Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos europeos, que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia, coa cultura da poboación nativa. |
A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos europeos, que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia, coa cultura da poboación nativa. |
||
== Na Idade Contemporánea == |
|||
{{Ampliar}} |
|||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
⚫ | |||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[Lingua galega]] |
* [[Lingua galega]] |
||
* [[Arte de Galicia]] |
* [[Arte de Galicia]] |
||
⚫ | |||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
{{De Galicia}} |
{{De Galicia}} |
Revisión como estaba o 19 de outubro de 2017 ás 10:51
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
A cultura de Galicia ten a súa orixe na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa.
Historia
Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos oestrimnios e outros pobos de orixe indoeuropea. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros entre o macizo Galaico e o río Douro, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos.[Cómpre referencia] Aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e tradicións e posiblemente a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta: Higinio Martins aborda o tema en profundidade no seu libro "As tribos Calaicas".
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os suevos farán de Galicia o primeiro reino independente de Europa, máis adiante, este reino será anexionado polos visigodos. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a viquingos, bretóns e fenicios.[Cómpre referencia]
Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica, mediante incursións bélicas dúas cidades galegas serán atacadas: Santiago de Compostela e Lugo.[Cómpre referencia] A repartición do antigo Reino Visigodo, que se fai entre árabes, sirios e bérberes, dálle a estes últimos a franxa noroeste[Cómpre referencia]. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do Magreb máis caucásico, así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o cristianismo faise un trazo diferenciador que dá forzas á reconquista.
Galicia, ao igual ca outros territorios da Península Ibérica, tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade xudía, principalmente na zona de Ribadavia e Ourense.[Cómpre referencia] Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende as Illas Británicas e dende o centro de Europa, grazas ao Camiño de Santiago.
Cultural e lingüisticamente as comarcas españolas do Bierzo (Castela e León) e o Eo-Navia (Asturias) son análogas a Galicia.[Cómpre referencia] Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindeiras portuguesas de Tras-os-Montes e Baixo Minho na música, nos costumes e nas tradicións.
A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos europeos, que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia, coa cultura da poboación nativa.
Na Idade Contemporánea
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cultura de Galicia |
Outros artigos