Valle de Cuelgamuros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 1: Liña 1:
{{coord|40|38|29|N|04|09|26|W|display=title}}
{{coord|40|38|29|N|04|09|26|W|display=title}}
[[Ficheiro:SPA-2014-San Lorenzo de El Escorial-Valley of the Fallen (Valle de los Caídos).jpg|thumb|300px|Vista do monumento dende a chaira central]]
[[Ficheiro:SPA-2014-San Lorenzo de El Escorial-Valley of the Fallen (Valle de los Caídos).jpg|miniatura|300px|Vista do monumento dende a chaira central]]
O '''Valle de los Caídos''' (''Val dos Caídos'' en [[Lingua galega|galego]]) é un monumento funerario situado na [[Serra de Guadarrama]] no municipio de [[San Lorenzo de El Escorial]], na [[Comunidade de Madrid]]. Foi construído por prisioneiros republicanos da [[Guerra Civil Española]] entre os anos [[1940]] e [[1958]]. Nel están enterrados uns 40.000 combatentes dos dous bandos da Guerra Civil,(a partir da década dos 50, xa que anteriormente só eran enterrados os afíns ao réximen franquista) moitos deles trasladados dende outros puntos de España, onde tiveron lugar as batallas máis importantes da guerra. Tamén se atopan os restos mortais do falanxista [[José Antonio Primo de Rivera]] e do ditador [[Francisco Franco]].

Revisión como estaba o 26 de setembro de 2017 ás 09:22

Coordenadas: 40°38′29″N 04°09′26″O / 40.64139, -4.15722

Vista do monumento dende a chaira central

O Valle de los Caídos (Val dos Caídos en galego) é un monumento funerario situado na Serra de Guadarrama no municipio de San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid. Foi construído por prisioneiros republicanos da Guerra Civil Española entre os anos 1940 e 1958. Nel están enterrados uns 40.000 combatentes dos dous bandos da Guerra Civil,(a partir da década dos 50, xa que anteriormente só eran enterrados os afíns ao réximen franquista) moitos deles trasladados dende outros puntos de España, onde tiveron lugar as batallas máis importantes da guerra. Tamén se atopan os restos mortais do falanxista José Antonio Primo de Rivera e do ditador Francisco Franco.

O complexo consta dunha abadía beneditina, unha basílica de 262 metros de lonxitude excavada na roca, varias construcións monolíticas e por enriba de todo unha cruz cristiá de máis de 150 metros de altura.

Historia

Aínda que o monumento foi concibido teoricamente para honrar os mortos tanto franquistas como republicanos, en realidade ten unha clara apoloxía franquista. O monumento ten a inscrición Caídos por Dios y por España (Caídos por Deus e por España) e abondosa simboloxía do réxime. A súa construción foi anunciada por Francisco Franco o día 1 de abril de 1939, o mesmo no que acabou a Guerra.

A orixe dos enterrados no Valle de los Caídos é incerto. Aínda que existen arquivos con aproximadamente a metade dos defuntos, descoñécese a identidade dos outros. Foron recollidos de moitos campos de batalla como os de Brunete, Grado, Gandesa, Teruel e a Batalla do Ebro, entre moitos outros.

Para a súa construción utilizáronse presos políticos, aos que prometeron unha redención de pena a cambio de traballo e un pequeno salario. Non obstante, moitos deles morreron na súa construción debido á falta de medios técnicos e á pouca seguridade.

Durante anos foi lugar de reunión cada 20 de novembro de varios grupos de falanxistas e nostálxicos da ditadura.

O 12 de maio de 2017 o pleno do Congreso dos Deputados aprobou a proposta de exhumar os restos de Franco e trasladar os de José Antonio Primo de Rivera a un lugar menos destacado como desenvolvemento da Lei de memoria histórica.[1]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas