Isabel Soto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 24: Liña 24:
É unha das principais coñecedoras das figuras de [[Heraclio Pérez Placer]]<ref>[https://www.cirp.es/w3/publicacions/pub-0034.html Ficha de ''Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer''], no CRPIH.</ref> e de [[Agustín Fernández Paz]], autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"<ref>[http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/agustin-fernandez-paz-procesos-de-reescrita/html/1bf4d672-2706-11e1-b1fb-00163ebf5e63_2.html#I_0_ ''Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita''].</ref>, "Encontro con Agustín Fernández Paz"<ref>Capítulo publicado como parte do libro ''A mémoria nos livros: história e histórias'' (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) {{pt}}.</ref>, "@afernandezpaz"<ref>Publicado en ''Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza'' (Fundación Otero Pedrayo, 2014).</ref>, "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"<ref>Publicado na revista ''Lazarillo'', nº 36, 2016, pp. 90-97 {{es}}.</ref> ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"<ref>Publicado en ''Sarmiento. Anuario galego da historia da educación'', nº 20.</ref>, ademais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra [[Ensaio (literatura)|ensaística]], como ''[[O rastro que deixamos]]'' (Xerais, 2012) e ''Un mundo de palabras'' (Xerais, 2017).
É unha das principais coñecedoras das figuras de [[Heraclio Pérez Placer]]<ref>[https://www.cirp.es/w3/publicacions/pub-0034.html Ficha de ''Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer''], no CRPIH.</ref> e de [[Agustín Fernández Paz]], autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"<ref>[http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/agustin-fernandez-paz-procesos-de-reescrita/html/1bf4d672-2706-11e1-b1fb-00163ebf5e63_2.html#I_0_ ''Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita''].</ref>, "Encontro con Agustín Fernández Paz"<ref>Capítulo publicado como parte do libro ''A mémoria nos livros: história e histórias'' (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) {{pt}}.</ref>, "@afernandezpaz"<ref>Publicado en ''Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza'' (Fundación Otero Pedrayo, 2014).</ref>, "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"<ref>Publicado na revista ''Lazarillo'', nº 36, 2016, pp. 90-97 {{es}}.</ref> ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"<ref>Publicado en ''Sarmiento. Anuario galego da historia da educación'', nº 20.</ref>, ademais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra [[Ensaio (literatura)|ensaística]], como ''[[O rastro que deixamos]]'' (Xerais, 2012) e ''Un mundo de palabras'' (Xerais, 2017).


Foi secretaria de redacción<ref>[http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/golfino-invasores-agardado-regreso-dun-clasico-da-bd-galega/idEdicion-2011-06-16/idNoticia-679300/ ''Golfiño e os invasores'', o agardado regreso dun clásico da BD galega''], artigo de [[Fran P. Lorenzo]] para ''[[El Correo Gallego]]'' o 16 de xuño de 2011.</ref><ref>[https://www.tebeosfera.com/1/Obra/Tebeo/Golfino/Golfinho.htm Ficha da revista en Tebeosfera {{es}}.</ref> da revista ''[[Golfiño (banda deseñada)|Golfiño]]'' nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con ''[[La Voz de Galicia]]'' entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do ''[[Boletín Galego de Literatura]]'' (1998-2014), primeiro canda [[Xabier Campos Villar]] e máis tarde, dende 2006, xunta [[Marta Neira Rodríguez]]<ref>[http://www.escuelamagisterioceuvigo.es/documentos/marta-neira.pdf CV de Marta Neira], p. 14.</ref>. E secretaria de [[Gálix]] no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria [[Henrike Fesefeldt]] na organización do congreso do [[IBBY]] en Santiago de Compostela en 2010<ref>[http://www.ibbycompostela2010.org/descarregas/ActasIbby2010.pdf Actas do Congreso IBBY], p. 5</ref>.
Foi secretaria de redacción<ref>[http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/golfino-invasores-agardado-regreso-dun-clasico-da-bd-galega/idEdicion-2011-06-16/idNoticia-679300/ ''Golfiño e os invasores'', o agardado regreso dun clásico da BD galega''], artigo de [[Fran P. Lorenzo]] para ''[[El Correo Gallego]]'' o 16 de xuño de 2011.</ref><ref>[https://www.tebeosfera.com/1/Obra/Tebeo/Golfino/Golfinho.htm Ficha da revista en Tebeosfera {{es}}.</ref> da revista ''[[Golfiño (banda deseñada)|Golfiño]]'' nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con ''[[La Voz de Galicia]]'' entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do ''[[Boletín Galego de Literatura]]'' (1998-2014), primeiro canda [[Xabier Campos Villar]] e máis tarde, dende 2006, xunta [[Marta Neira Rodríguez]]<ref>[http://www.escuelamagisterioceuvigo.es/documentos/marta-neira.pdf CV de Marta Neira], p. 14.</ref>. E secretaria de [[Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil]] no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria [[Henrike Fesefeldt]] na organización do congreso do [[IBBY]] en Santiago de Compostela en 2010<ref>[http://www.ibbycompostela2010.org/descarregas/ActasIbby2010.pdf Actas do Congreso IBBY], p. 5</ref>.


Canto á faceta de crítica, foi colaboradora da páxina de cultura [[LG3]] (2003-2012), do programa da [[Televisión de Galicia]] ''Libro aberto'' (2006-2009)<ref>[http://www.imdb.com/name/nm3057601/ Ficha do persoeiro] en IMDb {{en}}.</ref> e de revistas e xornais como ''[[ProTexta]]'', ''[[El Correo Gallego]]'', ''[[Malasartes]]'', ''[[Lazarillo]]'' ou ''[[CLIJ]]''. De igual maneira, encargou das panorámicas anuais de [[literatura infantil e xuvenil]] para o ''[[Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos]]''.
Canto á faceta de crítica, foi colaboradora da páxina de cultura [[LG3]] (2003-2012), do programa da [[Televisión de Galicia]] ''Libro aberto'' (2006-2009)<ref>[http://www.imdb.com/name/nm3057601/ Ficha do persoeiro] en IMDb {{en}}.</ref> e de revistas e xornais como ''[[ProTexta]]'', ''[[El Correo Gallego]]'', ''[[Malasartes]]'', ''[[Lazarillo]]'' ou ''[[CLIJ]]''. De igual maneira, encargou das panorámicas anuais de [[literatura infantil e xuvenil]] para o ''[[Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos]]''.
Liña 72: Liña 72:


===Edicións===
===Edicións===
*''Obra narrativa en galego de [[Heraclio Pérez Placer]]'', [[1998]], [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]].
*''Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer'', [[1998]], [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]].
*''O rastro que deixamos'', de [[Agustín Fernández Paz]], Xerais, 2012.
*''O rastro que deixamos'', de Agustín Fernández Paz, Xerais, 2012.
*''Un mundo de palabras'', de Agustín Fernández Paz, Xerais, 2017.
*''Un mundo de palabras'', de Agustín Fernández Paz, Xerais, 2017.



Revisión como estaba o 14 de outubro de 2017 ás 22:20

Infotaula de personaIsabel Soto

A tradutora viguesa Isabel Soto.
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1969 (54 anos)
Galicia Vigo, Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio e tradución
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3057601 AELG: 378 Dialnet: 283038 Editar o valor em Wikidata

María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.

Traxectoria

Licenciouse en filoloxía hispánica en 1992 pola Universidade de Santiago de Compostela. Graduouuse coa memoria de licenciatura Heraclio Pérez Plácer. Obra e narrativa completa en galego. Edición e analálise literaria, publicada anos máis tarde (1998) por Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Así mesmo, comezou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Anxo Tarrío sobre a "Formación e análise da crítica literaria galega".

É unha das principais coñecedoras das figuras de Heraclio Pérez Placer[1] e de Agustín Fernández Paz, autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"[2], "Encontro con Agustín Fernández Paz"[3], "@afernandezpaz"[4], "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"[5] ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"[6], ademais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra ensaística, como O rastro que deixamos (Xerais, 2012) e Un mundo de palabras (Xerais, 2017).

Foi secretaria de redacción[7][8] da revista Golfiño nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con La Voz de Galicia entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do Boletín Galego de Literatura (1998-2014), primeiro canda Xabier Campos Villar e máis tarde, dende 2006, xunta Marta Neira Rodríguez[9]. E secretaria de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria Henrike Fesefeldt na organización do congreso do IBBY en Santiago de Compostela en 2010[10].

Canto á faceta de crítica, foi colaboradora da páxina de cultura LG3 (2003-2012), do programa da Televisión de Galicia Libro aberto (2006-2009)[11] e de revistas e xornais como ProTexta, El Correo Gallego, Malasartes, Lazarillo ou CLIJ. De igual maneira, encargou das panorámicas anuais de literatura infantil e xuvenil para o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos.

Tradución literaria

Traballa como tradutora profesional dende 1996. Nunha primeira etapa, principalmente libro de texto; a partir da década de 2000, sobre todo literatura estranxeira cara ao galego e ao castelán[12] dende a lingua francesa, a portuguesa ou a italiana[13]. No ámbito galego, publicou con Edebé-Rodeira, Kalandraka, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Hugin e Munin, El Patito Editorial, Hércules de Edicións, Edelvives-Tambre. No ámbito estatal, con Destino, Alianza Editorial, Bruño, Vicens Vives, Ediciones SM, Akal, Anaya, Ediciones B, Edelvives e Planeta & Oxford.

Cabe sinalar que realizou un importante número de traballos en tándem co tradutor Xavier Senín, entre eles diversos números de Astérix[14], tanto na versión galega coma na castelá, ou obras de relevo de autores como Raymond Roussel, Daniel Pennac, François Bégaudeau, Villiers de L'Isle-Adam, Juan Farias ou Rosa Navarro Durán.

Obra

Ensaio

Traducións

Os tradutores Isabel Soto e Xavier Senín, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus en Cambados.
  • O outro río: a emigración galega a Río de Xaneiro, de Érica Sarmiento da Silva, 2006, 3C3 Editores.
  • Coida o teu planeta, de Jean-Michel Billioud, 2007, S. M. Xerme (Vigo).
  • Cordelúa, de Elia Barceló, 2007, Rodeira.
  • Os corvos do xardín, de Aldous Huxley, 2007, S. M. Xerme.
  • As desgrazas de Sophie, de Valérie Dayre, 2007, S. M. Xerme.
  • A sopeira e o cazo, de Michael Ende, 2007, S. M. Xerme.
  • Agardarei por ti en África, de Blanca Álvarez, 2008, Planeta-Oxford.
  • De profundis, de Miguelanxo Prado, 2008, El Patito.
  • Fuxida cara ao sur, de Juan Madrid, 2008, Rodeira.
  • Galego á beira do mar, de Juan Farias, 2008, Kalandraka.
  • Flanagan Flash-Back, de Andreu Martín e Jaume Ribera, 2009, Xerais.
  • Geronimo Stilton. O meu nome é Geronimo Stilton, 2009, Destino (Barcelona).
  • Geronimo Stilton. O misterioso manuscrito de Nostrarratus, 2009, Destino.
  • Geronimo Stilton. Na procura da marabilla perdida, 2009, Destino.
  • Geronimo Stilton. A carreira máis desatinada do mundo, 2010, Destino.
  • Geronimo Stilton. O galeón dos gatos piratas, 2010, Destino.
  • Geronimo Stilton. Unha aloucada viaxe a Ratiquistán, 2010, Destino.
  • Isto é París, de Miroslav Sasek, 2010, El Patito.
  • Lóbrego romance, pálido pantasma: as lendas espectraies de Malvadia, de Jack Mircala, 2010, El Patito.
  • Geronimo Stilton. O misterio do tesouro desaparecido. 2011, Destino.
  • Geronimo Stilton. O sorriso da Mona Ratisa. 2011, Destino.
  • Geronimo Stilton. Vaite de aí, cara de queixo!. 2011, Destino.
  • Elias Portolu, de Grazia Deledda, 2012, Hugin e Munin.
  • Un matrimonio provinciano, de Marquesa Colombi, 2014, Hugin e Munin.
  • Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras, 2015, Akal.
  • Fosca, de Igino Ugo Tarchetti, 2016, Hugin e Munin.
  • Últimas cartas de Jacopo Ortis, de Ugo Foscolo, 2016, Hugin e Munin.
  • A contrafío, de Joris-Karl Huysmans, 2016, Hugin e Munin.
  • Thérese Raquin, de Émile Zola, 2017, Hugin e Munin.
  • Conduce rápido, de Diego Ameixeiras, 2017, Akal.
  • A obra, de Bruno Sperani, 2017, Hugin e Munin.

Edicións

Obras colectivas

Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou (coordinadora), Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais.
  • A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
  • Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • Teatro infantil. Do texto á representación, 2007, Xerais. Con Pedro Lucas e Blanca-Ana Roig.
  • A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil, 2008, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
  • Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, 2016, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.

Traducións colectivas

  • O tolo da ría, de Juan Farias, 2005, Luis Vives. Con Xavier Senín.
  • Algúns nenos, tres cans e máis cousas, de Juan Farias, 2006, Planeta. Con Xavier Senín.
  • A Odisea contada aos nenos, de Rosa Navarro Durán, 2007, Rodeira. Con Xavier Senín.
  • A clase, de François Bégaudeau, 2008, Xerais. Con Xavier Senín.
  • A fabulosa lenda do Rei Artur, de Jordi Sierra i Fabra, 2008, Rodeira. Con Xavier Senín.
  • Mal de escola, de Daniel Pennac, 2008, Xerais. Con Xavier Senín.
  • O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro, Albert Uderzo, 2009, Salvat. Con Valentín Arias e Xavier Senín.
  • Locus Solus, de Raymond Roussel, 2012, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
  • Asterix e os pictos, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2013, Xerais. Con Xavier Senín.
  • A Eva futura, de Auguste Villiers de L'Isle-Adam, 2014, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
  • Astérix e os godos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
  • Astérix gladiador, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
  • Astérix. O papiro do César, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
  • A volta á Galia de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2016, Xerais. Con Xavier Senín.

Premios

Notas

  1. Ficha de Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, no CRPIH.
  2. Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita.
  3. Capítulo publicado como parte do libro A mémoria nos livros: história e histórias (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) (en portugués).
  4. Publicado en Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza (Fundación Otero Pedrayo, 2014).
  5. Publicado na revista Lazarillo, nº 36, 2016, pp. 90-97 (en castelán).
  6. Publicado en Sarmiento. Anuario galego da historia da educación, nº 20.
  7. Golfiño e os invasores, o agardado regreso dun clásico da BD galega, artigo de Fran P. Lorenzo para El Correo Gallego o 16 de xuño de 2011.
  8. [https://www.tebeosfera.com/1/Obra/Tebeo/Golfino/Golfinho.htm Ficha da revista en Tebeosfera (en castelán).
  9. CV de Marta Neira, p. 14.
  10. Actas do Congreso IBBY, p. 5
  11. Ficha do persoeiro en IMDb (en inglés).
  12. Ficha da autora en Dialnet (en castelán).
  13. Obras de Soto López, Isabel na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
  14. Astérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
  15. Informe de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.
  16. A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti., nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas