeración de entre dous séculos]]
* [[Xeración de entre dous séculos]]

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2017 ás 16:49

Infotaula de personaXosé Luís Méndez Ferrín

Méndez Ferrín durante a entrega do Premio Trasalba en 2007.
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1938 (85 anos)
Galicia Ourense, Galicia
Presidente Real Academia Galega
2010 – 2013
← Xosé Ramón BarreiroXesús Alonso Montero → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura galega, literatura española e jornalismo político (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , poeta , xornalista de opinión , activista político , filólogo , político , catedrático , pedagogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa, ensaio, poesía
Pseudónimo literarioHeriberto Bens Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Xosé Queizán
Moncha Fuentes
FillosCristal, Roi e Oriana Méndez
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1223 AELG: 254 Dialnet: 707836

Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938,[1] é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000,[1] e presidente da mesma dende o 23 de xaneiro de 2010[2][3] até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente.[4] O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.[5]

Traxectoria

De neno viviu na casa materna na rúa da Reza de Ourense. O seu pai, Venancio Méndez Feixóo, era fillo dun comerciante de Vilanova dos Infantes. O seu avó materno foi o mestre e xornalista Ángel Ferrín Moreiras[6]. Na cidade de Ourense fixo o primeiro curso de Bacharelato, e en 1949 trasladouse coa súa familia a Pontevedra, onde rematou os estudos de grao medio no Instituto da cidade. Nesa etapa foi tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de Andrés e Jesús Muruais, e publicou os seus primeiros textos na revista Litoral co pseudónimo de Laín Feixoo.

En 1955 el e a súa familia trasládanse a Vigo. Neste momento comeza a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí toma contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardará en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocará a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 vai a Madrid onde tres anos despois licénciase en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantén estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en 1958, créase o grupo Brais Pinto, constituído en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 segue un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford. Entre os anos 1963 e 1965 realiza diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar en Canarias, pasa dous anos (1962 e 1964) en Lugo exercendo de profesor no Colexio Fingoi até que en 1965 obtén a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo instalándose finalmente nesa cidade.

Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere. Durante a súa estancia no penal de El Dueso (Cantabria) escribiu Retorno a Tagen Ata.

Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.

Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura no ano 1999 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e vai ser proposto outra vez en breve.[7] Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura,[8] que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.

Actividade política

Papeleta dos candidatos ao Senado por Pontevedra nas Eleccións Xerais de 2016.

Xa en 1958 forma parte do grupo plástico-literario Brais Pinto, de tendencia nacionalista e moi influído pola estética beat. Nas súas viaxes por Francia e Inglaterra toma contacto co marxismo, un feito transcendental para a súa biografía mais tamén para a evolución do nacionalismo galego na segunda metade do século XX. En sintonía con exiliados coma Luís Soto, Méndez Ferrín xulgará única saída posible para a Galicia contemporánea a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo, consonte os movementos de liberación nacional que triunfaban en Cuba, Vietnam ou Alxeria. Este proceso ideolóxico culminará, en 1964, na creación da Unión do Povo Galego. Debido á súa actividade política, Ferrín foi acusado de propaganda ilegal en 1967 e estivo detido na prisión do Príncipe de Vigo. En 1968 foi procesado por rebelión militar pero a causa finalmente foi sobreseída. En 1969, durante o estado de excepción, volve ser detido, xulgado e condenado a dous anos de cárcere por propaganda ilegal, dos que cumpriu parte en diversos penais.

En 1972, debido ás folgas de maio e setembro en Vigo, houbo contra el unha orde de busca e captura o que o obrigou a pasar á clandestinidade. En 1977 participa na formación da Unión do Povo Galego-liña proletaria, que se converterá en 1978 no Partido Galego do Proletariado, e en 1979 na Organización de Liberación Nacional Galicia Ceibe. En 1980 é detido baixo a acusación de tenza de armas, pasou tres meses no cárcere de Segovia antes de ser posto en liberdade, xulgado pola Audiencia Nacional quedou absolto. Na actualidade sostén iniciativas políticas e sociais como as Redes Escarlata e é membro destacado da organización política FPG (Frente Popular Galega).

Vida persoal

En 1962 casou con María Xosé Queizán, e tiveron unha filla e un fillo, Cristal (1964) e Roi. En 1983 casou coa profesora e sindicalista Moncha Fuentes, e foron pais da poeta Oriana Méndez.[9]

Estilo literario

Narrativa

Toda a narrativa de Ferrín réxese, en xeral, por uns mesmos principios que lle conferen certa unidade: no transcorrer da mesma vanse repetindo temas, personaxes, espazos e técnicas narrativas. Asemade toda ela liga coa tradición literaria galega e coa literatura universal do século XX. As principais características son:

  • Preocupación crítica e revolucionaria polos problemas de Galiza.
  • Intertextualidade: repítense personaxes e espazos, e incorpóranse tamén outros pertencentes a outras obras literarias de todos os tempos.
  • Flutuación entre o real e o ficticio.
  • Recorrencia ó mundo onírico, ás veces difícil de distinguir do real.
  • Presenza do misterioso, do inexplicable, e predominio da violencia e a morte.
  • Creación de espazos literarios (Tagen Ata, Terra Ancha...), e abundancia de espazos pechados.
  • Nas tres primeiras obras as personaxes son antiheroes, mentres que a partir de Retorno a Tagen Ata aparecen con frecuencia o heroe revolucionario e os seus antagonistas: o traidor e o inimigo.
  • Ás veces as personaxes sofren metamorfoses e transfórmanse.
  • Desenlaces sorprendentes e paradoxais.

Obras publicadas

Poesía

Narrativa

Literatura infanto-xuvenil

  • Arnoia, Arnoia, 1985, Xerais. Traducida ao castelán en Anaya, no 1990, por Xavier Rodríguez Baixeras

Ensaio

Edición

Conversas

Tradución

  • Canción galega: comedia en prosa dividida en tres actos, de José G. Posada-Curros e Luis de Gálvez Rodríguez, 1991, Vigo.
  • A raposa e as uvas, de Guilherme Figueiredo, 1994, Teatro Keyzán.
  • Nin me abandonarás nunca, de José G. Posada Curros e Luis de Gálvez, 1995, Xunta de Galicia.
  • Taronja de cel de novembre. Laranxa de ceo de novembro, de Lluis Alpera, 1999, 7 i mig, Valencia. Edición bilingüe.

Obras colectivas

  • O porvir da lingua galega, 1968, Círculo de las Artes, Lugo.
  • Catro narracións, 1977, Edicións do Castro.
  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Edicións do Castro.
  • I Festival de Poesía no Condado, 1981, S. C. D. Condado.
  • II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado.
  • III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado.
  • VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado.
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1988, S. C. D. Condado.
  • Sede central. 1, 1988, Clube Cultural Adiante.
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado.
  • Celanova, 1989, Ir Indo.
  • Celso Emilio Ferreiro (1912-1979: unha fotobiografía, 1989, Xerais.
  • Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
  • XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
  • Relato contemporáneo, 1995, Xerais.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973), 1997, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, 1999, Universidade da Coruña.
  • Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Edición ao coidado de Arturo Casas.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, 2006, Real Academia Galega. Con Darío Xohán Cabana.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia.
  • Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Xerais.
  • 25 anos. Mostra Internacional de Teatro Ribadavia, 2009, Difusora. Con Inma López Silva e Roberto Pascual.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
  • Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
  • 1936. O Estatuto esquecido, 2016, Guiverny.

Premios

  • Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo do 1975, por Sibila.
  • Premio da Crítica no 1976, por Con pólvora e magnolias.
  • Premio Álvaro Cunqueiro (1983), concedido pola Xunta de Galicia e rexeitado polo autor por motivos políticos.
  • Premio Celanova, Casa dos Poetas (1985).
  • Premio Pedrón de Ouro en 1987.
  • Premio da Crítica de Galicia de creación literaria no 1988, por Bretaña, Esmeraldina.
  • Lista de honor do IBBY no 1988, por Arnoia, Arnoia.
  • Premio Losada Diéguez de creación literaria no 1991, por Arraianos.
  • Premio da Crítica de narrativa galega (1991) e (1999).
  • Premio da Crítica de poesía galega (1994).
  • Premio Losada Diéguez de creación literaria no 1995, por Estirpe.
  • Premio Eixo Atlántico no 1999, por No ventre do silencio.
  • II premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo de Opinión (2000), por Un escritor nos xornais: artígos periodísticos.
  • Premio Trasalba en 2001.
  • Premio Losada Diéguez de creación literaria no 2006, por Contra Maquieiro.
  • Premio Nacional de Literatura en 2008.
  • Premio Fernández Latorre 2010 [1].
  • Premio Ramón Otero Pedrayo no 2013.
  • Premio Brais Pinto no 2013.


Predecesor:
Xosé Ramón Barreiro Fernández
 Presidente da RAG 
2010–2013
Sucesor:
Xesús Alonso Montero

Notas

  1. 1,0 1,1 Real Academia Galega (ed.). "Páxina adicada a Méndez Ferrín na RAG". Consultado o 13-07-2012. 
  2. "Mendez Ferrín opta polo continuísmo" (en galego). Vieiros. Consultado o 13 de xullo de 2012
  3. Real Academia Galega (ed.). "Organización da Real Academia Galega". Consultado o 13-07-2012. 
  4. "Méndez Ferrín dimite como presidente da RAG", artigo en Praza Pública, 25 de febreiro de 2013.
  5. Ferrín consuma a súa dimisión e denuncia que a RAG está en perigo
  6. Salgado e Casado, 1989. Páx. 14.
  7. Piden el Nobel para Ferrín, alegando que "sufrió prisión por la defensa del gallego" (en castelán)
  8. "Méndez Ferrín gana el Premio Nacional de Literatura" (en castelán). El País. Consultado o 13 de xullo de 2012.
  9. Blanco, C. (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1993, 11-45.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas