María José Alonso: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m elimino a Categoría:Farmacéuticos mediante HotCat |
||
Liña 51: | Liña 51: | ||
[[Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela]] |
[[Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela]] |
||
[[Categoría:Personalidades da farmacia]] |
[[Categoría:Personalidades da farmacia]] |
||
[[Categoría:Farmacéuticos]] |
|||
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias]] |
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias]] |
Revisión como estaba o 11 de outubro de 2017 ás 08:18
María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959, é unha farmacéutica, catedrática e académica especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.
Traxectoria
En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutorado. Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón, como catedrática desde 1998.
Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).
Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[1]
Actividades realizadas
Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[2] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitado en trinta congresos internacionais.
Foi membro do comité científico e organizador de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional e fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.
É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society Inc. (1995-98), membro de Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.
Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais: Pharmaceutical Research, Journal of Controlled Release, International Journal of Pharmaceutics, European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics, European Journal of Pharmaceutical Sciences, Drug Development and Industrial Pharmacy, Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.
M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[3][4]
A profesora Alonso é membro da Academia de Farmacia de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias,[5][6] e da Real Academia Nacional de Farmacia de España.[7]
Premios
- 1985: Premio Extraordinario de Doutorado en Farmacia, USC.[1]
- 2011: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.[3][8]
- 2011: Premio Nóvoa Santos.[4]
- 2013: Premio Mª Josefa Wonenburger.[9]
- 2014: Premio Maurice-Marie Janot.[10]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Curriculum Vitae de M. J. Alonso.
- ↑ Lista de publicacións (1982-2014) na páxina web de M. J. Alonso na USC.
- ↑ 3,0 3,1 María José Alonso: «Galicia sí pinta algo en ciencia». La Voz de Galicia, 8-6-2011.
- ↑ 4,0 4,1 María José Alonso logra el premio Novoa Santos de los médicos gallegos La Voz de Galicia, 12-10-2011.
- ↑ Mañán ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Da. Mª. José Alonso Fernández[sic] Real Academia Galega de Ciencias.
- ↑ María José Alonso ingresa na Real Academia Galega de Ciencias.
- ↑ María José Alonso ingresa en la Academia Nacional de Farmacia El Correo Gallego, 18-6-2010.
- ↑ La Reina Sofía entrega a María José Alonso el premio Jaime I de investigación La Voz de Galicia. Ed. Santiago, 18-10-2011.
- ↑ María José Alonso galardonada con el Premio María Josefa Wonenburger Planells Páxina web do CESGA.
- ↑ María José Alonso gana el premio Marie Janot (sic) La Voz de Galicia, 3-4-2014.
Véxase tamén
Bibliografía
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 21-22. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
- "Biografía de María José Alonso" El País. 7/10/2011 (en castelán).
- María José Alonso Fernández en Galegos. GaliciaDigital.
- M.J. Alonso Lab Currículo de M. J. Alonso, USC (en inglés)
- NanoFar, Erasmus Mundus Joint Doctorate in nanomedicine and pharmaceutical innovation USC (en inglés)