Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado ligazón
Liña 12: Liña 12:
Monárquico conservador, durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] mantivo a súa adhesión ao rei [[Afonso XIII]]. Ministro de Economía en [[1931]], ante o masivo apoio electoral á [[Segunda República Española|República]], foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.
Monárquico conservador, durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] mantivo a súa adhesión ao rei [[Afonso XIII]]. Ministro de Economía en [[1931]], ante o masivo apoio electoral á [[Segunda República Española|República]], foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.


Faleceu no Hotel Savoy de [[París]] e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en [[1960]] a súa filla trasladou os seus restos ao [[cemiterio de Thiais]], onde repousa<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1960/06/22/059.html Han recibido sepultura definitiva los restos de D. Gabino Bugallal], ''[[ABC (xornal)|ABC]]''. 22/6/1960.</ref>.
Faleceu no Hotel Savoy de [[París]] e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en [[1960]] a súa filla trasladou os seus restos ao [[cemiterio de Thiais]], París, onde repousan<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1960/06/22/059.html Han recibido sepultura definitiva los restos de D. Gabino Bugallal], ''[[ABC (xornal)|ABC]]''. 22/6/1960.</ref>.


{{Sucesión | título = [[Presidente do Goberno de España]] | período = [[1921]] | predecesor = [[Eduardo Dato]] | sucesor = [[Manuel Allendesalazar]] }}
{{Sucesión | título = [[Presidente do Goberno de España]] | período = [[1921]] | predecesor = [[Eduardo Dato]] | sucesor = [[Manuel Allendesalazar]] }}
Liña 32: Liña 32:


=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Lista de presidentes de España]].
* [[Caciquismo]]
* [[Caciquismo]]
* [[Isidoro Bugallal Araújo]]
* [[Isidoro Bugallal Araújo]]

Revisión como estaba o 11 de outubro de 2017 ás 23:32

Bugallal.

Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego, conde de Bugallal.

Traxectoria

Fillo de José Ramón Bugallal Muñoz e neto do xornalista Isidoro Araújo. Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Severiano Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

A Gabino Bugallal en Ponteareas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Faleceu no Hotel Savoy de París e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en 1960 a súa filla trasladou os seus restos ao cemiterio de Thiais, París, onde repousan[1].

Predecesor:
Eduardo Dato
Presidente do Goberno de España
1921
Sucesor:
Manuel Allendesalazar

Vida persoal

Irmán de Isidoro Bugallal. Tío de José Luis Bugallal Marchesi. En 1912 herdou o Condado de Bugallal da súa curmá Adelaida García Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos