Lluís Companys: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 42: Liña 42:
=== Os sucesos de outubro de 1934 ===
=== Os sucesos de outubro de 1934 ===
{{Artigo principal|República catalá}}
{{Artigo principal|República catalá}}
Ao longo do ano 1934 impulsou a polémica [[Lei de contratos de cultivo]], que o enfronta cos grandes propietarios e co Goberno español. O [[6 de outubro]] de 1934 é o protagonista unha sublevación contra a legalidade republicana a raíz da entrada no goberno da República da Confederación Española de Derechas Autónomas ([[CEDA]]) e proclama o [[República catalá|Estado Catalán]] dentro da [[Segunda República española|República Federal Española]] desde o balcón do [[Pazo da Generalitat de Cataluña|Pazo da Generalitat]], feito polo cal sería encarcerado con todo o seu goberno, mentres o [[Estatuto de Autonomía de 1932 (Estatut de Núria)|Estatuto de autonomía de Cataluña de 1932]] é suspendido. O Goberno catalán foi detido en pleno por tropas dirixidas polo comandante-xefe da cuarta división orgánica, o [[Domènec Batet i Mestres|xeneral Batet]]. Companys foi encarcerado primeiro no buque ''Uruguay'', fondeado no porto de Barcelona, e máis tarde trasladado a Madrid, onde foi xulgado e condenado, xunto con todo o [[Generalitat de Cataluña|Goberno catalán]], a trinta anos de reclusión maior. Posteriormente sería trasladado ao penal de [[Puerto de Santa María]] ([[Cádiz]]). Estes feitos coincidiran con a folga xeral revolucionaria convocada en toda España e mais coa insurrección asturiana propulsada pola [[UXT]] e a [[CNT]] en [[Asturias]]. Permaneceron detidos e en cadea ata a vitoria electoral da [[Fronte Popular]] nas eleccións de febreiro do [[1936]].
Ao longo do ano 1934 impulsou a polémica [[Lei de contratos de cultivo]], que o enfronta cos grandes propietarios e co Goberno español. O [[6 de outubro]] de 1934 é o protagonista nunha sublevación contra a legalidade republicana a raíz da entrada no goberno da República da Confederación Española de Derechas Autónomas ([[CEDA]]) e proclama o [[República catalá|Estado Catalán]] dentro da [[Segunda República española|República Federal Española]] desde o balcón do [[Pazo da Generalitat de Cataluña|Pazo da Generalitat]], feito polo cal sería encarcerado con todo o seu goberno, mentres o [[Estatuto de Autonomía de 1932 (Estatut de Núria)|Estatuto de autonomía de Cataluña de 1932]] é suspendido. O Goberno catalán foi detido en pleno por tropas dirixidas polo comandante-xefe da cuarta división orgánica, o [[Domènec Batet i Mestres|xeneral Batet]]. Companys foi encarcerado primeiro no buque ''Uruguay'', fondeado no porto de Barcelona, e máis tarde trasladado a Madrid, onde foi xulgado e condenado, xunto con todo o [[Generalitat de Cataluña|Goberno catalán]], a trinta anos de reclusión maior. Posteriormente sería trasladado ao penal de [[Puerto de Santa María]] ([[Cádiz]]). Estes feitos coincidiran con a folga xeral revolucionaria convocada en toda España e mais coa insurrección asturiana propulsada pola [[UXT]] e a [[CNT]] en [[Asturias]]. Permaneceron detidos e en cadea ata a vitoria electoral da [[Fronte Popular]] nas eleccións de febreiro do [[1936]].


=== Guerra civil ===
=== Guerra civil ===

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2017 ás 07:42

Infotaula de personaLluís Companys i Jover
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1882 Editar o valor em Wikidata
El Tarròs
Morte15 de outubro de 1940 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Barcelona
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaFossar de la Pedrera 41°21′23″N 2°08′56″L / 41.356357, 2.148911 Editar o valor em Wikidata
Cargos
123º President da Generalitat de Cataluña
Período19341940
AntecesorFrancesc Macià i Llussà
SucesorJosep Irla i Bosch
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaCatalanismo e Republicanismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - dereito
Liceu Poliglot (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico
Partido políticoEsquerra Republicana de Cataluña
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarme Ballester (1936–1940)
Mercè Micó i Busquets (en) Traducir (1910–1936) Editar o valor em Wikidata
FillosLluís Companys i Micó (pt) Traducir
 () Mercè Micó i Busquets (en) Traducir
Maria de l'Alba Companys i Micó (en) Traducir
 () Mercè Micó i Busquets (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJosep Companys i Fontanet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maria Lluïsa de Jover Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosep Companys i Jover (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 10637870 Editar o valor em Wikidata

Lluís Companys i Jover, nado en El Tarròs (Tornabous), o 21 de xuño de 1882 e asasinado en Barcelona o 15 de outubro de 1940, foi un político catalán. Primeiro Presidente do Parlamento de Cataluña (1932-1933), Ministro do Goberno Español (2º semestre de 1933) e Presidente da Generalitat de Cataluña (1934-1940) durante a Segunda República Española.

Traxectoria

Formación e influencias

Nacido nunha familia campesiña con raíces nobres, foi o segundo irmán de oito. Despois de acabar o bacharelato, trasladouse a Barcelona, onde estudou Dereito. Atraído xa pola política, no ano 1900 fundou na Universidade a Asociación Escolar Republicana e milita na Unión Republicana. Companys estivo influído polas ideas republicanas, catalanistas e sociais, no marco sociopolítico da crise da Restauración Borbónica, optando pola participación na vida política do país. Logo dos Feitos do ¡Cu-Cut!, participou na creación de Solidaritat Catalana e, cando esta se disgregou, Companys adheriuse á Unión Federal Nacionalista Republicana, chegando a ser presidente da sección política en 1910.

Paralelamente á súa actividade profesional como avogado laboralista de sindicalistas, colaborou con xornais republicanos como La Aurora e anos máis tarde en La Barricada. Entra a formar parte do partido reformista de Melquíades Álvarez e escribe no órgano do partido, La Publicidad, con Josep Zulueta, Laureà Miró i Trepat e Eusebi Corominas.

Primeiros cargos políticos

Ante a perda das eleccións municipais do 1913, prodúcese a crise do reformismo e Companys deixa La Publicidad. Despois dunha curta militancia no Bloc Republicà Autonomista, constitúe xunto a Francesc Layret e Marcel·lí Domingo i Mestres o Partido Republicano Catalán, con data de abril de 1917. Colaborou na publicación La Lucha, órgano do novo partido, en representación do cal foi elixido concelleiro do Concello de Barcelona.

Traballa a prol dunha intervención positiva do Goberno nos conflitos de obreiros. É detido en novembro do 1920 xunto con outros sindicalistas como Salvador Seguí e Martí Barrera, e deportado ao castelo da Mola (Maó); daquela Francesc Layret foi asasinado, cando se preparaba a asumir a defensa como avogado. Companys é posto en liberdade ao ser elixido deputado por Sabadell, en representación do Partido Republicano Catalán, ocupando o escano do asasinado Layret. Foi un dos fundadores da Unión de Rabassaires e o 15 de outubro de 1922 pasou a dirixir o semanario La Terra. Revista Popular Agrària que era o órgano da Unión.

Durante a ditadura de Primo de Rivera, concentrouse no labor de avogado asesor da Unión de Rabassaires, e, desde 1928, formou parte dos comités dos partidos cataláns que dirixían a oposición política. En outubro do 1930 foi de novo encarcerado. En marzo de 1931 participou na Conferencia de Esquerdas, a partir da cal se formou Esquerra Republicana de Cataluña.

Actividade durante a República

É elixido o 12 de abril de 1931 concelleiro de Barcelona por Esquerra Republicana de Cataluña. Entrou no Concello o 14 de abril acompañado de Amadeu Aragay, Lluhí i Vallescà e outros, depuxo ao alcalde accidental Antoni Martínez Domingo, tomou posesión e desde o balcón proclamou a II República española en Cataluña. Sería nomeado, provisionalmente, gobernador civil de Barcelona.

En xuño de 1931 foi elixido deputado nas Cortes pola provincia de Barcelona. Interveu activamente nas discusións, en setembro do 1931, do proxecto de constitución da II República Española e votou a favor do voto feminino en outubro do mesmo ano. Convértese, en xaneiro de 1932, en vicepresidente da Asemblea da Generalitat e Presidente provisorio, en substitución de Jaume Carner. En novembro do 1932 foi elixido deputado do Parlamento de Cataluña, e mais primeiro Presidente do Parlamento.

Unha vez que dimitiu do cargo de Presidente do Parlamento de Cataluña foi, desde xuño a novembro de 1933, Ministro de Mariña do goberno de Azaña. Nas eleccións lexislativas do novembro de 1933 será elixido deputado pola cidade de Barcelona.

Perante a morte súbita de Francesc Macià i Llussà, o 25 de decembro, tan só un mes despois, é proposto para sucedelo como presidente da Generalitat de Cataluña. En votación extraordinaria do Parlamento, será aceptado o 1 de xaneiro de 1934 por 56 votos a favor e 6 en branco, coa abstención da Lliga Regionalista.

Os sucesos de outubro de 1934

Artigo principal: República catalá.

Ao longo do ano 1934 impulsou a polémica Lei de contratos de cultivo, que o enfronta cos grandes propietarios e co Goberno español. O 6 de outubro de 1934 é o protagonista nunha sublevación contra a legalidade republicana a raíz da entrada no goberno da República da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) e proclama o Estado Catalán dentro da República Federal Española desde o balcón do Pazo da Generalitat, feito polo cal sería encarcerado con todo o seu goberno, mentres o Estatuto de autonomía de Cataluña de 1932 é suspendido. O Goberno catalán foi detido en pleno por tropas dirixidas polo comandante-xefe da cuarta división orgánica, o xeneral Batet. Companys foi encarcerado primeiro no buque Uruguay, fondeado no porto de Barcelona, e máis tarde trasladado a Madrid, onde foi xulgado e condenado, xunto con todo o Goberno catalán, a trinta anos de reclusión maior. Posteriormente sería trasladado ao penal de Puerto de Santa María (Cádiz). Estes feitos coincidiran con a folga xeral revolucionaria convocada en toda España e mais coa insurrección asturiana propulsada pola UXT e a CNT en Asturias. Permaneceron detidos e en cadea ata a vitoria electoral da Fronte Popular nas eleccións de febreiro do 1936.

Guerra civil

Tiña prevista e organizada a resistencia contra a sublevación militar do 18 de xullo mediante medidas tal o nomeamento do capitán Frederic Escofet como Comisario Xeneral de Orde Pública de Cataluña. Durante toda a guerra encabezará o Goberno de Cataluña tentando manter a unidade entre os partidos e sindicatos que o apoiaban. Porén, isto vai ser moi difícil polas tensións entre comunistas e socialistas agrupados no Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) e anarquistas da Confederación Nacional do Traballo (CNT), apoiados estes últimos polos trotskistas do POUM.

O lado humano de Lluís Companys queda patente polo feito de que, desbordado pola gran cantidade de asasinatos que se producirán na retagarda nos días posteriores ao errado golpe de estado, decidira deixar partir polo porto de Barcelona en barcos estranxeiros a unhas cinco mil persoas sospeitosas de pouca simpatía co réxime republicano, cuxa seguranza non podía garantir.

A partir de outubro de 1937 acontecerán os seus enfrontamentos co Goberno republicano do doutor Juan Negrín, instalado en Barcelona. En abril de 1938, logo da toma de Lleida, escribirá unha amarga carta ao presidente do Goberno central, queixándose das arbitrariedades que estaba cometendo e da marxinación que sufría o Goberno catalán.

Exilio e morte

O 23 de xaneiro do 1939, cando as forzas franquistas están a piques de entrar en Barcelona, atravesa a fronteira francesa xunto co lehendakari José Antonio Aguirre, exiliándose en Perpiñán (Francia) e trasladándose despois a París para traballar na representación no exilio da Generalitat (Consell Nacional de Cataluña). Vai acabar en Le Baule-les-Pins (Pireneos Atlánticos), manténdose en Francia pese ao perigo que corría, nun intento por non perder o contacto co seu fillo Lluís Companys i Micó (1911-1956), que sufría unha grave doenza mental.

O 13 de agosto de 1940 é detido pola Gestapo por orde das autoridades españolas con colaboración de membros da embaixada española en Francia. É levado primeiro a Madrid, onde se lle abren dilixencias por "ser o Presidente da Generalitat, Ministro da República e responsábel dos feitos realizados en Cataluña". Despois de diversos interrogatorios, é trasladado o 3 de outubro ao Castelo de Montjuic en Barcelona para facerlle un consello de guerra sumarísimo sen garantías procesais e, como se demostrou posteriormente, de forma ilegal.[1]

O mesmo Ramón Serrano Suñer recoñecíao anos despois ao afirmar que toda a base xurídica sobre os feitos da guerra civil se fundaban nunha "justicia al revés", e concluía:

Foi, pois, un erro configurar delitos de rebelión e sedición para atribuílos aos defensores do Goberno republicano, dado que estes -xurídica e ata metafisicamente- era imposible que os cometeran[2].

Será fusilado ás seis e media da madrugada do 15 de outubro de 1940, no foxo de Santa Eulalia do castelo de Montjuïc, con 58 anos. É o único Presidente dunha nación democrática asasinado polo fascismo, mesmo durante a segunda guerra mundial.

As súas derradeiras verbas foron: "Per Cataluña!!!".

Notas

  1. Os consellos de guerra realizados baseábanse na aplicación do Código Militar por sublevación contra todos os que se opuxeran á sublevación. Isto significaba que os verdadeiros rebeldes contra a autoridade legal condenaban polo delito de rebelión, adhesión o auxilio a la rebelión a aqueles que foran fieis ao goberno legal.
  2. Josep M. Solé i Sabaté, Consell de guerra i condemna a mort de Lluís Companys. Ed. Generalitat de Cataluña-1999 ISBN 84-393-4927-0

Generalitat de Cataluña

Segue a:
Francesc Macià
Lluís Companys
Precede a:
Josep Irla
President