Eilat: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 235: Liña 235:


== Notas ==
== Notas ==
{{listaref|20em}}
{{listaref|40em}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2017 ás 20:52

Coordenadas: 29°33′N 34°57′L / 29.550, -34.950 Modelo:Cidade

Eilat (en hebreo: אֵילַת e en árabe: إيلات) é a máis meridional das cidades do Estado de Israel, cun importante porto e un concorrido resort internacional. Sitúase no Distrito Meridional de Israel, na exigua costa que o país ten sobre o golfo de Eilat na rexión sur do Deserto do Negev, no extremo sur do Aravá. A súa poboación en 2016 era duns 50,072 habitantes [1]A cidade sitúase ao carón da poboación exipcia de Taba ao sur e coa cidade portuaria xordana de Aqaba ao leste, e a vista de Arabia Saudita ao sueste, cruzando o golfo. O seu nome deriva da bíblica cidade Elath, que adoita identificarse hoxe en día coa veciña Aqaba. As praias da cidade, a vida nocturna e as paisaxes do deserto, converten a cidade nun destino popular para o turismo nacional e internacional.

O abrasante calor do Negev, un dos máis áridos desertos do planeta, queda suavizado pola situación costeira de Eilat: as augas do mar Vermello axudan a suavizar as altas temperaturas, gozando a cidade dun clima idóneo que fixo unha das máis importantes atraccións turísticas de Israel. O reclamo turístico queda completado coa existencia de formacións coralinas, moi apreciadas polos submarinistas, e as expedicións de aventura ao interior do Negev.

Etimoloxía

A orixe do nome Eilat, mencionado no Antigo Testamento, non se coñece a con certeza, pero probablemente proveña da raíz hebrea A-Y-L (hebreo: א. י. ל.), que tamén é a raíz para a palabra Elah (hebreo: אלה), que significa Pistacia. Como outras moitas localidades, Eilat aparece mencionada na Biblia tanto na forma singular como plural (Eilot).[2]

Historia

Antigüidade

O asentamento orixinal situábase probablemente no extremo norte do Golfo de Eilat.[3] As escavacións arqueolóxicas excavations descubriron importantes tumbas prehistóricas que datan do milenio 7 a.C. na zona occidental de Eilat, mentres que as escavacións e traballos co cobre no Val de Timna datan dos milenios 5 e 6 a.C..[4]

Período xudeu

O asentamento de Eilat na década de 1960

Eilat mencionase na Biblia por primeira vez no Libro do Éxodo. As primeiras seis estacións da ruta do Éxodo teñen lugar en Exipto. A sétima é o cruzamento do mar Vermello e desde a 9ª a 13ª teñen lugar nas proximidades de Eilat. A estación 12ª refírese a unha ducia de campamentos arredor de Timna no moderno Israel preto de Eilat. Cando o rei David conquistou Edom,[5] que ata entón fora a fronteira común entre Edom e Midian, pasou por Eilat, a cidade compartida tamén por eles. A cidade portuaria comercial e centro da industria do cobre mantivéronse con Exipto ata que foi reconstruída por Salomón no lugar hoxe coñecido como Ezion-Geber (I Reis 9:26). En 2 Reis 14:21-22 "Xudá enteiro fixouse en Azarías, cando tiña dezaseis anos, e aclamárono rei, no posto de seu pai Amasías. El reconstruíu Eilat e volveullo a Xudá, despois de que o rei adormeceu con seus pais."[6] E de novo en 2 Reis 16:6 "Por aquel mesmo tempo o rei de Edom recuperou Eilat, desbotando de alí a Xudá. Os edomitas entraron en Eilat e quedaron alí ata o día de hoxe."[7]

Foi un prospero porto de comercio xudeu entre os séculos 9º e 7º a.C.[8]

Clima

Eilat ten un Clima árido (segundo a Clasificación climática de Köppen de Köppen BWh[9]). Os invernos soen estar entre 11-23°C. Os veráns oscilan entre 26-40°C.

Datos climáticos para Eilat (Temperatura: 1987–2010, Precipitación: 1980–2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 32,2 35,8 38,7 43,4 45,2 47,4 48,3 48,0 45,0 44,3 38,1 33,6 48,3
Media mensual máxima en °C 26,3 29,3 32,8 38,2 42,1 43,6 44,1 43,2 41,9 39,7 33,4 28,0 44,1
Media máxima en °C 21,3 23,0 26,1 31,0 35,7 38,9 40,4 40,0 37,3 33,1 27,7 23,0 31,46
Media diaria en °C 15,8 17,4 20,5 24,7 29,1 32,0 33,8 33,7 31,3 27,4 22,0 17,1 25,4
Media mínima en °C 10,4 11,8 14,6 18,4 22,5 25,2 27,3 27,4 25,2 21,8 16,3 11,9 19,4
Media mensual mínima en °C 5,9 7,4 10,1 13,4 17,7 21,5 24,8 24,8 22,0 17,4 11,5 7,5 5,9
Temperatura mínima en °C 1,2 0,9 3,0 8,4 12,1 18,5 20,0 19,4 18,6 9,2 5,3 2,5 0,9
Chuvia media mm 4 3 3 2 1 0 0 0 0 4 2 5 24
Media de días con chuvia (≥ 0.1 mm) 2,1 1,8 1,6 0,9 0,7 0 0 0 0 0,7 0,8 1,9 10,5
Humidade relativa media (%) 32 28 25 19 16 15 17 18 23 27 29 33 23,5
Media de horas de sol mensuais 229,4 237,3 251,1 273 319,3 324 347,2 347,2 291 282,1 246 217 3 364,6
Fonte: Israel Meteorological Service[10][11][12][13]
Temperatura media do auga do mar[14]
Xan Feb Mar Apr Mai Xun Xul Aug Sep Out Nov Dec
22°C 21°C 21°C 23°C 25°C 26°C 28°C 28°C 28°C 27°C 25°C 23°C

Notas

  1. "List of localities, in Alphabetical order" (PDF). Israel Central Bureau of Statistics. Consultado o 26 de setembro de 2017. 
  2. Grinzweig, Michael (1993). Cohen, Meir; Schiller, Eli, eds. "From the Items of the Name Eilat". Ariel (en hebreo) (Ariel Publishing) (93–94: Eilat – Human, Sea and Desert): 110. 
  3. Dr. Muhammed Abdul Nayeem, (1990). Prehistory and Protohistory of the Arabian Peninsula. Hyderabad. ISBN.
  4. Ian Shaw (2002). A Dictionary of Archaeology. John Wiley & Sons. Consultado o 23 de abril de 2015. 
  5. "ישראל המקדשית". Gideon.022.co.il. Consultado o 16 de setembro de 2011. 
  6. "2 Reis 14:21-22". A Biblia galega. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  7. " "2 Reis 16:6". A Biblia galega. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  8. "When and How Did Jerusalem Become a Great City? The Rise of Jerusalem as Judah's Premier City in the Eighth-Seventh Centuries B.C.E." Bulletin of the American Schools of Oriental Research, no. 347 (2007): 21-56. http://www.jstor.org/stable/25067021.
  9. "Climate: Eilat - Climate graph, Temperature graph, Climate table". Climate-Data.org. Consultado o 5 de novembro de 2013. 
  10. "Averages and Records for Tel Aviv (Precipitation, Temperature and Records written in the page)". Israel Meteorological Service. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2010. Consultado o 1 de agosto de 2010. (en hebreo)
  11. "Extremes for Tel Aviv [Records of February and May]". Israel Meteorological Service. Consultado o 2 de agosto de 2015. (en hebreo)
  12. "Temperature average". Israel Meteorological Service. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2011. (en hebreo)
  13. "Precipitation average". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. (en hebreo)
  14. "Eilat Climate and Weather Averages, Israel". Weather2Travel. Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas