Doríforo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado caixa de modelo
m engado referencias
Liña 15: Liña 15:
}}
}}


O '''Doríforo''' é unha [[estatua]], orixinalmente de [[bronce]], atribuída ao escultor grego [[Policleto]]. Unha copia [[Roma antiga|romana]] de [[mármore]] de 2.12 metros atópase no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles]], [[Italia]]
O '''Doríforo''' (en [[Lingua grega|grego]] δορυφόρος, ''Doryphóros'', "o portador de lanza") é unha [[estatua]], orixinalmente de [[bronce]], atribuída ao escultor grego [[Policleto]] realizada, probablemente entre o 450a.C e o 440 a.C. Unha copia [[Roma antiga|romana]] de [[mármore]] de 2.12 metros atópase no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles]], [[Italia]]


== Descrición ==
Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase esta obra como o arquetipo de [[Canon (arte)|canon]] perfecto, polo seu estudio matemático das [[proporcións]] ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza, a cal se dividía en tres parte iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man etc.
Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase que Policleto realizou esta obra como ilustración dun libro escrito por el titulado Kanon (modelo en grego)<ref>{{Cita libro|título=Escultura Barroca Española. Entre el Barroco y el siglo XXI|apelidos=Fernández Paradas|nome=Antonio|editorial=Exlibric|ano=2016|ISBN=9788416110797|volume=Vol.1|formato=EPUB - DRM|ref=}}</ref> no que se refería á simetría e as proporcións. O libro expresaba o arquetipo ou modelo perfecto, polo seu estudio matemático das [[proporcións]] ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza<ref>{{Cita libro|título=Léxico de Arte|apelidos=Lajo|nome=Rosina|editorial=Akal|ano=2001|ISBN=84-460-0924-2|edición=4ª ed.|lugar=Madrid|páxina=65|ref=}}</ref>, a cal se dividía en tres partes iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man etc.


O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren [[Volume (magnitude)|volume]]. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois [[Policleto]] acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o [[contraposto]], que lle dá efecto de [[profundidade]]. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.
O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren [[Volume (magnitude)|volume]]. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois [[Policleto]] acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o [[contraposto]], que lle dá efecto de [[profundidade]]. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.
Liña 24: Liña 25:


O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior [[escultura]] moderna, xa a partir do Século XV.
O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior [[escultura]] moderna, xa a partir do Século XV.

== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Doryphoros}}
{{Commonscat|Doryphoros}}

Revisión como estaba o 24 de outubro de 2017 ás 20:16

Doríforo
ArtistaPolicleto
Data450 a.C-440 a.C
Técnicatalla
MovementoArte grega, periodo clásico.
Dimensións212 cm ×  cm
LocalizaciónMuseo Arqueolóxico Nacional. (Nápoles)

O Doríforo (en grego δορυφόρος, Doryphóros, "o portador de lanza") é unha estatua, orixinalmente de bronce, atribuída ao escultor grego Policleto realizada, probablemente entre o 450a.C e o 440 a.C. Unha copia romana de mármore de 2.12 metros atópase no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles, Italia

Descrición

Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase que Policleto realizou esta obra como ilustración dun libro escrito por el titulado Kanon (modelo en grego)[1] no que se refería á simetría e as proporcións. O libro expresaba o arquetipo ou modelo perfecto, polo seu estudio matemático das proporcións ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza[2], a cal se dividía en tres partes iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man etc.

O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren volume. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois Policleto acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o contraposto, que lle dá efecto de profundidade. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.

O realismo na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Non obstante, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.

O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior escultura moderna, xa a partir do Século XV.

Notas

  1. Fernández Paradas, Antonio (2016). Escultura Barroca Española. Entre el Barroco y el siglo XXI (EPUB - DRM). Vol.1. Exlibric. ISBN 9788416110797. 
  2. Lajo, Rosina (2001). Léxico de Arte (4ª ed. ed.). Madrid: Akal. p. 65. ISBN 84-460-0924-2. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas