Pavelló Nou Congost: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Liña 21: Liña 21:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
*[http://www15.gencat.cat/ceeree/AppJava/fitxaDetallAction.do?codInst=8496 Información sobre o pavillón] {{ca}}
*[http://www15.gencat.cat/ceeree/AppJava/fitxaDetallAction.do?codInst=8496 Información sobre o pavillón] {{ca}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Pavillóns de baloncesto de España|Nou Congost]]
[[Categoría:Pavillóns de baloncesto de España|Nou Congost]]

Revisión como estaba o 27 de setembro de 2017 ás 11:38

Coordenadas: 41°43′31″N 1°48′34″L / 41.72528, -1.80944

Nou Congost
Interior do Nou Congost durante un partido entre o Manresa e o Joventut.
Datos
LocalizaciónManresa, Cataluña Cataluña
Construción
Inauguración1992
Estadio
Capacidade5.000 espectadores
PropietarioConcello de Manresa
LocalíaBàsquet Manresa

O Pavelló Nou Congost é un pavillón da cidade de Manresa, na provincia de Barcelona, onde se disputan os partidos de baloncesto do Bàsquet Manresa.

Historia e características

Foi inaugurado en setembro de 1992 coa celebración da XIII edición da Liga Catalá. A instalación tomou o relevo do vello Congost que quedara obsoleto e non cumpría as normativas da liga ACB. Ten unha capacidade para 5.000 espectadores e é a sede social e centro administrativo do Bàsquet Manresa. Dispón de cabinas de prensa, situadas na parte superior da tribuna do palco, con capacidade para poder traballar ata 20 informadores, un espazo habilitado como sala de prensa na parte inferior da tribuna. Por outro lado, dende o Bàsquet Manresa SAE e a Fundació Foment del Bàsquet trabállase para potenciar o Museu del Bàsquet Manresà, no espazo que se encontra debaixo da outra tribuna do Pavillón.

O vello Congost fora inaugurado no ano 1968 con motivo do ascenso do club á primeira división. Actualmente, esta instalación acolle os adestramentos e os partidos de boa parte dos equipos base da entidade. Con anterioridade a este pavillón o club disputaba os seus partidos nunha pista descuberta situada xunto ao campo de fútbol do Pujolet.

Véxase tamén

Ligazóns externas