Folgoso do Courel: Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética |
Sen resumo de edición |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
altitudemax= - | |
altitudemax= - | |
||
altitudemin= | |
altitudemin= | |
||
ano poboación = |
ano poboación = 2016| |
||
poboación= |
poboación= 1060| |
||
galego ano= 2011| |
galego ano= 2011| |
||
totalgalego= 88,24| |
totalgalego= 88,24| |
||
Liña 53: | Liña 53: | ||
gastocapitalhab= | |
gastocapitalhab= | |
||
}} |
}} |
||
'''Folgoso do Courel''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Quiroga]]. Segundo o [[IGE]] en [[ |
'''Folgoso do Courel''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Quiroga]]. Segundo o [[IGE]] en [[2016]] tiña 1060 habitantes <small>(1310 no [[2006]], 1346 no [[2005]], 1397 no [[2004]], 1448 no [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|courelao}}». |
||
== Poboación == |
== Poboación == |
||
Liña 59: | Liña 59: | ||
|----- |
|----- |
||
! Censo total |
! Censo total |
||
! |
! 1060 <sup>(2016)</sup> |
||
|----- |
|----- |
||
| Menores de 15 anos |
| Menores de 15 anos |
||
| |
| 35 (3,30 %) |
||
|----- |
|----- |
||
| Entre 15 e 64 anos |
| Entre 15 e 64 anos |
||
| |
| 564 (53,21 %) |
||
|----- |
|----- |
||
| Maiores de 65 anos |
| Maiores de 65 anos |
||
| |
| 461 (43,49 %) |
||
|} |
|} |
||
Revisión como estaba o 4 de outubro de 2017 ás 17:52
Coordenadas: 42°35′16.4″N 7°11′46.76″O / 42.587889, -7.1963222
Folgoso do Courel | |
---|---|
Igrexa de Vilamor. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | courelao |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Quiroga |
Poboación | 1060 hab. (2016)[2][3] |
Área | 192,8 km²[3] |
Densidade | 5,5 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Capital do concello | Folgoso do Courel |
Política (2015) | |
Alcaldesa | Dolores Castro Ochoa (PPdeG) |
Concelleiros | PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: Courel Vivo-PDDdG 1 |
Eleccións municipais en Folgoso do Courel | |
Uso do galego[5] (2011) | |
Galegofalantes | 88,24% |
Na rede | |
http://www.folgosodocourel.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2016 tiña 1060 habitantes (1310 no 2006, 1346 no 2005, 1397 no 2004, 1448 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «courelao».
Poboación
Censo total | 1060 (2016) |
---|---|
Menores de 15 anos | 35 (3,30 %) |
Entre 15 e 64 anos | 564 (53,21 %) |
Maiores de 65 anos | 461 (43,49 %) |
Evolución da poboación de Folgoso do Courel Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6413 | 5785 | 5479 | 1397 | |||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.
Patrimonio natural
Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.
A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Soeane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.
Patrimonio arqueolóxico
No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.
Da época da romanización de Galicia consérvase a Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Folgoso do Courel.
-
Igrexa de San Pedro de Esperante
-
Interior dun antigo pombal construído na súa totalidade con pedra
Lugares de Folgoso do Courel
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Folgoso do Courel vexa: Lugares de Folgoso do Courel.
Parroquias
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Folgoso do Courel".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Folgoso do Courel |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |