Conversa usuario:André: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xelo2004 (conversa | contribucións)
Liña 26: Liña 26:
==Crebaosos==
==Crebaosos==
Grazas por resolverme a dúbida. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] 18:50, 24 agosto 2007 (UTC)
Grazas por resolverme a dúbida. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] 18:50, 24 agosto 2007 (UTC)
==Karaoke==
Grazas, compañeiro polo aviso, fixen unhas modificacións e penso que con isto está arranxado polo de momento [[User talk:Kim Karaoke]]. Podes agregar algo máis se o desexas. Saúdos. --[[User:Xelo2004|Xelo2004]] [[Image:Sig-panda.gif|25 px]] <sup>[[User talk:Xelo2004|(Se non estás dacordo, dimo)]]</sup> 01:02, 26 agosto 2007 (UTC)

Revisión como estaba o 26 de agosto de 2007 ás 01:02

Dámosche a benvida á Galipedia, André!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. AlberteSi, digame? 20:55, 11 agosto 2007 (UTC)

Vandalismo

A página "Estremadura" é objeto de vandalismo. A opção "galego da Estremadura" é falsa. O tal "André" não existe como usuário. Pus a referência que pedia e ainda não está contente. Não digam aos estremenhos que falam galego se não aceitam que o galego é português e que o português é galego. Obrigado. --Ibérico 16:15, 12 agosto 2007 (UTC)

  • Perdoa André, non me decatara do cambio que fixeras e desfixen un pouco bruscamente. Ademais se perdera un parágrafo (sobre que era Ben de Interese Cultural) e decidín revertir. Xa coloquei de novo a túa aportación. Na páxina de discusión aclaro que no artigo da Fala hai máis información "engadible" coa opinión de máis lingüístas. Un saúdo e parabéns polo traballo. AlberteSi, digame? 16:32, 12 agosto 2007 (UTC)

Desculpa lá. Queria dizer que a tua página de usuário não existe, só isso. Saudações. --Ibérico 17:24, 12 agosto 2007 (UTC)

Afroamericanos

En liñas xerais tes razón, aínda que non creo que as dúas posturas se diferencien moito da mesma cuestión que hai cos termos americano/estadounidense. O resto dos paises de América consideran case unha ofensa que os estadounidenses empreguen o termo "americanos" como xentilicio do seu país. Así que, aínda que "afroestadounidense" apareza moitas veces en textos mal traducidos, non creo que sexa por casualidade (a maior parte deles están relacionados ou son producidos en paises latinoamericanos). Tamén hai que ter en conta que crear a palabra "afroestadounidense" nalgúns idiomas (como o inglés ou o francés, os dous casos que citas) daría pé a un termo longo, farragoso e pouco utilizábel. De todos xeitos, até que o termo estea máis estabelecido eu proporía o seguinte:

  • Mudar o contido da entrada "Afroamericano" explicando os dous sentidos do termo (isto vouno facer xa, de feito).
  • Crear a entrada "Afroestadounidense" e redireccionala a "Afroamericano" (a mesma política da wikipedia en español).
  • Na categoría "Afroamericanos" crear subcategorías e mover o contido orixinal a unha delas: "Afroamericanos (Estados Unidos)". As outras categorías poden ser do tipo: Afrocubanos, Afrobrasileiros, etc..., e xa se poden empregar para algunhas entradas preexistentes.

Zumbi, 12 agosto 2007 (UTC)

Outro saúdo de benvida

Benvido á Galipedia André. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:35, 13 agosto 2007 (UTC)

Re: Eleccións municipais en Abadín

Pois tes razón, non queda moi alá, mais non temos ningún artigo das eleccións dun pobo nun ano concreto. Así que de momento eu deixaríao alí ata que algún outro administrador, ou reunidos en consello de "sabios", atope unha boa solución. Saúdos. AlberteSi, digame? 20:59, 16 agosto 2007 (UTC)

Crebaosos

Grazas por resolverme a dúbida. --Xabier Cid 18:50, 24 agosto 2007 (UTC)

Karaoke

Grazas, compañeiro polo aviso, fixen unhas modificacións e penso que con isto está arranxado polo de momento User talk:Kim Karaoke. Podes agregar algo máis se o desexas. Saúdos. --Xelo2004 Ficheiro:Sig-panda.gif (Se non estás dacordo, dimo) 01:02, 26 agosto 2007 (UTC)